Activity

Ponte da Parra Porrosa - A Pesqueira

Download

Trail photos

Photo ofPonte da Parra Porrosa - A Pesqueira Photo ofPonte da Parra Porrosa - A Pesqueira Photo ofPonte da Parra Porrosa - A Pesqueira

Author

Trail stats

Distance
1.26 mi
Elevation gain
26 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
69 ft
Max elevation
139 ft
TrailRank 
44
Min elevation
139 ft
Trail type
One Way
Moving time
29 minutes
Time
40 minutes
Coordinates
361
Uploaded
February 7, 2023
Recorded
February 2023
Share

near O Rosal, Galicia (España)

Viewed 77 times, downloaded 2 times

Trail photos

Photo ofPonte da Parra Porrosa - A Pesqueira Photo ofPonte da Parra Porrosa - A Pesqueira Photo ofPonte da Parra Porrosa - A Pesqueira

Itinerary description

Ponte da Parra Porrosa - A Pesqueira

Esta é unha ruta curta que percorre o río Carballas, moi aconsellada para realizar en familia. Dando un pequeno paseo podemos percorrer un tramo do río que conta con numerosas zonas de baño e pasa por pontes, muíños, e outras zonas de interese patrimonial.

Ficha técnica

Lonxitude: 2 km.
Percorrido: lineal
Dificultade: baixa
Duración aproximada: 45 minutos
Punto de partida: Ponte da Parra Porrosa
Punto de remate: A Pesqueira

Descrición da ruta

O inicio da ruta ten lugar na Ponte da Parra Porrosa , unha zona de lecer de gran beleza a carón de varios elementos de interese patrimonial e cultural. Desde aquí vaise percorrendo o río Carballas pasando por varios lugares frecuentados polas persoas do Rosal en épocas de calor, para disfrutar da sombra das árbores ou dun baño no río.

Ademais de ser unha ruta sinxela que conecta dous espacios de ocio próximos ao río Carballas, percórrense zonas de alto valor patrimonial como son os muíños hidráulicos, a ponte da Parra Porrosa ou as pesqueiras. Todo isto nun percorrido apto para facer en familia.

Ten en conta:

  • Esta é unha ruta apta para todos os públicos e moi axeitada para realizar en familia. O traxecto carece de desniveis e pasa por diversas áreas de descanso.
  • Lembra levar o teu lixo de volta contigo.

View more external

Waypoints

PictographPark Altitude 300 ft
Photo ofParque da Parra Porrosa

Parque da Parra Porrosa

Zona de lecer con columpios para os máis cativos a carón do río Carballas.

PictographBridge Altitude 87 ft
Photo ofPonte da Parra Porrosa e muíños Photo ofPonte da Parra Porrosa e muíños Photo ofPonte da Parra Porrosa e muíños

Ponte da Parra Porrosa e muíños

Esta ponte cruza o río Carballas e comunica unha marxe e outra do mesmo. Durante as épocas de grandes choivas, o río oculta a ponte que queda sumerxida baixo as augas.

A carón da Ponte da Parra Porrosa atópanse dous muíños, un deles muíño - aserradoiro. Trátase dun muíño de planta rectangular e cuberta a unha única auga.

PictographRiver Altitude 80 ft
Photo ofAugas cristalinas Photo ofAugas cristalinas Photo ofAugas cristalinas

Augas cristalinas

O río Carballas amosa ás persoas visitantes a súa beleza, a cor das súas augas, as árbores que o rodean,... Ao longo do seu percorrido pódese disfrutar dun baño nas súas augas ou simplemente do frescor que ofrecen ao remollar os pés.

PictographRiver Altitude 139 ft
Photo ofRío Carballas Photo ofRío Carballas Photo ofRío Carballas

Río Carballas

O río Carballas ofrece gran diversidade de flora, fauna e unhas paisaxes de gran beleza durante todo o percorrido da ruta.

PictographBridge Altitude 76 ft
Photo ofPonte sobre o río Photo ofPonte sobre o río

Ponte sobre o río

Zona que conecta a zona de viñedos coa outra marxe do río.

PictographRiver Altitude 69 ft
Photo ofAfluente Photo ofAfluente

Afluente

Na metade do percorrido cruzaremos un regato que desemboca no Carballas para continuar cara ás Pesqueiras.

PictographPark Altitude 75 ft
Photo ofZona de descanso Photo ofZona de descanso

Zona de descanso

A escasos metros da Pesqueira, atopamos un camiño de entrada á mesma con un banco en zona de sombra onde poder repousar.

Compre lembrar que o camiño de acceso á pesqueira é exclusivamente peonil. As persoas que desexen achegarse en coche ata este punto, deberán deixalo aparcado en zonas que non dificulten o paso de outros veículos.

PictographMonument Altitude 79 ft
Photo ofMuíños hidráulicos Photo ofMuíños hidráulicos

Muíños hidráulicos

O Concello do Rosal destaca pola gran cantidade de muíños hidráulicos esparexidos por todo o territorio. Malia que a ruta de muíños máis coñecida é a senda homologada PR-G 94 Ruta dos Muíños do Folón e do Picón, son moitos os lugares que albergan muíños hidráulicos, algúns deles aínda en funcionamento.

PictographBeach Altitude 73 ft
Photo ofZona de Baño A Pesqueira Photo ofZona de Baño A Pesqueira Photo ofZona de Baño A Pesqueira

Zona de Baño A Pesqueira

A Pesqueira é unha das zonas de baño ao longo do río Carballas no concello do Rosal. É un espazo tranquilo, moi preto do centro da vila, perfecto para gozar do lecer en familia.

Ademais do seu valor paisaxístico e como zona de recreo, a contorna tamén alberga mostras de patrimonio etnográfico como diversos muíños hidráulicos.

Comments

    You can or this trail