Ruta Máxica de Oia. Variante Circular Oia-Pedornes
near Oia, Galicia (España)
Viewed 3570 times, downloaded 85 times
Trail photos
Itinerary description
Nesta variante facemos unha proposta circular que parte do aparcadoiro sinalizado en Oia (estrada Oia-Baiona, a man dereita indo dende Oia, mais o cartel está a esquerda), que permite desfrutar de estupendas vistas e un patrimonio natural e cultural digno de ser coñecido, no que queremos salientar os petróglifos de Auga dos Cebros, o único atopado ata agora en Galicia que representa un barco.
Aconsellamos levar auga e lembrade que ao rematar podedes achegarvos ao Porto de Oia para desfrutar das vistas do Mosteiro nunha terraciña mentres lle tomades algo -consumo local, non?-.
Dende Buguina organizamos rutas interpretadas. En verán de 2015 temos previstas 3 saídas, os horarios serán función do que marque o sol, pois o comezo será antes de que se poña e así ver de noite os petróglifos que non son fácilmente visibles con luz solar.
Waypoints
Panel Ruta Máxica de Oia. Sinalización A Pedreira
Panel Ruta Máxica de Oia. Sinalización A Pedreira
Desvío a A Pedreira (petroglifos)
Desvío a A Pedreira (petroglifos)
A Pedreira. Petróglifos. Panorámica de Oia. Panel informativo
A Pedreira. Petróglifos. Panorámica de Oia. Panel informativo. Excepcional punto para tirar fotogafías da localidade de Oia dende o alto. De entre os petróglifos salientamos a combinación de cazoletas unidas entre si nunha rocha inclinada, que segundo algunhas hipóteses poderían ter sido usadas para separar algún tipo de metais. Aconsellamos botar unha ollada ao blog de Gustavo Pascual http://masquepetroglifos.blogspot.com.es/
Desvío a A Pousadela-Outeiros do Morouzo.
Desvío a A Pousadela-Outeiros do Morouzo.
Panel informativo A Pousadela (Parroquia de Pedornes)
Panel informativo A Pousadela (Parroquia de Pedornes)
Intersección Outeiros do Morouzo e igrexa de Pedornes
Intersección Outeiros do Morouzo e igrexa de Pedornes
Panel informativo Outeiros do Morouzo.
Panel informativo Outeiros do Morouzo.
Pedra do Cazador. Outeiros do Morouzo (parroquia de Pedornes)
Pedra do Cazador. Outeiros do Morouzo (parroquia de Pedornes). Outro conxunto fantástico de petróglifos, na que combinan homes a cabalo con figuras de cervos.
Panel informativo II de Outeiro dos Morouzos.
Panel informativo II de Outeiro dos Morouzos.
Desvío A Xestosiña. Desvío Auga dos Cebros. Desvío O Viveiro
Esta é unha intersección entre 3 camiños, vimos do Viveiro, imos cara A Xestosiña, logo imos voltar polo mesmo camiño ata este punto para ir cara Auga dos Cebros e dende alí voltar de novo para ir cara á Xestosiña, así que nas indicacións o sinalizamos 3 veces.
Desvío a A Xestosiña e desvío a Auga dos Cebros. Dirección Xestosiña.
Desvío a A Xestosiña e desvío a Auga dos Cebros. Dirección Xestosiña.
Panel informativo A Xestosiña (Alto do Visiño. Pedornes).
Panel informativo A Xestosiña (Alto do Visiño. Pedornes).
Desvío Auga dos Cebros (Figueirido). Desvío A Xestosiña. Desvío O Viveiro.
Desvío Auga dos Cebros (Figueirido). Desvío A Xestosiña. Desvío O Viveiro.
Petróglifos de Auga dos Cebros.
Petróglifos de Auga dos Cebros. Conxunto único pola presenza dos únicos petróglifos de embarcacións en Galicia. Hai un que é moi doado de ver, os outros non tanto. Trátase dunha embarcación de tipo fenicio, moi axustada a outros modelos e representacións (como cerámica atopada no Tesouro de Carambolo), o que lle da un caracter excepcional a este espazo. Evidencia a presenza dun comercio fenicio na época, pois só así se pode explicar un petróglifo que se axuste tan ben a este tipo de embarcacións. Algunhas hipóteses barallan que se explique polo avistamento destas embarcacións na costa ou mesmo que algún mariñeiro/comerciante de orixe fenicio ficase a morar nestas costas oienses.
Desvío O Viveiro. Desvío A Xestosiña. Desvío Auga dos Cebros.
Desvío O Viveiro. Desvío A Xestosiña. Desvío Auga dos Cebros.
Panel informativo O Viveiro. Parroquia de Pedornes.
Panel informativo O Viveiro. Parroquia de Pedornes.
Desvío A Pedreira.
Desvío A Pedreira.
Desvío A Pedreira. Desvío a Punto de Partida.
Desvío A Pedreira. Desvío a Punto de Partida.
Comments (4)
You can add a comment or review this trail
Variante moi interesante por ser circular e os petróglifos son únicos!
I have followed this trail View more
Information
Easy to follow
Scenery
Easy
Se trata de la alternativa light de a ruta máxica de oia. El paseo es ancho, ruta familiar, y el recorrido muy corto para quienes están acostumbrados a andar. Lo que hace es dar la vuelta en medio de la ruta, de ahí que sólo sean 7 kilómetros.
Si es para dar un paseo pequeño o familiar está bien, si no, se quedará corto.
La mayor parte del recorrido no es arbolada, por lo que gorra para evitar el sol es recomendable. No es recomendable en días calurosos de verano.
Moi bonita e sinxela, vistas estupendas!
I have followed this trail verified View more
Information
Easy to follow
Scenery
Easy
Moi bonita e sinxela, vistas estupendas!!