Activity

SAN VITORIO- VENEIRA DE ROQUES - BUSTO - TEIXEIRA- SAN VITORIO. O DESCOÑECIDO COUREL DO POÑENTE

Download

Trail photos

Photo ofSAN VITORIO- VENEIRA DE ROQUES - BUSTO - TEIXEIRA- SAN VITORIO. O DESCOÑECIDO COUREL DO POÑENTE

Author

Trail stats

Distance
10.26 mi
Elevation gain
2,159 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,159 ft
Max elevation
3,654 ft
TrailRank 
30
Min elevation
2,090 ft
Trail type
Loop
Time
6 hours 7 minutes
Coordinates
2043
Uploaded
November 6, 2019
Recorded
November 2019
Be the first to clap
Share

near Ferreiros, Galicia (España)

Viewed 467 times, downloaded 18 times

Trail photos

Photo ofSAN VITORIO- VENEIRA DE ROQUES - BUSTO - TEIXEIRA- SAN VITORIO. O DESCOÑECIDO COUREL DO POÑENTE

Itinerary description

SAN VITORIO VENEIRA DE ROQUES BUSTO TEIXEIRA SAN VITORIO
Este track corresponde á segunda de catro rutas que realizou un grupo de 34 socios da Sociedade de Montaña Ártabros da Coruña na actividade titulada "O DESCOÑECIDO COUREL DO POÑENTE" desenvolvida na ponte de difuntos de 2019 e da que fun monitor. A área na que se desenvolve esta comprendida dentro do LIC do Courel.
Este track coincide en parte coa ruta dos Catro Cabaleiros marcada polo concello de Pobra de Brollón, máis ten máis dun 50% distinto e polo tanto é orixinal.
Comezamola andaina na área recreativa de San Vitorio. Unha feituca capela, unha abondosa fonte e unhas bancadas recíbennos baixo a desafiante mirada do miradoiro da Pena do Santo, xusto enriba das nosas testas. O primeiro dos nosos esforzos son adicados a subir a este espectacular outeiro.
Xusto despois comeza unha subida por carreiros de montaña que nos leva a aldea de Covadelas e despois á singular aldea de Veneira de Roques que contaba con 15 habitantes no 2015. O seu nome revela a súa singularidade: veneira ven de vea, veta ou filón de mineral. A aldea está construída enriba dunha rede de galerías mineiras onde extraíase o ferro dende a época dos románs ata os limiares do pasado século. Aínda hoxe uns sinais desvencellados avisan da súa existencia. Achegamonos a mina da Cortiña na que nos adentramos durante unhas ducias de metros sen perigo xa que conta con altura dabondo e un chan seco e nivelado. Para os que lle gusten as películas A Veneira de Roques podería ser algo así coma a versión galega do poboado onde se rodou a famosa película “La leyenda de la ciudad sin nombre”, xa que algunhas das galerías de ventilación emerxen no medio do pobo.
Un fermoso carreiro lévanos ao alto da serra, pasando a carón da mina a ceo aberto dos buracos, tamén da época dos románs. Un anaco de pista e logo unha devasa para abeirar o monte, dispoñenos xa en baixada a descubrir outra xoia, a aldea de Busto. Un paisano desta terra despois de labrar fortuna na Cataluña, cumpriu o seu sono de rehabilitar a aldea onde naceu para destinala a aldea rural. Por cousas da vida non puido atendela, pero Busto loce hoxe ben bonita e rechamanteira en lembranza deste home de grandes sonos. Seica neste 2019 xa se recuperou a función para a que foi concibida.
Unhas reviravoltas máis alá chegaremos ao caborco do rego de San Vitorio, encaixado entre os costentos cantís que o conforman, xusto no lugar onde se atopa a aldea abandonada de Teixeira, na que algunhas casas teñen a peculariedade que o chan dos seus cuartos están escavados directamente na rocha. Paga a pena ver esta belida aldea sita nun agreste do lugar no que se asenta.
Abeirando o monte, primeiro por un carreiro bastante pechado de vexetación durante uns 200 metros e logo por pistas, chegaremos a San Vitorio, non sen antes escoitar o ruxe ruxe dunha fervenza afundida no terreo, que se se tivese tempo, se visitaría.
O video que se pode contemplar na URL abaixo indicada é boa mostra da actividade realizada.
https://www.youtube.com/watch?v=cyamtbAfs2o&t=17s
Contén imaxes das rutas realizadas na actividade titulada O DESCOÑECIDO COUREL DO POÑENTE :
1.- A Cova das Chovas.
2.- San Vitorio- Veneira de Roques - Busto- A Teixeira
3.- Salcedo- Mazo - Parada dos Montes- Carballal- Eiriz - Baldomir
4- Salcedo - Paramedela- Barxa de Lor.
Este video é cortesía do socio Juan Pedro.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 3,231 ft

A Veneira de Roques

PictographWaypoint Altitude 2,433 ft

Comezo tramo pechado

PictographWaypoint Altitude 2,670 ft

Covadelas

PictographWaypoint Altitude 2,389 ft

Fin tramo pechado

PictographWaypoint Altitude 3,082 ft

Mina da Cortiña

PictographWaypoint Altitude 2,346 ft

Mirador Pena do Santo

PictographWaypoint Altitude 3,356 ft

O Busto

PictographWaypoint Altitude 2,058 ft

SAN VITORIO FINAL

PictographWaypoint Altitude 2,052 ft

SAN VITORIO INICIO

PictographWaypoint Altitude 2,421 ft

Teixeira

Comments

    You can or this trail