Activity

Xardín IES A Sangriña, A Guarda

Download

Trail photos

Photo ofXardín IES A Sangriña, A Guarda Photo ofXardín IES A Sangriña, A Guarda Photo ofXardín IES A Sangriña, A Guarda

Author

Trail stats

Distance
0.62 mi
Elevation gain
56 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
56 ft
Max elevation
167 ft
TrailRank 
31
Min elevation
92 ft
Trail type
Loop
Coordinates
72
Uploaded
February 1, 2016
Be the first to clap
18 comments
Share

near Salcidos, Galicia (España)

Viewed 945 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofXardín IES A Sangriña, A Guarda Photo ofXardín IES A Sangriña, A Guarda Photo ofXardín IES A Sangriña, A Guarda

Waypoints

PictographTree Altitude 157 ft
Photo ofAdelfa

Adelfa

A adelfa, tamén chamada laurel rosa, pertence ao sotobosque da rexión bioxeográfica mediterránea, xeralmente cerca de cursos de auga (de ahí o seu nome científico, Nerium, do griego neros, húmido). Necesita moita luz, e resiste tanto a calor, como a cal, o sal e o vento. Ademais, tolera xeadas, pero non moi fortes. É un arbusto de crecemento rápido, que pode chegar a medir 6 metros de altura. A súa folla é perennifolia, lanceolada e moi coráceas, e poden medir entre 6 e 12 cm. Florece en primavera, e as súas flores son habitualmente rosas, aínda que tamén poden ser blancas, vermellas ou amarelas, e chegan a medir ata 4 cm. Tamén da un fruto de cor pardovermella. É unha planta moi tóxica (todas as súas partes), polo que produce a morte aquel a que a inxiere. É coñecida a anécdota de que durante a Guerra de Independencia española, unha tropa napoleónica, tras ser enganados polos habitantes do lugar, intoxicáronse coa adelfa e morreron. Aínda así, hai persoas que a usaban como tratamento contra a sarna.

PictographTree Altitude 157 ft
Photo ofPalmeira

Palmeira

PictographTree Altitude 157 ft
Photo ofRafia

Rafia

PictographTree Altitude 141 ft
Photo ofAbeto Photo ofAbeto

Abeto

PictographTree Altitude 121 ft
Photo ofBosque de carballo

Bosque de carballo

PictographTree Altitude 121 ft
Photo ofBosque mixto (Eucalito e pino pinaster)

Bosque mixto (Eucalito e pino pinaster)

PictographTree Altitude 112 ft
Photo ofFiuncho (Sotobosque carballo)

Fiuncho (Sotobosque carballo)

PictographTree Altitude 112 ft
Photo ofDente de león (Sotobosque carballo)

Dente de león (Sotobosque carballo)

PictographTree Altitude 112 ft
Photo ofMenta silvestre (Sotobosque carballo)

Menta silvestre (Sotobosque carballo)

A menta silvestre é un herbáceo perenne que pertence ao sotobosque, neste caso de carballo. Ten un cheiro moi forte e característico, e as súas follas son lanceoladas e picudas. Pode chegar a medir 120 cm. Son humbrófilas, buscan un tempo moderado e se encontran no piso montano maiormente. En canto a humidade, buscan chans moi húmidos e con moitos nutrientes. É frecuente en toda a península, pero sobretodo na parte norte. Ten un uso sobretodo culinario, aínda que tamén para aceites ou ambientadores.

PictographTree Altitude 112 ft
Photo ofXesta (Sotobosque)

Xesta (Sotobosque)

PictographTree Altitude 112 ft
Photo ofCardo (Sotobosque)

Cardo (Sotobosque)

PictographTree Altitude 154 ft
Photo ofLlantén

Llantén

PictographTree Altitude 151 ft
Photo ofÁrbore misteriosa

Árbore misteriosa

PictographFauna Altitude 144 ft
Photo ofClase 2ºC Photo ofClase 2ºC

Clase 2ºC

PictographTree Altitude 144 ft
Photo ofFreixo Photo ofFreixo

Freixo

PictographTree Altitude 0 ft
Photo ofBidueiro

Bidueiro

PictographTree Altitude 118 ft
Photo ofSanguiño

Sanguiño

PictographTree Altitude 118 ft
Photo ofPradairos Photo ofPradairos

Pradairos

PictographTree Altitude 118 ft
Photo ofCarballos Photo ofCarballos Photo ofCarballos

