Activity

TREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 2 de SEOANE A FROXAN

Download

Trail photos

Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 2 de SEOANE A FROXAN Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 2 de SEOANE A FROXAN Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 2 de SEOANE A FROXAN

Author

Trail stats

Distance
13.82 mi
Elevation gain
2,762 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
3,340 ft
Max elevation
2,337 ft
TrailRank 
32
Min elevation
1,253 ft
Trail type
One Way
Time
9 hours 29 minutes
Coordinates
2101
Uploaded
May 30, 2022
Recorded
May 2022
Be the first to clap
Share

near Seoane, Galicia (España)

Viewed 33 times, downloaded 1 times

Trail photos

Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 2 de SEOANE A FROXAN Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 2 de SEOANE A FROXAN Photo ofTREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. RUTA DO OSO CAVERNARIO. Etapa 2 de SEOANE A FROXAN

Itinerary description

TREKING POLO GEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL
RUTA DO OSO CAVERNARIO
DO CAMIÑO DE SANTIAGO POLO LOR AO SIL E VOLTA POLOS VALES DO POÑENTE

Que mellor área xeográfica natural en Galicia que a Serra do Courel para facer un treking. É o único espazo natural galego coa categoría de geoparque e como tal foi recoñecido pola UNESCO no 2019. Neste geoparque deseñamos a ruta do Oso Cavernario que consta de sete etapas das que a segunda, a terceira e a metade da cuarta corresponden coa antiga Baixada do Lor, ruta que historicamente une O Cebreiro, nos altos da Serra de Rañadoiro, polo que decorre a parte de máis altitude do Camiño de Santiago ata a desembocadura do Lor no Sil en Augasmestas (Quiroga). A segunda parte da cuarta etapa e as tres últimas consisten en subir polo Courel do Poñente percorrendo en parte bacías do Loureiro e do Lóuzara, ámbolos dous afluentes do Lor. Para a primeira etapa danse dúas alternativas diferentes, a primeira que vai ao encontro do Lor por Esperante e que ten uns 4 quilometros de estrada, e a segunda por Noceda e a mina da Toca.
O nome da ruta “Oso Cavernario” ven de que o Courel foi poboado por osos dende hai moitos milenios e como proba están a cantidade de osamentas de oso cavernario atopadas nas covas do Courel, moitas sitas a vista de paxaro de onde discorre a ruta.

Etapa ORIGEN DESTINO SEGUNDO orux maps
DISTANCIA DESNIVEL + DESNIVEL -

1A por Esperante Hospital da Condesa Seoane do Courel 18,71 km 437 m 1041 m
1B por A Toca Hospital da Condesa Seoane do Courel 17,7 km 620 m 1224 m
2 Seoane do Courel Froxán 22,51 km 699 m 872 m
3 Froxán Conceado do Lor 18,29 km 540 m 737 m
4 Conceado de Lor Vilachá de Salvadur 16,54 km 633 m 430 m
5 Salcedo Vilamor 15,63 km 650 m 607 m
6 A Pendella Paderne 22,17 km 1180 m 693 m
7 Paderne Hospital da Condesa 21,49 km 1130 m 790 m
TOTAL 135,34 km 5269 m 5170 m

