Activity

Ruta do Pai Eterno. (Mergúllate en...) Viana do Bolo.

Download

Trail photos

Photo ofRuta do Pai Eterno. (Mergúllate en...) Viana do Bolo. Photo ofRuta do Pai Eterno. (Mergúllate en...) Viana do Bolo. Photo ofRuta do Pai Eterno. (Mergúllate en...) Viana do Bolo.

Author

Trail stats

Distance
6.03 mi
Elevation gain
1,263 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,263 ft
Max elevation
3,723 ft
TrailRank 
55
Min elevation
2,677 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 32 minutes
Time
3 hours 44 minutes
Coordinates
1804
Uploaded
October 1, 2023
Recorded
October 2023
Share

near Quintela de Humoso, Galicia (España)

Viewed 68 times, downloaded 6 times

Trail photos

Photo ofRuta do Pai Eterno. (Mergúllate en...) Viana do Bolo. Photo ofRuta do Pai Eterno. (Mergúllate en...) Viana do Bolo. Photo ofRuta do Pai Eterno. (Mergúllate en...) Viana do Bolo.

Itinerary description

Camiñada organizada por Surbia Natura dentro do programa "Mergúllate en Silbina" do GDR Sil-Bibei-Navea.
Neste caso é a Ruta do Pai Eterno (Quintela de Umoso, Viana do Bolo), polo santuario a carón do cal comeza/remata. É esta unha construción barroca na que destaca o sineiro de vertixinosa altura. Ao seu redor hai zona de lecer e esparexemento, ademais dunha vista magnífica sobre o canón do Bibei. Simetricamente, o sineiro é visible en toda a contorna sobresaíndo por enriba dos soutos e carballeiras. Destacar (negativamente) a persiana de alumninio que pecha a entrada principal de templo. Incríbel que se permitise colocar ese elemento nun monumento así! (Se fose un particular que quixese mudar unha fiestra a douscentos metros dunha igrexa calquera, había ter problema cos técnicos de Patrimonio. Aquí non están nin se espera por eles...)
A ruta, en fin, descorre por camiños veciñais tradicionais que van mormente á sombra de magníficos castiñeiros pluricentenarios. Nesta altura, ademais, están os soutos moi limpos para apañar as castañas xa a punto de caer. Só a parte alta é mais descuberta pero aínda así por treitos non moi longos.
Atravesa a aldea de Umoso, noutrora dominante polo poderoso "señorito" que aquí tiña o seu pazo rural. Actualmente está semirruinoso. Sorprende o arco, baixo o cal pasa o camiño, e que comunica a vivenda con construcións auxiliares coma o muíño propio. Ten unha magnífica capela.
No treito que vai ata a seguinte aldea, existe un desvío para visitar un estupendo exemplar de rebolo (ou carballo) que está á beira do mesmo río Bibei, polo que hai unha grande baixada para chegar ata el (e consecuente subida para retornar). Neste caso non fomos visitalo.
Tabazoa de Umoso é o seguinte núcleo. Aquí atopamos fermosos elementos da arquitectura tradicional mesturados con outros que non casan ben con eles. Destaca unha casa cun fermosos esgrafiados.
A outra aldea pola que pasa a ruta é Vilar de Goia. Esta é ben máis pequena pero é boniteira, rodeada por grandes exemplares de castiñeiros. Xa logo está o punto final de ruta.
É un percorrido doado aínda que ten un apreciable desnivel. Malia o que din os cartaces e esquemas da ruta, é preferible facela xirando á esquerda (sentido contrario aos punteiros do reloxo) para facer a subida máis puco a pouco. É unha ruta sinalizada e neste momento estaba moi limpa porque fora rozada para a ocasión. A ver se a segue mantendo así o Concello de Viana.
A actividade rematou cunha degustación de produtos locais na casa rural O Trancallo, na Mourisca. Un establecemento recomendable pola fermosa rehabilitación e adaptación dunha casa de labranza para uso hoteleiro. O xantar (pois iso foi realmente) estivo coidadosamente servido e os pratos, cada un un manxar... Os donos, persoas encantadoras, ensinan a casa, destacando a antiga cociña, moi ben consevada.

Waypoints

PictographCar park Altitude 2,949 ft
Photo ofComezo Photo ofComezo Photo ofComezo

Comezo

PictographTree Altitude 2,822 ft
Photo ofSouto Photo ofSouto Photo ofSouto

Souto

PictographPanorama Altitude 2,779 ft
Photo ofUmoso Photo ofUmoso Photo ofUmoso

Umoso

PictographMonument Altitude 2,749 ft
Photo ofPazo Photo ofPazo Photo ofPazo

Pazo

PictographTree Altitude 2,865 ft
Photo ofSouto Photo ofSouto Photo ofSouto

Souto

PictographRisk Altitude 3,227 ft
Photo ofEstrada (pequeno anaco) Photo ofEstrada (pequeno anaco)

Estrada (pequeno anaco)

PictographPavement ends Altitude 3,276 ft
Photo ofEsquerda Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographMonument Altitude 3,592 ft
Photo ofIgrexa de Tabazoa Photo ofIgrexa de Tabazoa Photo ofIgrexa de Tabazoa

Igrexa de Tabazoa

PictographPhoto Altitude 3,599 ft
Photo ofTabazoa Photo ofTabazoa Photo ofTabazoa

Tabazoa

PictographPanorama Altitude 3,606 ft
Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographPhoto Altitude 3,097 ft
Photo ofVilar de Goia Photo ofVilar de Goia Photo ofVilar de Goia

Vilar de Goia

Comments

    You can or this trail