Carballos

PictographTree Altitude 105 ft
Photo ofFaia

Faia

PictographTree Altitude 105 ft
Photo ofNoceira

Noceira

PictographTree Altitude 105 ft
Photo ofCastiñeiro

Castiñeiro

PictographTree Altitude 95 ft
Photo ofBuxo

Buxo

PictographTree Altitude 92 ft
Photo ofBimbeiro

Bimbeiro

PictographTree Altitude 0 ft
Photo ofAcivro Photo ofAcivro

Acivro

O acivro, pertencente ao sotobosque oceánico dado que tolera ben o frío, non precisa de luz (humbrófilo) e necesita unha grande cantidade de auga, é unha pequena árbore de crecemento lento que pode chegar a medir ata 10 metros. Prefire os solos ácidos e ben drenados, pero se desenvolve en case calquera solo. O seu tronco é recto, liso e de color gris verdoso; as súas follas, perennes, son verdes, coriáceas e moi ríxidas. Da un fruto dende finais de primavera moi característico: Pequenas boliñas vermellas, utilizadas moito para adornos navideños (o que fae que a árbore esté en perigo), mais este fruto é moi tóxico e non debe inxerirse. Ademais de para adornos navideños, utilízase para combatir a gripe(por exemplo)facendo unha infusión das súas follas. Tamén era utilizado polos celtas como un elemento máxico, que axudaba a protexer a casa de quen o tiña cerca.

PictographTree Altitude 0 ft
Photo ofPereiro

Pereiro

PictographTree Altitude 105 ft
Photo ofAmieiro Photo ofAmieiro

Amieiro

PictographTree Altitude 0 ft
Photo ofAraucaria

Araucaria

A araucaria é unha árbore da familia das coníferas que pode alcanzar ata os 40 metros de altura. Encóntranse especialmente en bosques e estepas, con unha afinidade cos sitios expostos. Precisa de moita luz, un tempo cálido, mais busca chans húmidos e un pouco ácidos, non soporta o calor excesivo, nin os solos calcarios nin os aires secos. Non é unha planta propia da península, se non que é vexetación secundaria: Abundan en América do sur e Oceanía. En España, sitúase sobretodo dentro do clima oceánico. Os exemplares xoves, como o que vemos na imaxe, teñen ramas ata case a súa base, mais cando crecen isto cambia e case non teñen ramas, só na parte superior (É de crecemento moi lento). A codia é rugosa e escamosa, mentres que a súa madeira é resinosa, fácil de traballar e ten moitas utilidades( como mobles, pasta de papel...) As follas son perennes,duras, moi espiñentas e de cor verde oscura

PictographTree Altitude 105 ft
Photo ofSobreira Photo ofSobreira

Sobreira

PictographTree Altitude 0 ft
Photo ofPinares Photo ofPinares

Pinares

PictographTree Altitude 0 ft
Photo ofAlgarroba

Algarroba

PictographTree Altitude 0 ft
Photo ofAcebuche Photo ofAcebuche

Acebuche

PictographTree Altitude 0 ft
Photo ofOliveira Photo ofOliveira

Oliveira

PictographTree Altitude 0 ft
Photo ofEspiño albal

Espiño albal

PictographTree Altitude 0 ft
Photo ofLoureiro Photo ofLoureiro

Loureiro

O loureiro é unha árbore orixinaria do Mediterráneo oriental, varía entre 5 e 10 metros de alto, mais pode chegar até 20 m de altura. As súas follas son vistosas, coriáceas e cun recendo moi característico. Por iso son moi usadas en condimentos na culinaria. Seu froito é do tipo baga e cando está maduro ten cor negra. Ademais, a madeira é de excelente calidade. Hai aínda algunhas propiedades medicinais para reumatismo, estómago etc. En Galicia ademais do seu cultivo forma parte da vexetación espontánea, xeralmente en lugares húmidos, noiros, socalcos e pretos dos regos, lugares moito más húmidos dos que acostuma na zona do Mediterráneo.

PictographTree Altitude 115 ft
Photo ofLavanda (Sotobosque)

Lavanda (Sotobosque)

A lavanda pertence á área Mediterránea normalmente, forma parte da matogueira de garriga, é dicir, a degradación dos bosques que ten como resultado arbustos de pouca altura e que deixan espazos sen cubrir, e que soporta certa aridez. As lavandas son matos, algunhas escasamente leñosas, vilosas en moitos dos seus órganos e con glándulas esenciais. As súas follas son opostas, simples, enteiras, dentadas ou pinnatífidas, e as flores son miúdas, cun cáliz tubular, acostelado con 5 dentes curtos e un apéndice romboidal na parte superior. Hoxe en día emprégase para ambientar calquer sitio ou como remedio medicinal.

