Activity

Ruta circular Couselo - Niño do Corvo

Download

Trail photos

Photo ofRuta circular Couselo - Niño do Corvo Photo ofRuta circular Couselo - Niño do Corvo Photo ofRuta circular Couselo - Niño do Corvo

Author

Trail stats

Distance
5 mi
Elevation gain
955 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
955 ft
Max elevation
1,018 ft
TrailRank 
49
Min elevation
1,018 ft
Trail type
Loop
Moving time
one hour 46 minutes
Time
2 hours 51 minutes
Coordinates
1389
Uploaded
July 18, 2022
Recorded
July 2022
Be the first to clap
Share

near O Rosal, Galicia (España)

Viewed 410 times, downloaded 17 times

Trail photos

Photo ofRuta circular Couselo - Niño do Corvo Photo ofRuta circular Couselo - Niño do Corvo Photo ofRuta circular Couselo - Niño do Corvo

Itinerary description

Ruta circular: Couselo - Niño do Corvo

Esta ruta circular parte desde Couselo para ir ascendendo entre viñedos ata o alto do miradoiro do Niño do Corvo, un dos lugares onde poder desfrutar das mellores vistas ao val do Rosal.

Esta ruta pode ser realizada en familia, como actividade de senderismo ou con cadeira adaptada (Joëlette).

Ficha técnica

Lonxitude aproximada: 8 km
Percorrido: circular
Dificultade: moderada
Duración aproximada: 2 horas
Punto de partida: Couselo

Descrición da ruta

Esta ruta parte desde Couselo e ascende ata o Niño do Corvo, un miradoiro no alto da montaña desde o cal observar a sorprendente panorámica do val do Rosal e a desembocadura do río Miño. O percorrido vai ofrecendo en todo momento unhas fermosas vistas sobre diferentes áreas do concello: viñedos, zonas forestais, a ribeira do río,...

No seu tramo final, esta ruta achégase ata a zona de baño das Pesqueiras, un fermoso lugar de lecer onde poder dar un baño fresco en días cálidos ou desconectar disfrutando da beleza da paisaxe.

Ten en conta

  • Esta ruta é apta para ser realizada en cadeira adaptada. O Concello do Rosal conta cunha cadeira Joëlette a disposición de calquera persoa con mobilidade reducida que desexe realizar unha ruta adaptada polo concello.
  • Esta ruta está sen sinalizar.
  • O sendeiro transcorre por un terreo pedrento polo que é moi recomendable o emprego de calzado axeitado.
  • Lembra levar o teu lixo de volta contigo e depositalo no colector de reciclaxe axeitado.

View more external

Waypoints

PictographIntersection Altitude 378 ft
Photo ofViñedos Photo ofViñedos Photo ofViñedos

Viñedos

Actualmente O Rosal é unha subzona da Denominación de Orixe Rías Baixas, na que se inclúen viños coñecidos e recoñecidos internacionalmente. En terras rosaleiras atopamos adegas de grande antigüidade, con orixes medievais e vinculadas ao Mosteiro de Oia, pero tamén proxectos novos baseados na innovación.

Viños de autor, adegas familiares e grandes empresas con produción industrial que traballan día a día combinando o mellor da tradición coas achegas procedentes das novas tecnoloxías e a I+D. Ademais de traballar en aspectos vinculados á produción e comercialización, as adegas do Rosal tamén crean experiencias nas que nos desvelan algúns dos segredos da elaboración do viño. Rutas polos viñedos, visitas ás instalacións, catas e eventos son algunhas das súas propostas de enoturismo.

Una boa oportunidade para gozar dos viños da zona e dalgunhas das bondades da súa gastronomía é a Feira do Viño do Rosal.

PictographPanorama Altitude 1,009 ft
Photo ofMiradoiro Niño do Corvo Photo ofMiradoiro Niño do Corvo Photo ofMiradoiro Niño do Corvo

Miradoiro Niño do Corvo

Case no límite entre os concellos do Rosal e Tomiño, unha montaña ascende ata os 312 m, un lugar estratéxico para observar unhas marabillosas vistas e unha sorprendente panorámica, dende os Montes do Rosal e O Val do Tamuxe cara ao oeste.

PictographPanorama Altitude 538 ft
Photo ofO val do Rosal Photo ofO val do Rosal Photo ofO val do Rosal

O val do Rosal

Ao longo de todo o percorrido poderemos disfrutar das vistas que esta ruta nos ofrece sobre diferentes puntos do val do Rosal, o centro do municipio e os seus arredores. Durante o traxecto de baixada, hai puntos da montaña desde os que podemos chegar a divisar, na ladeira de enfrente, os Muíños do Folón e do Picón, as Fervenzas da Cal e outros puntos de interese próximos.

PictographRiver Altitude 46 ft
Photo ofA Pesqueira Photo ofA Pesqueira Photo ofA Pesqueira

A Pesqueira

A Pesqueira é unha das zonas de baño ao longo do río Carballas no concello do Rosal. É un espazo tranquilo, moi preto do centro da vila, perfecto para gozar do lecer en familia.

Ademais do seu valor paisaxístico e como zona de recreo, a contorna tamén alberga mostras de patrimonio etnográfico como diversos muíños hidráulicos.

Para chegar a esta zona debemos desviarnos uns poucos metros da ruta accedendo por un camiño que hai a man dereita.

Comments

    You can or this trail