Activity

Ruta 'Panorámicas de Samos'

Download

Trail photos

Photo ofRuta 'Panorámicas de Samos' Photo ofRuta 'Panorámicas de Samos' Photo ofRuta 'Panorámicas de Samos'

Author

Trail stats

Distance
2.45 mi
Elevation gain
528 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
528 ft
Max elevation
2,260 ft
TrailRank 
28
Min elevation
1,739 ft
Trail type
Loop
Moving time
51 minutes
Time
56 minutes
Coordinates
693
Uploaded
January 1, 2022
Recorded
January 2022
Share

near Samos, Galicia (España)

Viewed 322 times, downloaded 2 times

Trail photos

Photo ofRuta 'Panorámicas de Samos' Photo ofRuta 'Panorámicas de Samos' Photo ofRuta 'Panorámicas de Samos'

Itinerary description

Saímos da praza do Concello e dirixímonos a facer unha ruta que subirá ao monte para logo baixar facendo un percorrido circular e tomando sempre o pobo de Samos como referencia: teremos diferentes panorámicas do mesmo e propoñémosche que as compartas aquí.

Case todo o camiño é por terra salvo un tramo que é polo arcén da estrada de Lóuzara que aínda que non é moi transitada hai que ter coidado sobre todo se se nos bota a noite encima, é importante levar un brazalete reflectante se fora o caso.

A ruta pasa por soutos que e bosque que a natureza foi facendo pouco a pouco nun camiño no que se vei a pegada do home, ou mellor dito das máquinas do home, pero coma sempre a natureza é sabia.

Tras dun primeiro tramo en costa ascendente que nos pode costar se non estamos afeitos a andar chegamos a un tramo onde iremos por terreo plano para comezar a descender, estamos facendo o último tramo do Camiño de Santiago á súa chegada a Samos que atravesa o barrio de Outeiro ata volver a chegar á praza do pobo.

IMPORTANTE: en inverno trae botas, hai camiño con auga! A ruta non está sinalizada, tes que seguir a aplicación.

-LEMBRA-
- Antes e saír mira que non te atopes mal ou que pensas que o vas pasar mal, esto non é batir récords, é gozar e non condicionar a ninguén.
- RESPECTA A NATUREZA: non fagas ruído, non deixes lixo, nin televes nada: nin unha rama xa que teñen a súa función sempre.
- RESPETA A PROPIEDADE PRIVADA: non podes abandonar os camiños, lembra que a túa liberdade pasa por respectar os espazos dos demáis.
- LEVA SEMPRE: auga, algo de comida, o móbil cargado, protección para o frío ou a choiva e a calor, un mínimo botiquín, unha bolsa para recoller o teu lixo e o dos demáis, ... e se a ruta é longa unha muda de roupa e unha manta térmica.

Waypoints

PictographPanorama Altitude 1,722 ft
Photo ofPanorámica

Panorámica

Saída da praza do Concello xusto a carón do Mosteiro de Samos, este primeiro tramo farémolo subindo polo barrio do Fontao ata coller un camiño cheo de soutos.

PictographMonument Altitude 1,837 ft
Photo ofMonumento

Monumento

A pegada da cultura tradicional lembra ás nosas nais e avoas cando ían ao lavadoiro no inverno a lavar e tender a roupa de toda a familia. Estes lavadoiros conformaban un acto social de raigame que favorecía indudablemente a comunicación entre as familias. No verán en Samos a maior parte das nais lavaban no río axeonlladas noutros lavadoiros de madeira.

PictographPanorama Altitude 2,047 ft
Photo ofPanorámica

Panorámica

O firme de terra é moi agradable de camiñar pero ollo!!! tomarse con calma, as subidas son pronunciadas!!!

PictographIntersection Altitude 2,264 ft
Photo ofIntersección

Intersección

No monte é moi fácil perderse polo que é ben levar o GPS ou a App nun móbil con ben de batería. Nesta intersección verás un dos moitos regatos que hai pola zona, que todos se calen! afina o oído e escoita as augas manar nos prados da contorna.

PictographRisk Altitude 2,244 ft
Photo ofRiesgo

Riesgo

Cando chegamos aos Muíños iremos un anaco ata a seguinte intersección polo arcén que en case todo o tramo é bastante xeneroso. Lembra circular adecuadamente segundo o código de circulación e moi atentos/as. Esta estrada de Lóuzara é moi pouco frecuentada pero hai que ter sempre coidado.

PictographIntersection Altitude 2,001 ft
Photo ofIntersección

Intersección

Neste punto abandonamos a estrada de Lóuzara para coller o Camiño Francés de Santiago que nos levará a Samos.

PictographMountain hut Altitude 1,880 ft
Photo ofRefugio

Refugio

Pasarás polas Casas de Outeiro un complexo de turismo rural no que te poderás aloxar e que conforman parte do barrio de Outeiro un compendio de casas tradicionais que aínda que restauradas moitas delas, aínda manteñen a esencia das familias que viviron aquí hai tantos anos.

Comments

    You can or this trail