PictographTree Altitude 0 ft
Photo ofGranado

Granado

O granado pertence á área Mediterránea, trátase dunha pequena árbore caducifolia, as veces con porte arbustivo, de 3 a 6 m de altura, col tronco retorcido. Madera dura e corteza escamosa de cor grisácea. As ramas xóvenes son máis ou menos cuadrangulares, posteriormente tórnanse redondas con corteza de cor café grisácea, a maioría das ramas, pero especialmente as pequenas ramitas axilares, son en forma de espiña ou terminan nunha espina aguda; a copa é extendida. As follas son de cor verde brillante, lustrosas polo haz e col borde enteiro. O granado esixe moita auga e soamente nestas condicións é cando dá moitos froitos de boa calidade. Ao mesmo tempo soporta moi ben a sequía. Fóra das rexións subtropicais, adáptase ben en rexións onde a temperatura non alcance os -15ºC. Non resiste as temperaturas baixas e só certas variedades Chinas e do Turquestán, máis rústicas, soportan mellor o frío chegando a soportar temperaturas de -18 e -20 ºC. É sensible ás xeadas tardías.

PictographTree Altitude 121 ft
Photo ofLimoeiro

Limoeiro

É unha árbore de pequenas dimensións, perenne e frutal. É un dos cítricos traídos polos árabes á Península no tempo de Al-Andalus, xunto coas laranxeiras. Non soporta ben o frío, pero da fruto en terras pedregosas, pobres e pouco profundas, mais non tolera a salinidade (obviamente preferirá outros solos). Ademáis da súa fruta, da unhas pequenas flores blancas chamadas azahar, que tamén podemos ver na laranxeira, e sirven como ambientador. En canto ao seu fruto, o limón, ten usos tanto culinarios (elaborar postres, bebidas...) dado o seu alto porcentaxe en vitamina C, así como usos estéticos (blanquear as mans, suavizar e limpiar o pelo...).

PictographTree Altitude 121 ft
Photo ofAmendoeira

Amendoeira

A amendoeira é unha árbore caducifolia da familia das rosáceas. O seu froito é a améndoa. Os árabes espalláronna por todo o Mediterráneo posto que é típica de climas cálidos, tolera mal o frío. A amendoeira é unha árbore de entre 6 e 12 metros de altura, de talo liso verde e castaño de novo, pasa a grisallo e lañado de adulto. As follas son simples, lanceoladas, estreitas e remate en punta, de cor verde luminosa e beiras dentadas. A flor, pentámera, preséntase solitaria ou en grupos de 2 a 4, é de cor branca ou rosada. Os froitos en forma de drupa oblonga, a améndoa. A árbore pode vivir de 50 a 80 anos. A súa madeira é de boa calidade, emprégase en ebastinaría.

PictographTree Altitude 128 ft
Photo ofChopo

Chopo

O chopo é unha árbore caducifolia que adoita estar en bosques de ribera, en contacto con zonas húmidas en vales de solos ricos. Pode chegar aos 35 metros, pero non soe pasar dos 25 m, forma ancha e columnar, de groso tronco e sistema radical forte, con numerosas raíces secundarias longas que emiten multitude de renovos. Corteza lisa, blanquecina, gris, fisurada, máis escura na base, cas cicatrices negruzcas de antiguas ramas. A madeira utilízase en carpintería lixeira, pasta de celulosa, paneis, embalaxes, contrachapeado, cerillas pola súa lenta combustión, pavimentos, etc.

PictographWaypoint Altitude 0 ft

Fin da ruta

Comments  (18)

  • Photo of Rebolo2.0
    Rebolo2.0 Feb 9, 2016

    O loureiro é unha árbore orixinaria do Mediterráneo oriental, varía entre 5 e 10 metros de alto, mais pode chegar até 20 m de altura. As súas follas son vistosas, coriáceas e cun recendo moi característico. Por iso son moi usadas en condimentos na culinaria. Seu froito é do tipo baga e cando está maduro ten cor negra. Ademais, a madeira é de excelente calidade. Hai aínda algunhas propiedades medicinais para reumatismo, estómago etc. En Galicia ademais do seu cultivo forma parte da vexetación espontánea, xeralmente en lugares húmidos, noiros, socalcos e pretos dos regos, lugares moito más húmidos dos que acostuma na zona do Mediterráneo. /outdoor-trails/xardin-ies-a-sangrina-a-guarda-12146897#wp-12146932

