Activity

Sirvozelo, Cascata de Poço Dola, Curral da Biduiça e Cascata de Cela Cavalos. Montalegre. Portugal

Download

Trail photos

Photo ofSirvozelo, Cascata de Poço Dola, Curral da Biduiça e Cascata de Cela Cavalos. Montalegre. Portugal Photo ofSirvozelo, Cascata de Poço Dola, Curral da Biduiça e Cascata de Cela Cavalos. Montalegre. Portugal Photo ofSirvozelo, Cascata de Poço Dola, Curral da Biduiça e Cascata de Cela Cavalos. Montalegre. Portugal

Author

Trail stats

Distance
11.28 mi
Elevation gain
2,175 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,175 ft
Max elevation
3,451 ft
TrailRank 
51
Min elevation
3,451 ft
Trail type
Loop
Moving time
5 hours 23 minutes
Time
8 hours 4 minutes
Coordinates
3326
Uploaded
August 13, 2023
Recorded
August 2023
Share

near Sirvozelo, Vila Real (Portugal)

Viewed 61 times, downloaded 2 times

Trail photos

Photo ofSirvozelo, Cascata de Poço Dola, Curral da Biduiça e Cascata de Cela Cavalos. Montalegre. Portugal Photo ofSirvozelo, Cascata de Poço Dola, Curral da Biduiça e Cascata de Cela Cavalos. Montalegre. Portugal Photo ofSirvozelo, Cascata de Poço Dola, Curral da Biduiça e Cascata de Cela Cavalos. Montalegre. Portugal

Itinerary description

Moi boa ruta, circular, nas paraxes incomparábeis do Gerês. Feita seguindo a información deste track: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/pnpg-de-cela-ao-poco-dola-via-sirvozelo-e-regresso-pela-cascata-de-cela-cavalos-128449755
Comezamos no cruce de acceso á aldea de Sirvozelo coa N 308 e dirixímonos cara as beiras do encoro de Paradela. Ata aproximadamente o quilómetro 2,5 vaise por camiño aberto mais a partir de aí, e ata o 10,5 aprox. camiñaremos por carrouchos serramos ou a valmontes. Tan só un pequeno anaco inicial deste treito pasa por entre mato alto pero non ten mor problema; nótase que por aquí ten pasado camiñantes pois hai xestas estrochadas, que o simple paso da facenda non produce. Tamén deixar anotado que ao longo desta parte abondosas mariolas (estantes) marcan con detalle o percorrido. Porén é máis que aconsellable seguir a ruta con GPS.
Non dou descrito a beleza primixenia das paisaxes que podemos albiscar a cada momento: as lonxanas montañas das Gralheiras, a vista das aldeas da parte do Outeiro, os penedos titánicos que compón formas fermosísimas á vez que impresionantes...
Logo de un bo treito de subida (case ata o Km 6), chegamos á Portela de Entrecaminhos e comezamos a baixada, bastante pina, ata o Poço Dola (D'Ola...?) Unha mágoa que, nesta altura do ano, o regueiro baixa con moi escaso caudal e a fervenza non ofrece a beleza maxestosa que ten que mostrar en caso de ir chea... O lugar, en todo caso, é dunha gran beleza. Curioso que na poza onde cae a cascata (a "ola") haxa peixes; canto esforzo tiveron que facer para dar subida ata esta altitude!
Seguimos en subida o Ribeiro Dola e logo o da Biduiça ata chegar á zona do Curral. Hai aquí un chouzo de pastores moi ben conservado (que pode servir de refuxio de emerxencia, aínda que non ten dotación).
Logo dunha levadía subida, volvemos á Portela de Entrecaminhos e comezamos a baixada, esta si que ben abrupta, polo val do Regueiro da Abalheira ata a estrada N 308. Por non haber outro remedio, hai que camiñar pola berma desta durante uns longos dous quilómetros. Aínda ben que neste treito atopamos a Fonte da Abelheira, ben acondicionada e cunha rica e fresca auga, onde podemos refrixerarnos un pouco e recargar auga.
Abandonada a estrada, descendemos por unha pista bastante pina e recachada ao sol cara a Cascata de Cela Cavalos. Aquí temos un outro lugar de engaiolante beleza, aínda que non se poida gozar con tranquilidade del pola aglomeración de xente que tenta tomar un baño na pequena poza da fervenza... Certamente é ata encomiable o esforzo de chegar ata aquí (e aínda máis regresar en permanente subida) mais o baño é incompatible coas condicións do local... Respecto da cascata, incluso nesta época leva auga bastante como para facerse idea do que pode ser en tempo de augada.
Emprendemos de novo a marcha para subir ata a capela da Santa Luzía. Aínda que o día non é dos máis calorosos, resulta pesado camiñar ao recacho do sol por esta petada. Como consolo, imos gozando de novas e fermosas panorámicas cara o val do Cávado.
Nesta parte coincidimos coa ruta marcada GR 50.
Atravesamos a aldea da Cela, con casas de rotunda arquitectura bastante ben conservada, espigueiros, lobios... e proseguimos, baixando ata un regueiro para logo subir (nunha xa incómoda petada) ata Sirvozelo. Aquí ficamos abraiados pola impoñente rocha que domina o casarío. Bonitas casas e recantos e unha capela simple no seu exterior, o que non impide un aspecto harmónico. A poucos pasos xa pomos fin a esta gratificante caminhada .
A ruta é un exercicio de goce da beleza avasaladora da paisaxe montuosa. Escasos treitos deixan de amosar novas perspectivas, outros penedos, mesmo as "artísticas" mariolas, e panoramas inenarrábeis.
Quen pretenda camiñar este percorrido xa debe ter comprendido que é exixente, non acondicionado, exposto aos elementos, sen acceso rodado... Todo o que puideran parecen "inconvenientes" para paseantes urbanitas. Sobra dicir que cómpre vestimenta, calzado, auga, alimento, información meteorolóxica, GPS... axeitados! Animaría a persoas afeitas a camiñar por montes a facer este percorrido.

