Ruta do río Grañal (Tarreirigo-Os Gozos). Esgos e Pereiro de Aguiar.
near Esgos, Galicia (España)
Viewed 152 times, downloaded 3 times
Trail photos
Itinerary description
Camiñada seguindo o río Grañal, un afluente do Loña, por termos municipais de Esgos, Paderne e Pereiro. Feita guiándose por esta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/ruta-lineal-del-rio-granal-os-gozos-area-recreativa-de-tarreirigo-ourense-97561251#comment_2441732
O percorrido integra dúas rutas sinalizadas e limpas; unha en Esgos e outra (de recente trazado) no Pereiro. Non empatan unha coa outra pero o treito que falta é curto e faise doadamente. (Hai uns puntos verdes marcados nas árbores que facilitan a orientación neste anaco e o sentido natural leva a achegarse cara o río, onde xa se coincide co seguinte trazado. En todo caso, o GPS pode axudar).
En xeral o percorrido vai por bosque de ribeira renaturalizado ao quedar abandonadas as fincas que nalgún tempo producían riqueza e mantiñan o país. Poden verse ruínas de moitos muíños tradicionais, pontellas, poldras... Tamén se pasa por algunhas aldeas e casaríos de moi boa factura, o que indica que esta zona foi rica nalgún tempo (hoxe mantense algo poboada grazas á proximidade á capital e polígonos empresariais).
Feita en sentido descendente é especialmente doada pero subindo tampouco é dura. Cómpre transporte para facela lineal pero é ben doado con dous coches. Hai lugar onde estacionar en ambos estremos.
Como queda dito, as rutas oficiais están moi limpas. O treito de unión é transitable tamén sen dificultade en canto ao chan. Tan só hai un punto de certo risco, preto do fin da Ruta do Río Grañal (O Pereiro); en caso de moita auga no río hai que pasar por un treito pino. Nada que unha elemental precaución non faga posible, pero queda a criterio de cadaquén. Está marcado cun waypoint no track. Hai fontes nas aldeas.

Waypoints
Intersection
1,374 ft
Conexión con ruta (localización falsa)
O GPS sitúase no lado contrario do río, algo errado como se deduce doadamente.
You can add a comment or review this trail
Comments