  • Photo of Rebolo2.0
    Rebolo2.0 Feb 9, 2016

    A lavanda pertence á área Mediterránea normalmente, forma parte da matogueira de garriga, é dicir, a degradación dos bosques que ten como resultado arbustos de pouca altura e que deixan espazos sen cubrir, e que soporta certa aridez. As lavandas son matos, algunhas escasamente leñosas, vilosas en moitos dos seus órganos e con glándulas esenciais. As súas follas son opostas, simples, enteiras, dentadas ou pinnatífidas, e as flores son miúdas, cun cáliz tubular, acostelado con 5 dentes curtos e un apéndice romboidal na parte superior. Hoxe en día emprégase para ambientar calquer sitio ou como remedio medicinal. /outdoor-trails/xardin-ies-a-sangrina-a-guarda-12146897#wp-12146933

  • Photo of Rebolo2.0
    Rebolo2.0 Feb 9, 2016

    O granado pertence á área Mediterránea, trátase dunha pequena árbore caducifolia, as veces con porte arbustivo, de 3 a 6 m de altura, col tronco retorcido. Madera dura e corteza escamosa de cor grisácea. As ramas xóvenes son máis ou menos cuadrangulares, posteriormente tórnanse redondas con corteza de cor café grisácea, a maioría das ramas, pero especialmente as pequenas ramitas axilares, son en forma de espiña ou terminan nunha espina aguda; a copa é extendida. As follas son de cor verde brillante, lustrosas polo haz e col borde enteiro.
    O granado esixe moita auga e soamente nestas condicións é cando dá moitos froitos de boa calidade. Ao mesmo tempo soporta moi ben a sequía.
    Fóra das rexións subtropicais, adáptase ben en rexións onde a temperatura non alcance os -15ºC. Non resiste as temperaturas baixas e só certas variedades Chinas e do Turquestán, máis rústicas, soportan mellor o frío chegando a soportar temperaturas de -18 e -20 ºC. É sensible ás xeadas tardías. /outdoor-trails/xardin-ies-a-sangrina-a-guarda-12146897#wp-12146934

  • Photo of Rebolo2.0
    Rebolo2.0 Feb 9, 2016

    A amendoeira é unha árbore caducifolia da familia das rosáceas. O seu froito é a améndoa. Os árabes espalláronna por todo o Mediterráneo posto que é típica de climas cálidos, tolera mal o frío.
    A amendoeira é unha árbore de entre 6 e 12 metros de altura, de talo liso verde e castaño de novo, pasa a grisallo e lañado de adulto. As follas son simples, lanceoladas, estreitas e remate en punta, de cor verde luminosa e beiras dentadas. A flor, pentámera, preséntase solitaria ou en grupos de 2 a 4, é de cor branca ou rosada. Os froitos en forma de drupa oblonga, a améndoa. A árbore pode vivir de 50 a 80 anos. A súa madeira é de boa calidade, emprégase en ebastinaría. /outdoor-trails/xardin-ies-a-sangrina-a-guarda-12146897#wp-12146936

  • Photo of Rebolo2.0
    Rebolo2.0 Feb 9, 2016

    O chopo é unha árbore caducifolia que adoita estar en bosques de ribera, en contacto con zonas húmidas en vales de solos ricos. Pode chegar aos 35 metros, pero non soe pasar dos 25 m, forma ancha e columnar, de groso tronco e sistema radical forte, con numerosas raíces secundarias longas que emiten multitude de renovos. Corteza lisa, blanquecina, gris, fisurada, máis escura na base, cas cicatrices negruzcas de antiguas ramas.
    A madeira utilízase en carpintería lixeira, pasta de celulosa, paneis, embalaxes, contrachapeado, cerillas pola súa lenta combustión, pavimentos, etc. /outdoor-trails/xardin-ies-a-sangrina-a-guarda-12146897#wp-12146937

  • Photo of Rebolo2.0
    Rebolo2.0 Feb 10, 2016

    É comentable que os antigos exipcios usábano para crear un ungüento (mezclado con ceras, extracto de oliva e outros ingredientes) do que extraían un gran rexenerador de pel e desinfectante de picaduras.
    Esta receta se está a recuperar na actualidade por compañías de productos cosméticos naturais coma Yves Rocher ou Alepp. https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/xardin-ies-a-sangrina-a-guarda-12146897#wp-12146909/photo-7447217

