Activity

Medianeras Vigo 1.

Download

Trail photos

Photo ofMedianeras Vigo 1. Photo ofMedianeras Vigo 1. Photo ofMedianeras Vigo 1.

Author

Trail stats

Distance
3.52 mi
Elevation gain
138 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
302 ft
Max elevation
217 ft
TrailRank 
22
Min elevation
26 ft
Trail type
One Way
Coordinates
76
Uploaded
September 7, 2023
Be the first to clap
Share

near Teis, Galicia (España)

Viewed 21 times, downloaded 1 times

Trail photos

Photo ofMedianeras Vigo 1. Photo ofMedianeras Vigo 1. Photo ofMedianeras Vigo 1.

Itinerary description

Propoñémosche un recorrido polos muros e fachadas da cidade pintadas por artistas e que converten as medianeiras viguesas nunha galería de arte ao aire libre. Son case 160 obras deseminadas por toda a cidade.
Nesta primeira aproximación imos aproveitar os que se ven dende a senda verde e chegaremos ata Montero Ríos.
Zona Travesía. Empezas no número 109 da avenida de Galicia cunha obra de Míster Kern: un joven pelirrojo con gafas, que contempla con asombro a ría de Vigo. Segues a avenida ata a rúa Buenos Aires e colles a senda verde. Antes de coller a senda podes andar ata a entrada da autoestrada e observar o mural de Boamistura, unha combinación de letras en diferentes tonos. Dende a senda podes observar o mural das Illas Cíes nun edificio da rúa Trobos. Na rúa Coutadas saes da senda cando atopes o mural de Juan Díaz Faes no edificio situado no número 87. Se saes da senda pola dereita e baixas a rúa uns poucos metros ao chegar a piscina municipal tes que xirarche para poder ver o mural "Mulleres na música" onde Vanesa Álvarez, co apoio de Lorena Arévalo, rematou a sexta aportación do proxecto Expostas. E se saes da senda pola esquerda atopas a obra da artista Alba Fabre cunha gran imaxe que recrea a carta de tarot de 'O Colgado'. Segue pola mesma rúa ata o final e antes de dar a curva, xírate para atopar outro mural do programa Expostas. Esta vez é unha homenaxe a mulleres referentes: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Clara Campoamor; Maruja Mallo e Concepción Arenal. Agora podes subir as escaleiras da dereita e chegar á rúa Aragón co cruce con Subida Currás, 188 onde está o mural de Belin "Guerra e Paz". Volta outra vez á Travesía. Atopaches ao personaxe de Morris na serie Fariña? Asinado por Mon Devane está na esquina do número 160. Agora podes retomar a senda verde cara o centro ou seguir por Travesía a ver se atopades a "Nai e fillo" de Elisa Capdevila. Agora si, xa podes baixar cara a vía verde pola rúa Doutor Canoa e atoparte con Abi Castillo...Agora podes retomar a senda verde cara o centro.

Misión: atopa a Daniela Costas e BFlecha en Mulleres na música.

Zona Centro. Vai pola senda verde ata Vialia. A dereita, no instituto ROU fíxate na pegada de Perrine Horoné no chan da pista polideportiva. Neste segundo tramo ao chegar á altura da praza San Lourenzo xa tes unha vista doutros tres murais: xirándote tes "Mulleres no deporte" (outro mais dentro do programa Expostas), rúa arriba a obra de Virginia Bersabé "identidade da muller maior" e defrente a homenaxe de Nana ás mariscadoras. Tes a opción de saír da senda e baixar por Maestro Chané e velos mais de cerca e incluso descobrir o mural de Abi Castillo nas escaleiras que suben a Travesía. De volta na senda segues mirando cara arriba á esquerda para ver o mural cheo de cor da rúa Pino. Xa en Vialia achégate ás varandas do lado dereito e dende alí descobre o gran Gato Negro deseñado por SAM3 e un pouco máis adiante os murais de Twee Muizen. Seguindo ata a rúa Urzaiz xusto de frente atopas o mural de 3ttman en dúas medianeras á altura do número 62. A primeira podes vela dende o propio Vialia máis para ver o segundo terás que achegarte a rúa Urzaiz e baixar ata a rúa Brasil e xirarte. Segues baixando Urzaiz, xiras na rúa Cervantes e baixas ata García Barbón. Cruzas no semáforo e baixas pola rúa Roupeiro. Antes de baixar as escaleiras, a man esquerda xa tes un mural e un poema que completan a obra de Marcos Míguez Puhinger como homenaxe á poetisa María do Carme Kruckemberg. Na rúa Rosalía de Castro a man dereita, no colexio Niño Jesús de Praga, podes ver a obra da artista María Romero. Vai a rúa Areal por Canceleiro e xira á esquerda e despois do edificio Bonín (esquina Oporto) tes o mural monocromático de David de la Mano. Para rematar imos achegarnos ata Montero Ríos para ollar o mural de Isaac Mahov que amosa unha xove descansando sobre un mar en calma.

Misión: atopa o veleiro e o faro neste último mural.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 136 ft

Míster Kern

PictographWaypoint Altitude 243 ft

Boamistura

PictographWaypoint Altitude 167 ft

Rúa Trobos

PictographWaypoint Altitude 193 ft

Juan Díaz Faes

PictographWaypoint Altitude 179 ft

Mulleres na música

PictographWaypoint Altitude 211 ft

Alba Fabre

PictographWaypoint Altitude 208 ft

Mulleres Referentes

PictographWaypoint Altitude 148 ft

Mulleres no deporte

PictographWaypoint Altitude 207 ft

Virginia Bersabé

PictographWaypoint Altitude 166 ft

Nana

PictographWaypoint Altitude 212 ft

Murone

PictographWaypoint Altitude 114 ft

Sam3

PictographWaypoint Altitude 84 ft

Twee Muizen

PictographWaypoint Altitude 205 ft

3ttman

PictographWaypoint Altitude 94 ft

Marcos Míguez Puhinger

PictographWaypoint Altitude 68 ft

María Romero

PictographWaypoint Altitude 53 ft

David de la Mano

PictographWaypoint Altitude 41 ft

Isaac Mahov

Comments

    You can or this trail