Activity

Mirador Monte da Muralla (80km)

Download

Trail photos

Photo ofMirador Monte da Muralla (80km) Photo ofMirador Monte da Muralla (80km) Photo ofMirador Monte da Muralla (80km)

Author

Trail stats

Distance
61.84 mi
Elevation gain
5,443 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
5,443 ft
Max elevation
2,248 ft
TrailRank 
36
Min elevation
100 ft
Trail type
Loop
Time
5 hours 11 minutes
Coordinates
14605
Uploaded
June 13, 2022
Recorded
June 2022
Share

near Santiago de Compostela, Galicia (España)

Viewed 99 times, downloaded 2 times

Trail photos

Photo ofMirador Monte da Muralla (80km) Photo ofMirador Monte da Muralla (80km) Photo ofMirador Monte da Muralla (80km)

Itinerary description

Track orixinal de Rubén Miramontes, entre ida e volta a Santiago a ruta queda en uns 80km, eses 20 a maiores fixenos unha vez de volta en Santiago porque estaba ocioso. Do track orixinal solo modifiquei a baixada desde o mirador para non volver polo mesmo sitio.

O recorrido e moi rodador, con un porcentaxe alto de asfalto (se cadra 65-70%), que alterna con pistas forestais en bo estado e sen grandes desniveis.
Calculo que a ida debe ser 50-50 e a volta xa ten moito mais asfalto, se cadra 80-20 ou por ahi.

A parte dura son eses 15 km de subida ata o mirador, especialmente entre os km 26 e 30, onde hai un par de repeitos moi duros. Gran parte do ascenso ó mirador é asfalto (kms 31 a 38).

A pesar de ser unha ruta con tanto porcentaxe de asfalto a verdade é que a disfrutei porque ó ser tan larga segue tendo un numero alto de quilometros non asfaltados. Ademáis o asfalto que pisa son pistas con pouco tránsito e con entornos agradables.

A perspectiva desde o mirador é increíble, con vistas á Ria de Noia e á de Arousa. Recomendase polo tanto ir en días claros para poder disfrutar plenamente deste lugar. Evitar días de moito aire porque ahí arriba pega bastante.

Indispensable en días de sol utilizar protección, xa que é un recorrido con relativamente pouca sombra.

Importante :
No km 29.46 seguir por a pista asfaltada. Eu metinme polo camiño porque me pareceu que se pasaba ben pero foi un error, cruza un rego polo medio e tiven que cargar coa bici ó lombo.
No km 48 o track atravesa unha finca de millo. Cando eu pasei estaba ainda pequeno e pasabase pero segun cando se faga a ruta pode supoñer un risco, ben sexa porque non se pasa ou porque te topas co dono do millo ou cun jabalí. Mellor seguir recto pola AC-308 porque quilometro e medio mais adiante xa se volve enganchar co track.

O desnivel acumulado facendo os 80km seran uns 1500 ou por ahi.

Comments  (3)

  • Alejandro Peso Lago Jun 30, 2022

    Boas! Tremenda ruta! Que tal os sendeiros de Compos o monte da muralla? Moito asfalto ou mais sendeiro/pista? Saudos!

  • Photo of david.mon
    david.mon Jun 30, 2022

    Boas! A raiz do teu comentario acabome de dar conta de que non fixen descripción da ruta…. Ahora vou ✌️

  • Alejandro Peso Lago Jun 30, 2022

    😂 Nada home. Graciñas polas descripcions que as tuas rutas estas completisimas de info e eso sempre se agradece

You can or this trail