  • Photo of Rebolo2.0
    Rebolo2.0 Feb 14, 2016

    O Abies alba ou Abeto común é unha árbore da familia das pináceas, recoñecible polo tono blanco da súa cortiza (de ahí a palabra "alba", do latín "branco") , pertencente á Rexión Boreoalpina, xa que se da mellor en alturas entre os 700 e os 1800 metros, nas zonas umbrías (especie umbrófila) das ladeiras das montañas. Prefire os solos frescos e profundos, tanto ricos en cal como faltos dela, e os climas húmidos, con precipitacións máis ou menos regulares, xa que non soporta as sequías demasiado acusadas, nin as heladas tardías. Pode estar n bosques mixtos coa faia e o pino albar e o pino negro, no seu límite superior. Na península non son demasiado comunes, exceptuando na Cornixa Cantábrica e nos Pirineos.
    Ten unha madeira dura e de boa calidade, e tamén das súa resina extráense elementos coma os taninos, os glucósidos ou o limonelo, que conta con especial interés porque está sendo investigado o seu uso en tratamentos contra tumores canceríxenos.


    https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/xardin-ies-a-sangrina-a-guarda-12146897#wp-12146901/photo-7447267

  • Photo of Rebolo2.0
    Rebolo2.0 Feb 14, 2016

    O buxo común é de hábito arbustivo ou arbóreo; alcanza excepcionalmente os 12 m de altura, cun talo moi ramificado cuberto dunha cortiza lisa nos exemplares novos e sucada nos adultos, de cor pardogrisáceo. A follas son lanceoladas ou elípticas, opostas, de cor verde escura polo feixe e máis claro no envés, de ata 30 mm, co bordo algo curvado cara abaixo.

    Crece de forma silvestre en terreos secos e rochosos en Europa e Asia menor.Prefire a media sombra, aínda que tolera o sol se conta con humidade suficiente. Prefire chans ben drenados, ricos, nunca encharcados, lixeiramente calizos se non son neutros. Require dun inverno fresco, resiste ben as xeadas, o vento e a seca.

    De crecemento moi lento, pode chegar a vivir 600 anos. Dáse preferentemente sobre terreos calcáreos da zona norte e oriental da Península Ibérica. Soporta ben as podas e non perde a follaxe no inverno. Pode brotar de cepa despois do lume.

    Desde a época clásica, foi usado en Grecia e Roma para demarcar xardíns formando sebes. Aínda despois da caída do Imperio romano debe perdurar o seu uso, posto que Alberto Magno documenta no século XIII que na actual Alemaña conservábanse exemplares a ese efecto, aínda que se ignora cuán cumpridamente. Con Claude Mollet gozou de gran aceptación nos elaborados xardíns renacentistas.

    A dureza e fino gran da súa madeira fixo que se utilizase como ferro para gravados e imprentas, así como para instrumentos de vento-madeira. https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/xardin-ies-a-sangrina-a-guarda-12146897#wp-12146920/photo-7447157

  • Photo of Rebolo2.0
    Rebolo2.0 Feb 14, 2016

    O castiñeiro é unha árbore de gran lonxevidade, porte majestuoso, fuste dereito, con copa recollida e frondosa, cando vai encamiñado á produción de madeira, e de tronco curto e copa ampla e frondosa cando se aproveita como froiteira.

    A cortiza é pardo-avermellada e lisa nos exemplares novos, volvéndose nos vellos pardo-grisácea, grosa e profundamente asurcada.

    As follas, alternas e caducas, aínda que permanecen na árbore un certo tempo despois de secas, son de forma elíptico-lanceolada e regularmente aserradas nos seus bordos.


    Ao abrirse os ourizos deixan ao descuberto de 1 a 5 froitos plano-convexos, que son as castañas.

    A época de floración é de maio a xullo, sendo característica a coloración amarelada que toman as árbores nesta época debido ás flores masculinas.

    Aínda que é unha árbore que vive desde o nivel do mar ata que entra en contacto coas coníferas de alta montaña, o seu óptimo atópase entre os 500 e 1.200 metros de altitude. Ten preferencia polas situacións abrigadas e frescas, dentro de climas tépedos e con bastante humidade. Require precipitacións da orde dos 1.000 mm. anuais, sendo esencial o que non falten durante as épocas de máxima actividade vexetativa.

    É esixente en humidade, máis de chan que de ambiente, polo que xustifica a súa preferencia polas situacións abrigadas onde é menor a evaporación da auga que precisa. Con todo, un exceso de auga estancada determina a morte da planta.

    A pesar de ser resistente ao frío, dánanlle as xeadas tardías de principio de primavera. É esixente en temperaturas elevadas para o desenvolvemento e maduración dos froitos.

    Os chans graníticos ou volcánicos, soltos, profundos, ben drenados e ricos en potasio asimilable, son os que máis lle conveñen.

