Activity

Zapateira - Feáns - Fortesende - Boedo - Orro - Monte das Arcas

Download

Trail photos

Photo ofZapateira - Feáns - Fortesende - Boedo - Orro - Monte das Arcas Photo ofZapateira - Feáns - Fortesende - Boedo - Orro - Monte das Arcas Photo ofZapateira - Feáns - Fortesende - Boedo - Orro - Monte das Arcas

Author

Trail stats

Distance
24.6 mi
Elevation gain
3,186 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
3,225 ft
Max elevation
866 ft
TrailRank 
36
Min elevation
47 ft
Trail type
One Way
Time
3 hours 35 minutes
Coordinates
4254
Uploaded
June 16, 2019
Recorded
June 2019
Be the first to clap
Share

near Rutis, Galicia (España)

Viewed 234 times, downloaded 11 times

Trail photos

Photo ofZapateira - Feáns - Fortesende - Boedo - Orro - Monte das Arcas Photo ofZapateira - Feáns - Fortesende - Boedo - Orro - Monte das Arcas Photo ofZapateira - Feáns - Fortesende - Boedo - Orro - Monte das Arcas

Itinerary description

Ruta 70% sendas de monte. Bastante rodadora con 3 tramos diferenciados.

Un primeiro tramo moi bebetero, ciclable ó 100% sen rampas excesivamente duras;
desde Rutis subindo as rampas paralelas á AP9 que atravesan a Zapateira ata levarnos ás rotondas sobre a Terceira ronda. Moito asfalto con rampas sostidas hasta enlazar cas primeiras rampas de monte. Baixadas divertidas hasta Feáns. Rampas polo medio do monte moi coidadas onde poder recrearse cos sube e baixa. Dende Feáns rampas de senda de monte hasta a traseira do cemiterio.

Volvemos a subir un tramo de carretera para coller unas rampas de monte que nos levan ata pasar por baixo da vía do tren á altura de Santa Icía e nos fan chegar ó inicio da senda de BTT de Canzobre, por un carreiro que nalgúns tramos está bastante cerrado pola maleza.

Dende aquí un segundo tramo, ciclable e prácticamente sen altibaixos complicados e sen dificultades.Ten un inicio de subida polo monte, pero que suaviza ata levarnos a Igrexario, para continuar con subidas moi levadeiras ata Fortesende. Dende alí e para non endurecer en exceso a salida, tomamos a carretera que nos leva ata Boedo. Tramo lixeiro e moi concorrido que ten unas vistas fermosas do val polas duas vertentes ata chegar a Boedo. Onde tomamos, despois dun par de quilómetros de baixada, o camiño que nos leva ata a antigua estación de Bregua. Moi concorrida ó tratarse dun domingo con moitos moteros que pararon na súa salida polo monte.

Aquí comeza o terceiro tramo, onde se acumula máis diversión na salida, con rampas máis técnicas e co tramo moi cerrado de xestas e silvas paralelo ó campo de golf. Tras parar a encher os bidóns en Bregua (hai unha casa cun grifo xusto ó lado da porta, con auga potable), subimos as primeiras rampas das etapas da Artabra, para facer uns tramos de descenso de certa dificultade, polo estado das rampas, con pedra solta e algo de auga dos últimos días. Seguindo a baixada ata Freán onde retomamos unha senda paralela á A6. Onde nos imos a topar con unas rampas de subida bastante complicadas por baixo da propia autopista, con moito desnivel, e con pedra solta, antes de acceder a unas rampas moi quebradas polos tractores dos madeiristas. Baixadiñas divertidas ata Orro. Desde alí subidas pola parte traseira do monte das Arcas, con unas rampas técnicas onde en ocasións teremos que cargar ca bici (moia pedra solta e en casos laxes moi grandes, difícilmente salvables). Parte paralela ó campo de golf, cada día máis cerrada de xestas e silvas, aínda que ciclable en todo o recorrido ata a Residencia de Caser.

Dende aquí subidas moi suaves polas rampas paralelas á Terceira ronda, e baixadas moi divertidas, sin dificultades e usadas en outras rutas xa colgadas ata chegar ó paseo de Vilaboa.

Comments

    You can or this trail