Sicenata Pacata. Castelo de Parada.Pereiro de Aguiar
near Villariño, Galicia (España)
Viewed 118 times, downloaded 1 times
Trail photos
Itinerary description
Eu diría que esta é a ruta das carballeiras, das grandes rochas, dos muros de pedra seca e dos carreiros e camiños ancestrais.
Ademais do valor engadido dunha mensaxe agochada durante séculos nunha rocha que di Sicenata Pacata. É unha inscripción que moitos especialistas estudaron e só hai acordo unánime sobre o significado da segunda palabra, pacata que sería " pacificados".
A palabra Sicenata, é probablemente celta e aínda hoxe é obxecto de controversia e estudo.
Na ruta veremos así mesmo o Castelo de Parada, unha atalaia para vixiar o río Miño. Os especialistas din que este lugar podería haber sido ocupado hai máis de mil anos. As vistas sobre o río Miño dende este enclave son espectaculares.
Veremos tamén o Pazo de Bouzas do S XVIII en estado ruinoso.
Dende o concello recomendan realizar esta ruta en sentido horario, eu así o fixen e así o recomendo tamén xa que é moito máis levadeira. De facela no outro sentido, hai subidas con desnivel importante.
Pódese comenzar en distintos lugares: en Parada, no Pazo de Bouzas ou en S Salvador. Nós empezamos aquí.
O percorrido está super ben sinalizado e perfectamente limpo e tal e como nós a fixemos resultoume fácil

Waypoints
Waypoint
1,410 ft
Parada
You can add a comment or review this trail
Comments