    Aínda que admite o cal en doses limitadas, como o proba o feito de que se atope en zonas de descomposición de rocas calcáreas, con todo, prefire chans silíceos e pouco arcillosos, con pH entre 5 e 6. https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/xardin-ies-a-sangrina-a-guarda-12146897#wp-12146919/photo-7447162

  • Photo of Rebolo2.0
    Rebolo2.0 Feb 14, 2016

    Natural dos bosques europeos, sobre todo predominante no suroeste do continente, a nogueira é unha árbore que se identifica facilmente co clima e a cultura mediterránea. En España localízase nas zonas baixas do norte e nas montañas do sur da Península. A súa madeira é moi apreciada pola súa beleza e calidade, e o seu froito, a noz, que madura entre agosto e outubro, é un dos alimentos máis apreciados na cociña.

    Esta enorme árbore, de gran lonxevidade e que pode superar ata os 30 metros de altura, ten unha ampla copa e densa follaxe, polo que permite ofrecer sombras grandes e compactas. Por iso, son especies ideais para instalar nos xardíns, ofrecen beleza á casa e proporcionan unha silueta elegante que protexe do sol. Polo xeral, as nogueiras crecen máis ou menos dispersos, sobre todo preto dos ríos, e de cando en cando forman bosques.

    As súas follas son caducas e de cor verde en ambas as caras. A flor nace entre abril e maio, e o froito comeza o seu eclosión en agosto. Este nace coa pel verde, e dentro atopamos a noz, formada por dúas valvas leñosas.

    O seu hábitat natural atópase nunha altitude de ata 1.500 metros, con chans preferiblemente soltos e ricos en nutrientes. Require climas húmidos, pero que non encharquen o chan, que case sempre será bastante profundo. Aguanta ata 20º C, e resiste climas extremos e as xeadas.

    Multiplicación, cultivo e rega
    As nogueiras propáganse por enxertos e por sementes. Para que se multiplique por sementes, non hai máis que elixir as mellores noces e eliminar o que recubre a noz. Déixanse en area, se maceran e ábrese a casca. Pódense dispoñer de dous a tres sementes por foxo durante dous anos ata a aparición do pé.

    Os labores para sementar nogueiras deberán facerse varios meses antes de cultivar e sobre a superficie seca. Os chans profundos necesitan ser desfondados un 600 m. para cultivar nogueiras. Se o chan é superficial, podemos roturarlo na parte máis profunda sen voltear o chan. Os chans arcillosos terán que ser ben drenados.

    Non debemos esquecer eliminar cada certo tempo as malas herbas. Durante o crecemento, necesitará podas periódicas que sirvan para darlle forma -en copa-, aumentar o seu vigor, así como a produción do froito. A mellor época para podar é tras colleitar as noces.

    Para que as nogueiras crezan fortes e produzan ricas noces, a rega é fundamental. Debemos ter constancia sempre da humidade do chan e evitar que estea moito tempo seco. Durante as seis semanas tras a floración non podemos deixar de regar a árbore, xa que desta auga depende o tamaño que posteriormente terá a noz.

    Recolección
    A recolección das noces prodúcese de setembro a outubro. Normalmente cae ao chan, ou ben se varea, s https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/xardin-ies-a-sangrina-a-guarda-12146897#wp-12146918/photo-7447167

  • Photo of Rebolo2.0
    Rebolo2.0 Feb 14, 2016

    A faia (Fagus sylvatica) é unha árbore caducifolia da familia das fagáceas de porte robusto e gran talla, que alcanza os 35 ou 40 m, cun tronco recto que o fai moi valioso, e unha copa ovalada no seu terzo superior. Se a árbore crece illada (non en espesura) cambia radicalmente, ábrese moi pronto, sendo algo irregular, ramificándose desde abaixo e variando moito a copa.

