Activity

Ruta do Río Ouro. (Dende a igrexa)

Download

Trail photos

Photo ofRuta do Río Ouro. (Dende a igrexa) Photo ofRuta do Río Ouro. (Dende a igrexa) Photo ofRuta do Río Ouro. (Dende a igrexa)

Author

Trail stats

Distance
5.21 mi
Elevation gain
367 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
367 ft
Max elevation
103 ft
TrailRank 
37
Min elevation
-14 ft
Trail type
Loop
Moving time
one hour 58 minutes
Time
2 hours 41 minutes
Coordinates
1472
Uploaded
October 10, 2023
Recorded
October 2023
Share

near Villarmea, Galicia (España)

Viewed 18 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofRuta do Río Ouro. (Dende a igrexa) Photo ofRuta do Río Ouro. (Dende a igrexa) Photo ofRuta do Río Ouro. (Dende a igrexa)

Itinerary description

Partindo da igrexa parroquial esta fermosa e fácil ruta é ideal para días de moita calor xa que vai toda ela á sombra e á frescura do río Ouro do que apenas se separa.
Veremos no percorrido o entorno da igrexa coa fermosa fonte de S. Campio, o petroglifo de S. Marcos, a Ponte Vella que dá nome a tan fermoso barrio...veremos a Fonte de Fernandete da que hoxe pouco manaba debido á escaseza de chuvia que estamos a ter e que tamén se notaba no río e na Presa de Posada.
Poderemos abandonar a ruta en dous puntos diferentes nos que hai pontes que comunican coa estrada moi próxima.
Eu despois de ir ata a presa, abandonei a ruta na última ponte porque vin un sinal para sendeiristas e ciclistas. Accedín á estrada ao pé de onde está o Pazo de Fontao e algo máis adiante, volvín ao pé do río seguindo outros sinais. Menos mal que eu, despois de longa experiencia en sendeirismo, sempre levo pantalón largo e botas pois pasei un tramo totalmente descuidado entre grandes felgos, silvas...mellor ir outro pouco pola estrada e pillar de novo a ruta na seguinte ponte que está moi cerca ou ben volver polo mesmo lugar que na ida.
A ruta vale moito a pena, veremos moitas árbores autóctonas e o percorrido despois de pasar unha pequena Central Eléctrica abandonada para min é o máis fermoso e o entorno da presa de Posada é algo máxico.

View more external

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 29 ft
Photo ofIgrexa parroquial de Santiago de Fazouro

Igrexa parroquial de Santiago de Fazouro

Esta igrexa é do ano 1750 e foi construida sobre outra anterior da que só se conserva a porta principal. Esta nova igrexa ten só unha nave con sacristía a tres augas e capela maior a catro.

PictographWaypoint Altitude 5 ft
Photo ofPetroglifo

Petroglifo

A finais dos anos 50 do pasado século, esta pedra foi o xoguete dalgúns dos nenos do barrio de A Ponte Vella, os cales se dedicaban a empurrala dándolle voltas pola costa abaixo do camiño coma se dunha pelota se tratase, pero a pesar de dar tantas voltas, tal obra volveu, non se sabe como, a parar ao lugar onde sempre estivo colocada. Ten grabado nun lado un Cristo, noutro unha figura que din que é o apóstolo S. Marcos e noutro lado, un peregrino. Ninguén sabe do século que pode ser, os veciños contan que supera os 100 anos de antigüidade.

PictographWaypoint Altitude 6 ft
Photo ofA Ponte Vella

A Ponte Vella

A Ponte Vella actual sustitúe a outra antiga que había e era de madeira. Cando esta podreceu e ata que fixeron a nova, un veciño do lugar , Ramón Martínez, o Caminero, dispuña dunha pequena gabarra coa que cruzaba o río levando xente. O nome precisamente de Ponte Vella vén de cando esa ponte era de madeira e era vella.

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofCartel de inicio de ruta

Cartel de inicio de ruta

PictographWaypoint Altitude 173 ft
Photo ofÁrea recreativa

Área recreativa

Ao pé deste inicio de ruta hai unha pequena área recreativa que conta tamén cun pequeno parque infantil.

PictographWaypoint Altitude 32 ft
Photo ofFonte de Fernandete

Fonte de Fernandete

PictographWaypoint Altitude 2 ft
Photo ofAntiga Central Hidroeléctrica

Antiga Central Hidroeléctrica

PictographWaypoint Altitude 21 ft
Photo ofCanle

Canle

PictographWaypoint Altitude 39 ft
Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 52 ft
Photo ofBosque

Bosque

PictographWaypoint Altitude 87 ft
Photo ofPresa de Posada

Presa de Posada

Tamén chamada de Pena Ruxida servía para suministrar auga á Planta de Luz de Posada.

PictographWaypoint Altitude 43 ft
Photo ofPonte

Ponte

Dá acceso directo á estrada LU-125 (Fazouro-Ferreira)

PictographWaypoint Altitude 49 ft
Photo ofEstrada

Estrada

PictographWaypoint Altitude 88 ft
Photo ofPazo de Fontao

Pazo de Fontao

As orixes deste lugar remóntanse ao S. XVI aínda que a parte máis importante da casa é do S. XVIII. Actualmente, o VIII Conde de Fontao é D. José Manuel Romero Moreno que pasa longas temporadas neste pazo que mantén sempre moi ben coidado. Hai que dicir que xa estamos na parroquia limítrofe de Santa Cilla a onde pertence o pazo.

PictographWaypoint Altitude 58 ft
Photo ofDereita.

Dereita.

Mellor seguir pola estrada uns metros máis e enlazar coa ruta na ponte seguinte

PictographWaypoint Altitude 39 ft
Photo ofO Cristo

O Cristo

Este edifcio foi construido no S. XVIII por José Fernández Pedrosa e restaurado polo deu descendente Ramón Posada Fernández no 1950.

Comments

    You can or this trail