Activity

Capela de San Vicente - Portecelo

Download

Trail photos

Photo ofCapela de San Vicente - Portecelo Photo ofCapela de San Vicente - Portecelo Photo ofCapela de San Vicente - Portecelo

Author

Trail stats

Distance
4.3 mi
Elevation gain
1,073 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,073 ft
Max elevation
1,021 ft
TrailRank 
55
Min elevation
365 ft
Trail type
Loop
Moving time
one hour 44 minutes
Time
2 hours 17 minutes
Coordinates
1227
Uploaded
January 31, 2023
Recorded
January 2023
Be the first to clap
Share

near O Rosal, Galicia (España)

Viewed 104 times, downloaded 1 times

Trail photos

Photo ofCapela de San Vicente - Portecelo Photo ofCapela de San Vicente - Portecelo Photo ofCapela de San Vicente - Portecelo

Itinerary description

Capela de San Vicente - Portecelo polo camiño vello

Ruta de ida e volta desde a Capela de San Vicente de Marzán ata a Explanada do Horizonte en Portecelo que percorre o camiño que se empregaba antigamente para acarrexar o argazo desde a costa rosaleira ata outros lugares do Rosal.

Esta ruta conecta a zona do val do Rosal coa costa deste municipio. Ten o seu inicio a carón da capela de San Vicente de Marzán e vai percorrendo os montes do Rosal cara ao mar, ofrecendo ao senderista unhas fermosas vistas da costa atlántica e dos montes.

Ficha técnica

Lonxitude aproximada: 7 km
Percorrido: ida e volta
Dificultade: moderada
Duración aproximada: 2 horas
Punto de partida e remate: Sepulcros de Marzán

Descrición da ruta

O percorrido iníciase nunha zona de aparcadoiro a escasos metros dos sepulcros de Marzán, unhas sepulturas cristiás dos séculos IV-V escavadas na rocha que poden verse desde a estrada.

Esta ruta ascende ata chegar ao Alto da Cruz da Portela, lugar no que comeza o seu descenso cara a Portecelo, permitindo desfrutar das fermosas vistas que ofrecen os cumios do Rosal sobre o Océano Atlántico.

O punto máis baixo da ruta coincide coa Explanada do Horizonte, un lugar de lecer polo que trascorre o camiño de Santiago e desde o que poder disfrutar de fermosos solpores.

Ten en conta

  • Esta ruta está sen sinalizar.
  • O sendeiro transcorre por un terreo pedrento polo que é moi recomendable o emprego de calzado axeitado.
  • Lembra levar o teu lixo de volta contigo.

View more external

Waypoints

PictographMonument Altitude 554 ft
Photo ofSepulcros antropomorfos de Marzán e Capela de San Vicente Photo ofSepulcros antropomorfos de Marzán e Capela de San Vicente Photo ofSepulcros antropomorfos de Marzán e Capela de San Vicente

Sepulcros antropomorfos de Marzán e Capela de San Vicente

O inicio da ruta ten lugar a carón de dous sepulcros antropomorfos (con forma humana) de época visigótica situados a escasos metros da capela de San Vicente, en Marzán.

Trátase dunhas sepulturas cristiás dos séculos IV-V escavadas na rocha. Unha delas é de tamaño lixeiramente inferior á outra. Probablemente pertenceron a un matrimonio.

A escasos metros dos sepulcros antropomorfos sitúase a capela de San Vicente. Esta capela sufriu numerosas reformas ao longo da súa historia, pero a cruz na cúspide do seu tellado e os sillares reutilizados nas súas paredes, así como a ara romana localizada nela e os sepulcros próximos, fan pensar que se trata dunha igrexa moi antiga, posiblemente anterior ao século X.

A Igrexa de Marzán dependía do Mosteiro de Oia. A ara romana está adicada a Mercurio e consérvase no Museo Diocesano de Tui coa seguinte inscrición: “DEO/MER(curio)//FRO(nto)/EX V(oto) P(osuit)”

PictographRiver Altitude 595 ft
Photo ofZona da Granxa Photo ofZona da Granxa Photo ofZona da Granxa

Zona da Granxa

PictographMonument Altitude 604 ft
Photo ofMuíño da Pontiña Photo ofMuíño da Pontiña Photo ofMuíño da Pontiña

Muíño da Pontiña

Conxunto de 4 muíños de canle propiedade dos veciños de Marzán. O muíño da imaxe segue sendo empregado para moer na actualidade.

PictographRiver Altitude 625 ft
Photo ofLavadeiro

Lavadeiro

PictographRiver Altitude 656 ft
Photo ofRegato de Valdarca

Regato de Valdarca

PictographIntersection Altitude 657 ft
Photo ofCamiño orixinal Photo ofCamiño orixinal

Camiño orixinal

Na imaxe aprézase un regato que en realidade é o camiño orixinal. Dadas as fortes choivas dos meses de decembro de 2022 e xaneiro de 2023, o camiño quedou cuberto de auga, motivo polo cal esta ruta transcorre por un camiño alternativo.

PictographFlora Altitude 673 ft
Photo ofCarballeira Photo ofCarballeira

Carballeira

PictographRiver Altitude 852 ft
Photo ofFonte Photo ofFonte

Fonte

PictographPark Altitude 989 ft
Photo ofÁrea recreativa A cruz da Portela Photo ofÁrea recreativa A cruz da Portela Photo ofÁrea recreativa A cruz da Portela

Área recreativa A cruz da Portela

Na zona da Cruz da Portela ábrese un espazo de lecer arborado con bancos e mesas de pedra e cunha zona de miradoiro a modo de balcón ao Atlántico no que se sitúa unha cruz feita en pedra. Desde este punto pódese observar a rochosa e rectilínea franxa costeira do Rosal.

A Cruz da Portela é un punto privilexiado para contemplar o solpor. Un lugar onde sentir a brisa do mar e escoitar o son da ondada mentres o sol se somerxe no Atlántico.

PictographPanorama Altitude 924 ft
Photo ofCamiño de Portecelo

Camiño de Portecelo

O descenso cara a Portecelo faise polo antigo camiño de Portecelo, lugar polo que ían as persoas antigamente para chegar desde Portecelo a outras zonas do Rosal e viceversa e polo que se acarrexaba o argazo desde a costa ata outros lugares.

Ao longo deste camiño pódense disfrutar das vistas que ofrece a costa do Rosal.

PictographPark Altitude 377 ft
Photo ofExplanada do Horizone Photo ofExplanada do Horizone Photo ofExplanada do Horizone

Explanada do Horizone

A Explanada do Horizonte é unha área de esparexemento localizada á beira do Océano Atlántico. Conta con numerosos bancos e mesas, así como columpios e outros entretementos para pequenos e maiores. É unha zona privilexiada para desfrutar dos fermosos solpores sobre o mar.

A finais do ano 2020 remataron as obras de reforma integral e mellora paisaxística desta zona así como do acondicionamento do tramo do Camiño de Santiago pola costa que pasa polo municipio do Rosal. O proxecto da arquitecta rosaleira María Fandiño levou numerosos premios a nivel nacional e internacional.

PictographPanorama Altitude 374 ft
Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica

Panorámica

Desde a Explanada do Horizonte pódese observar a costa e os montes de Oia, O Rosal e a Guarda.

PictographCar park Altitude 618 ft

Parquing

Comments

    You can or this trail