    Conserva a cortiza practicamente lisa durante toda a súa vida, dun gris cincento ou esbrancuxado. As follas son simples, alternas nos talos novos, nos adultos saen en fascículos sobre pequenos braquiblastos, e caedizas. Son de pecíolo curto, e o limbo é de forma ovalada, co bordo ondulado, en principio algo festonado e prolongándose nunha lanuxe sedosa moi característica. Teñen os nervios laterais ben marcados e paralelos (penninervia), son dunha cor verde moi viva polo feixe volvéndose máis escuras na madurez, e dispóñense sempre en posición moi horizontal, captando a maior cantidade de luz posible. Iso fai que os seus bosques teñan un aspecto un tanto sombrío, case propio de conto de fadas, non permitindo crecer no chan a apenas ningunha outra planta. Frecuentemente, con todo, crece en bosques mixtos co abeto e outras especies do bosque caducifolio. Ó bosque de faias chámaselle faial.
    A faia necesita chans frescos e fértiles, con preferencia dos que teñen bastante cal; con todo logra vivir en chans silíceos. Como ten unha elevada taxa de transpiración, necesita abundantes precipitacións. É unha especie de sombra e por iso prefire situarse nas ladeiras escuras das montañas.
    É infrecuente fóra da Cordilleira Cantábrica ou os Pireneos. En Galicia atopan o seu límite occidental de distribución nas serras orientais luguesas. Por iso e por estar en contacto con carballeiras e bosques de cerquiños non teñen as típicas características dos faiais. Hai faias nas ladeiras do Moncayo, no parque natural dos Portos de Tortosa-Beceite (Tarragona), sendo o faial máis meridional de España, e nalgúns bosques do Sistema Central, en Tejera Negra (Guadalaxara), a Pedrosa (Segovia) ou en Montejo de la Sierra (Madrid). En Ciñera de Gordón (León) atópase un dos faiais mellor conservados. Tamén é frecuente nas montañas do País Vasco e o Val do Rudrón (Burgos). O límite occidental da súa distribución está nas montañas orientais da comunidade galega e o límite occidental costeiro atópase no concello de Valdés (Asturias). Nesta última comunidade destaca o maior faial da comunidade, o de Mosteiro de Hermo en Cangas del Narcea a moi poucos quilómetros da maior carballeira de Europa, a de Muniellos. https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/xardin-ies-a-sangrina-a-guarda-12146897#wp-12146917/photo-7447173

  • Photo of Rebolo2.0
    Rebolo2.0 Feb 15, 2016

    O bidueiro é unha árbore que se da maioritariamente no hemisferio norte, elixindo para crecer solos pobres e silíceos de media ou alta humidade. Esta especie é caducifolia e ten unha cor branquecina da reseca corteza. Ao mesmo tempo, crece en lugares con alta luminosidade como claros ou á altitude media, converténdoa en heliófila; por outro lado, pode tamén crecer en fragas ou bosques de ribeira, principalmente nos de carácter oceánico, como, por exemplo, bastantes bosques galegos. Mide entre 10 a 30 metros, e non tarda moito en crecer ata esas alturas xa que a súa lonxevidade é corta. https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/xardin-ies-a-sangrina-a-guarda-12146897#wp-12146913/photo-7447195

  • Photo of Rebolo2.0
    Rebolo2.0 Feb 15, 2016

    O pradairo, ou Acer pseudoplatanus, pódese dar no centro e o sur máis próximo a un clima fresco; no referente á Península, pódese encontrar desde Galicia aos Pireneos, xa que prefire terreo medianamente fértil. É caducifolio e de considerable altitude, chegando ata os 30 metros, aproximadamente. Ten unha corteza lisa e unha ampla copa que se aproveita como sombra en verán e. ao mesmo tempo, non afecta á luminosidade das viviendas no inverno, polo que o seu cultivo aumentou nos parques ou directamente no centro da urbe. Sen embargo, é unha árbore solitaria que prefire vales, ribeiras, ou chans húmidos e fértiles, encontrándoa sempre sen agruparse en estruturas boscosas. https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/xardin-ies-a-sangrina-a-guarda-12146897#wp-12146915/photo-7447187

  • Photo of Rebolo2.0
    Rebolo2.0 Feb 22, 2016

    O freixo é unha árbore provinte de Europa e Asia Menor, cunha altura habitual de entre 8 e 12 m, pero que pode chegar ate os 40m. É de folla caduca, amarela no outono, e de forma redondeada, resistindo ben o frío, mais non os climas secos e calorosos. Prefire zonas frescas, de mediana a elevada humidade, en solos profundos, ricos en bases, con pH dende lixeiramente ácio ate básico.
    As súas utilidades son variadas,empregándose as súas follas para facer infusións, a súa madeira na ebanistería e carpintería, como combustibl, ou como alimento para o gando. https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/xardin-ies-a-sangrina-a-guarda-12146897#wp-12146912/photo-7447199

  • Photo of Rebolo2.0
    Rebolo2.0 Feb 22, 2016

    As palmeiras (nome científico arecaceae) son plantas leñosas que, a pesar de ser monocotiledóneas, moitas delas son arborescentes, con grandes follas en coroa ó final do talo, xeralmente pinnadas ou palmadas. Están ampliamente distribuídas en rexións tropicais e subtropicais, principalmente lugares con alta humidade, con máis de 2400 mm de precipitación media anual, máis de 160 días con choiva e máis de 21ºC. Pola súa abundancia, moitas veces son ecolóxicamente importantes onde están presentes. Teñen representantes tamén nas zonas temperadas, sobreviven en ambientes desérticos, dende bosques tropicais ate manglares,e dende o nivel domar ate altitudes moi elevadas. https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/xardin-ies-a-sangrina-a-guarda-12146897#wp-12146899/photo-7447213