Waypoints

PictographCar park Altitude 2,394 ft
Photo ofComezo Photo ofComezo Photo ofComezo

Comezo

Cómodo lugar para estacionar.

PictographPhoto Altitude 2,411 ft
Photo ofPenedos Photo ofPenedos Photo ofPenedos

Penedos

PictographLake Altitude 2,430 ft
Photo ofBarragem de Paradela Photo ofBarragem de Paradela Photo ofBarragem de Paradela

Barragem de Paradela

PictographIntersection Altitude 2,421 ft
Photo ofEsquerda Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographIntersection Altitude 2,831 ft
Photo ofEsquerda, mariola Photo ofEsquerda, mariola Photo ofEsquerda, mariola

Esquerda, mariola

PictographTree Altitude 2,828 ft
Photo ofSouto Photo ofSouto Photo ofSouto

Souto

Souto de castiñeiros bastante coidado

PictographPhoto Altitude 2,885 ft
Photo ofCarroucho serrano Photo ofCarroucho serrano

Carroucho serrano

Comeza aquí o sendeiro de pé posto. Nótase que foi acondicionado noutros tempos pero a falta de mantemento e a erosión case o borraron.

PictographPanorama Altitude 3,044 ft
Photo ofVistas Photo ofVistas Photo ofVistas

Vistas

PictographPanorama Altitude 3,274 ft
Photo ofPanorámica de posible circo glaciario Photo ofPanorámica de posible circo glaciario Photo ofPanorámica de posible circo glaciario

Panorámica de posible circo glaciario

PictographPanorama Altitude 3,364 ft
Photo ofPanorámica. Pitões Photo ofPanorámica. Pitões Photo ofPanorámica. Pitões

Panorámica. Pitões

PictographPanorama Altitude 3,324 ft
Photo ofPanorámica e penedos Photo ofPanorámica e penedos Photo ofPanorámica e penedos

Panorámica e penedos

PictographIntersection Altitude 3,377 ft
Photo ofBucle. Baixar pola dereita Photo ofBucle. Baixar pola dereita

Bucle. Baixar pola dereita

PictographWaterfall Altitude 3,089 ft
Photo ofPozo e Cascata Dola (D'ola) Photo ofPozo e Cascata Dola (D'ola) Photo ofPozo e Cascata Dola (D'ola)

Pozo e Cascata Dola (D'ola)

PictographWaterfall Altitude 3,180 ft
Photo ofCachón. Ribeiro da Biduiça Photo ofCachón. Ribeiro da Biduiça Photo ofCachón. Ribeiro da Biduiça

Cachón. Ribeiro da Biduiça

PictographWilderness hut Altitude 3,258 ft
Photo ofChouzo da Biduiça Photo ofChouzo da Biduiça Photo ofChouzo da Biduiça

Chouzo da Biduiça

PictographPhoto Altitude 3,368 ft
Photo ofÓsos Photo ofÓsos

Ósos

PictographPanorama Altitude 3,367 ft
Photo ofPanorámica val Photo ofPanorámica val Photo ofPanorámica val

Panorámica val

PictographRiver Altitude 2,649 ft
Photo ofCaptación de auga Photo ofCaptación de auga Photo ofCaptación de auga

Captación de auga

PictographRiver Altitude 2,552 ft
Photo ofCanle Photo ofCanle Photo ofCanle

Canle

PictographRisk Altitude 2,496 ft
Photo ofEstrada EM 308

Estrada EM 308

PictographFountain Altitude 2,392 ft
Photo ofFonte da Abelheira Photo ofFonte da Abelheira

Fonte da Abelheira

PictographPavement ends Altitude 2,374 ft
Photo ofEsquerda, pista

Esquerda, pista

PictographTree Altitude 2,163 ft
Photo ofErvedelo

Ervedelo

PictographRuins Altitude 2,049 ft
Photo ofChouzo Photo ofChouzo

Chouzo

PictographPhoto Altitude 2,052 ft
Photo ofVistas Photo ofVistas

Vistas

PictographWaterfall Altitude 1,945 ft
Photo ofCascata de Cela Cavalos Photo ofCascata de Cela Cavalos Photo ofCascata de Cela Cavalos

Cascata de Cela Cavalos

PictographFauna Altitude 2,085 ft
Photo ofAbellariza Photo ofAbellariza

Abellariza

PictographReligious site Altitude 2,448 ft
Photo ofCapela de Santa Luzia Photo ofCapela de Santa Luzia Photo ofCapela de Santa Luzia

Capela de Santa Luzia

PictographMonument Altitude 2,432 ft
Photo ofCela Photo ofCela Photo ofCela

Cela

PictographRiver Altitude 2,295 ft
Photo ofRegueiro Photo ofRegueiro

Regueiro

PictographMonument Altitude 2,470 ft
Photo ofSirvozelo Photo ofSirvozelo Photo ofSirvozelo

Sirvozelo

Comments

    You can or this trail