Activity

Ruta dos tres ríos 11/12/2016 CDF

Download

Trail photos

Photo ofRuta dos tres ríos 11/12/2016 CDF

Author

Trail stats

Distance
13.66 mi
Elevation gain
1,647 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,969 ft
Max elevation
805 ft
TrailRank 
24
Min elevation
345 ft
Trail type
One Way
Time
7 hours 25 minutes
Coordinates
2011
Uploaded
November 28, 2017
Recorded
December 2016
Be the first to clap
Share

near Touro, Galicia (España)

Viewed 83 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofRuta dos tres ríos 11/12/2016 CDF

Itinerary description

RUTA DOS TRES RÍOS E DA RIBEIRA DO ULLA
11 de Decembro de 2016

guías: Matilde / Maví
Percorrido: 21 km

Saímos da área recreativa de Santaia e atopamos o primeiro río, o Lañas. Camiñamos pola súa beira rodead@s de ameneiros, salgueiros, freixos, bidueiros. Ao pouco temos os Muíños restaurados da Carballa. Avanzamos un anaco e cruzamos unha estrada con moito tino. Baixamos despois uns tramos de escaleiras para descubrir a espectacular fervenza chamada O Salto das Pombas (ata o nome é bonito). Máis adiante desviámonos por primeira vez do río, para subir unha pequena costa, continuar un pouco polo monte, e ver ao lonxe aldeas de S. Tirso de Cornado. Pero deseguido volvemos a un río, neste caso é o Beseño, que se unirá ao Lañas un pouco máis abaixo. Seguimos de novo a carón deste último (o Lañas) ata toparmos co río Ulla. Cruzamos outra estrada na Ponte Basebe, que une as provincias da Coruña e Pontevedra. A vexetación que vemos agora ao lado do Ulla é aínda máis variada. Ademais da típica de ribeira, temos moitas carballeiras, abeleiras, e sobreiras. O seguinte punto de interese é a Fervenza do Inferniño, hai que desviarse uns 100 m para vela. Despois deste desvío se prestades atención podedes ver unha ouriceira, e máis adiante nunha zona chá outras cinco case xuntas. Seguimos andando e pasamos por diante dunha casa en ruínas “no medio da nada”. Logo camiñamos por unha corredoira moi profunda e moi bonita, que nos leva a uns muíños abandonados. Temos a continuación unha baixada que vai dar a un pequeno meandro no que se remansan as augas do Ulla (O Pozo do Pego). E rematamos na igrexa de Ribeira, parroquia do concello de Touro.

Comments

    You can or this trail