  • Photo of Rebolo2.0
    Rebolo2.0 Feb 22, 2016

    A rafia é un xénero de plantas faneróxenas pertencente á familia das palmeiras. Está constituído porunhas 20 especies todas elas procedentes de África. Son palmas agrupadas,con talos cubertos polas bases traspaladas das follas, raíces formando densos neumatóforos sobre o nivel das augas. As follas son pinnadas, erectas, recurvadas apicalmente e con 100 ou máis pinnas, irregularmente dispersas.
    O seu principal uso é a confección de roupa, máis tamén se pode empregar na construción ou aproveita-la súa savia para crear unha bebida alcohólica de alta graduación chamada Ogogoro. https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/xardin-ies-a-sangrina-a-guarda-12146897#wp-12146900/photo-7446873

  • Photo of Rebolo2.0
    Rebolo2.0 Feb 22, 2016

    Cardo é o nome común dun grupo de plantas herbáceas silvestres con follas e inflorescencias espiñentas da cal existen varias especies. A maioría pertencen á familia Asteraceae (asteráceas). Os espiños aparecen por toda a planta – nos talos e nas partes planas das follas; son unha adaptación que protexe as plantas de ser comidas polos animais herbívoros. Tipicamente, as cabezas florais están formadas por una especie de involucro en forma de cáliz que abraza os pétalos. O termo cardo emprégase ás veces para nomear as plantas da tribo Cynareae, especialmente os xénero Carduus, Cirsium, e Onopordum. Porén, algunhas plantas fóra desta tribo coñécense vulgarmente co nome galego cardo. O Dicionario das ciencias da natureza e da saúde di que se chama cardo a diferentes das familias das compostas, dipsacáceas, papaveráceas, solanáceas e umbelíferas, especialmente os xéneros Carduus sp. e Cirsium sp. O cardo asneiro é o emblema floral de Escocia.
    O cardo é a flor nacional de Escocia (especialmente o cardo asneiro) dende hai 700 anos. Segundo a lenda os viquingos que intentaban atacar Escocia á noite, decidiron descalzarse para non facer ruído. Porén acabaron picándose nos cardos e os seus berros de dor alertaron os escoceses. https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/xardin-ies-a-sangrina-a-guarda-12146897#wp-12146908/photo-7447210

  • Photo of Rebolo2.0
    Rebolo2.0 Feb 23, 2016

    O amieiro, tamén coñecido por aeneiro ou abeneiro, é unha árbore do xénero Alnus, da familia das betuláceas.
    Atópase en toda Europa, Siberia e norte de África. É a árbore por excelencia das ribeiras galegas.
    Árbore de ribeira que pode acadar uns 25 m de altura. A folla é caediza de 6 a 12 cm de longo con pecíolos curtos (5-10 cm), de cor verde escura, pola face anterior e un chisco máis clara polo revés, limbo arredondado e con extremidade truncada. Unha orixinalidade é que fican verdes até a súa caída no outono. Con 5 a 8 pares de nervios paralelos. Faces de pelos abrancazados ou arroibados nas axilas do revés. Cando agroman na primavera, resultan algo pilosas, ficando moi cedo sen pelos. As follas novas e os gomos son moi pegañentos cando son novos, con características glándulas resinosas. Xemas estreitas e ovoides, clara e grosamente pedunculadas en forma de maza co extremo arredondado, de cor parda avermellada ou violácea, con frecuencia punteadas moi finamente de branco por secrecións céreas, as terminais maiores cás laterais. Inserción espiraliforme no ramiño. Atópanse cubertas por 3 escamas, das que só dúas son visíbeis.
    Florea antes de aparecer as follas. Os amentos masculinos (chamados candeas), de 5 a 10 cm, son delgados, cilíndricos e pénsiles, de coloración avermellada. Os femininos son máis miúdos (2 cm) e de cor marrón escura a negro, duros e algo lígneos, gardando certa semellanza cos conos das coníferas. Cando as sementes miudiñas e aladas son ceibadas, os conos fican na árbore, a miúdo durante todo o inverno.
    A madeira do amieiro é resistente, doada de traballar e consérvase ben baixo a auga. A cor é bastante clara, mais ao cortala tórnase de cor arroibada e por iso en moitos países de Europa crían que esta árbore estaba embruxada. A madeira é moi resistente na auga e por iso empregábase para a construción de palafitas. Os alicerces dos edificios de Venecia están feitos de pau de amieiro. https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/xardin-ies-a-sangrina-a-guarda-12146897#wp-12146924/photo-7447115

You can or this trail