ETAPA 2: DE SEOANE A FROXAN

Saíremos de Seoane cara ao Lor pasando pola ponte da Ferreiría nova ou de Locay. O mazo foi restaurado pola Xunta hai uns 30 anos estando hoxe pechada, pero aínda así pódese visitar en parte, vendo os seus canles e tanques. Atravesamos o Lor pola ponte da Ferrería. Un camiño ben conservado levaranos a traveso de paisaxes cambiantes, dende bosques de ribeira a espectaculares soutos, tendo como compaña o Lor sempre á nosa dereita. Pasaremos a carón das aciñeiral de Vales para asomarnos despois á Pena do Escribano, un mirador cunha caída natural de 200m onde hai unha área recreativa. Cruzamos o rego de Paradela onde poderíamos achegarnos a mina de ferro do mesmo nome. Na derradeira curva antes de baixar ao rego de Ferreirós albiscamos o pico de Penaboa por onde decorre o quilómetro vertical do Courel. Pronto chegaremos a Ferreirós Dabaixo onde visitaremos O Pontón unha bucólica cantina onde o tallado artesanal das madeiras de castiñeiro e carballo atopan a súa máxima expresión (aberto só sábados e domingos ao mediodía). Aquí mesmo comeza o quilómetro vertical do Courel, desbrozado polo seu autor, todo un súper heroe, que vive a unha carreiriña de can, en Ferreirós Darriba.
Pero para nós, non é tempo de subida, é de baixada polo Lor. Pasaremos por baixo de Folgoso do Courel para cruzar o Lor pola Ponte de Traspando e despois o seu afluente o Lóuzara pola ponte de Sundrios. Xa estamos cruzando as aldeas de O Touzón e A Pendella con algunha fermosa casa recentemente restaurada. Cruzaremos o Lor pola ponte Baldomir para subir por un souto centenario cara a aldea da Campa para logo seguir abeirando o Lor a certa altitude ata comezar a albiscar o xigantesco meandro do Lor que se forma entre o Castro de Vilar e Vilamor.
En Vilar beberemos da auga da Fonte da Saúde, veremos o seu forno e o artesanal palco de música sito no medio dunha carballeira, non sen antes visitar a Juan e o seu museo etnográfico. Logo en subida atopamos o Castro de Vilar coa súa enxebre capela. No castro as vistas do cóbado que fai o río neste lugar son espectaculares En lixeira baixada chegaremos á ponte do Bao que cruzaremos para chegar, atravesando o sobreiral de Froxán a esta aldea que foi obxecto de plans de rehabilitación, sendo sede da Asociación Fonte do Milagre que limpou montóns de camiños no Courel e aínda descubriu canles romanas. Aquí, na Eira de Froxán reuniu Calleja a todo o Courel para rodar un programa moi comentado que nos fixo emocionarnos co sentir desta xente. Ao remate da etapa teremos cruzado catro pontes, tres sobre o Lor e unha sobre Lóuzara.

DATOS DE INTERESE
Casa da Aira en Froxán (Tf: 669930565 ) ofrece aloxamento e mantenza.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,584 ft

A Campa

PictographWaypoint Altitude 1,929 ft

Aciñeiral de Vales

PictographWaypoint Altitude 1,788 ft

Capela de San Roque

PictographWaypoint Altitude 1,772 ft

Castro do Vilar

PictographWaypoint Altitude 1,947 ft

cova2

PictographWaypoint Altitude 1,973 ft

Cruceiro

PictographWaypoint Altitude 2,299 ft

Escribano Mirador

PictographWaypoint Altitude 1,815 ft

Ferreria de Locay

PictographFountain Altitude 1,574 ft

Fonte Cabanelas??

PictographWaypoint Altitude 1,471 ft

Fonte da Pendella

PictographWaypoint Altitude 1,771 ft

Fonte da Saúde

PictographWaypoint Altitude 1,537 ft

Fonte do Milagre

PictographWaypoint Altitude 1,475 ft

Froxán

PictographWaypoint Altitude 2,219 ft

Mina Paradela??

PictographMine Altitude 1,574 ft

Mina Romana Airiñas ???

PictographWaypoint Altitude 1,755 ft

Museo de Xan

PictographWaypoint Altitude 4,203 ft

O Cebreiro

PictographWaypoint Altitude 1,762 ft

O Pontón Bar

PictographWaypoint Altitude 1,733 ft

Os Calangros

PictographWaypoint Altitude 1,613 ft

Panel2

PictographWaypoint Altitude 1,648 ft

Ponte Arrastradoira

PictographWaypoint Altitude 1,781 ft

Ponte da Ferrería

PictographFerry Altitude 1,566 ft

Ponte das Arandainas

PictographWaypoint Altitude 1,444 ft

Ponte de Sudrios

Comments

    You can or this trail