Activity

Trilhos (C. de Bico + Morroes) - Portugal 2014-06-07

Download

Trail photos

Photo ofTrilhos (C. de Bico + Morroes) - Portugal 2014-06-07 Photo ofTrilhos (C. de Bico + Morroes) - Portugal 2014-06-07 Photo ofTrilhos (C. de Bico + Morroes) - Portugal 2014-06-07

Author

Trail stats

Distance
8.96 mi
Elevation gain
3,402 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
3,402 ft
Max elevation
3,106 ft
TrailRank 
37
Min elevation
-1,371 ft
Trail type
Loop
Time
3 hours 53 minutes
Coordinates
2713
Uploaded
June 7, 2014
Recorded
June 2014
Be the first to clap
Share

near São Martinho de Vascões, Viana do Castelo (Portugal)

Viewed 1039 times, downloaded 15 times

Trail photos

Photo ofTrilhos (C. de Bico + Morroes) - Portugal 2014-06-07 Photo ofTrilhos (C. de Bico + Morroes) - Portugal 2014-06-07 Photo ofTrilhos (C. de Bico + Morroes) - Portugal 2014-06-07

Itinerary description

Roteiro realizado co Clube Via Láctea de Santiago de Compostela.
Esta andaína é a suma de dous roteiros, Trilho Alto dos Morroes (PR2) e Trilho Corno de Bico (PR1). Partindo do pequeno lugar de Túmio, iniciamos o percorrido polo camiño que se abre entre campos amurallados que, aos poucos, van deixando ver o lugar de Giesteira. Campos abandoados onde vexetación autóctona roliferou de forma espontánea, para introducirnos por completo na extensa carballeira de Paisaxe Protexida.Este frondoso bosque constitúe un excelente hábitat para moitas especies da flora e do reino animal. Antes clasificado como Mata Nacional, resultou dun proceso de forestación levada a cabo no período do Estado Novo (anos 40). Das especies arbóreas que resultan desta plantación ou rexeneración, destacan o carballo (Quercus robur), o bidueiro (Betula alba), o castiñeiro (Castanea sativa), a faia (Fagus sylvatica), o espiñeiro (Crataegus monogyna), o acivro (Ilex aquifolium), cedros de Oregón (Chamaecyparis lawsoniana),entre moitas outras.En tan rico e diverso hábitat, son numerosos os animais que aquí atopan refuxio e alimento, destacándose o lobo ibérico (Canis lupus signatus), o corzo (Capreolus capreolus), o esquilo - vermello (Sciurus vulgaris), a toupeira de auga (Gallemis pirennaicus), a águia rateira (Buteo
buteo).
O Corno de Bico é un espazo emblemático para o concello de Paredes de Coura e de gran importancia para a rexión, considerado un pequeno santuario natural, espazo de gran beleza que o home amoldou dunha maneira harmoniosa.
Desde tempos remotos xogou un papel fundamental, servindo de lugar de culto, de espazo de defensa, de liña de fronteira, de pastos e de abrigo.
Hoxe, ten un papel importante a nivel da conservación da natureza, o que permitiu a súa inclusión como Sitio Clasificado da Rede Europea NATURA 2000 e na Rede de Áreas Protexidas de Portugal.
A par desta clasificación, é igualmente importante, e o patrimonio humano das comunidades rurais, que permitiron e favoreceron o cambio que foi sufrindo este territorio.
(información copiada da páxina http://clubvialactea.es/rutas.html)

Comments

    You can or this trail