Activity

Ruta do gourmet da auga

Download

Trail photos

Photo ofRuta do gourmet da auga Photo ofRuta do gourmet da auga Photo ofRuta do gourmet da auga

Author

Trail stats

Distance
3.12 mi
Elevation gain
604 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
604 ft
Max elevation
1,634 ft
TrailRank 
46 5
Min elevation
1,407 ft
Trail type
Loop
Time
one hour 35 minutes
Coordinates
459
Uploaded
March 16, 2017
Recorded
March 2017
  • Rating

  •   5 1 review
Be the first to clap
1 comment
Share

near Verín, Galicia (España)

Viewed 598 times, downloaded 7 times

Trail photos

Photo ofRuta do gourmet da auga Photo ofRuta do gourmet da auga Photo ofRuta do gourmet da auga

Itinerary description

Esta é unha ruta de sobra coñecida pola maioría da xente maior á que lle gusta pasear ao mesmo tempo que continúan a tradición milenaria do auguismo do val. Comezamos nos xardíns de Fontenova, lembranza hoxe do que antano foi un dos lugares con máis animación de Verín e que agora se intentan recuperar. O propio balneario de Fontenova levaba moitos anos en decadencia e pechado, aínda que hoxe xa se pode visitar sen problema, e probar as súas augas, suaves e agradables, ademais de ser moi lixeiras para o estómago. Non está de máis, levar unha cantimplora ou sequera un vasiño para beber comodamente. O edificio é de principios do século XX, e antigamente había sempre unha señorita que servía auga aos auguistas. Acto seguido, éstes ían co seu vasiño fóra, onde se acomodaban en calquera banco do xardín a beber a auga con tranquilidade, á sombra dunha árbore e, posiblemente, mantendo entretidas conversas co resto da xente.
Saínda do balneario, iremos ata o cruce doblaremos á dereita polo vello camiño de Sousas, o outro balneario desta parte do val. Hai que ter en conta que antigamente, entre Fontenova e Sousas o único que había eram charcas e brañas, cheas de ras e patiños, que lle daban vida ao eses paseos que os auguistas facían entre un balneario e outro.
Xusto antes de chegar ao balneario de Sousas, está o xa mítico e derradeiro hotel que daba servizo aos auguistas, triste lembranza do que foi Verín hai xa máis de cen anos, cheo de hoteles de categoría. É un edificio bonito, moi integrado no entorno, dunha soa altura, e que aínda hoxe conserva o encanto daqueles tempos sen perder calidade. Entre o hotel e o balneario de Sousas hai unha curiosidade: unha casiña de arquitectura do réxime franquista, anterior aos bloques de vivendas que se comezaron a facer xusto despois da campaña do ano 1956, e copiando a mesma estética que as vivendas dos traballadores do ferrocarril que ainda se poden ver en Campobecerros ou nas Vendas da Capela...
Ao chegar ao balneario de Sousas, cun nome posiblemente proveñente dun posessor romano chamado Souseno (unha ara testemuña a súa existencia), veremos á dereita un edificio vello pero austeiro: o vello almacén da pranta envasadora da auga..., e tamén un paseo axardiñado (hoxe con moito cemento para servir como parking á nova pranta) que antigamente estaba cuberto por unha bóveda-invernadoiro que chegaba xusto ata a porta do Quiosco onde está o nacente desta auga. Ao longo deste paseo cuberto había centos de cadeiras de mimbre onde a xente se sentaba a tomar a súa auga e conversar co resto dos auguistas. Tamén podían sentarse no parque, que continúa por detrás do quiosco. Esta construcción, unha das máis vellas dos balnearios, senón a que máis, de forma octogonal (como todos os edificios masónicos), antiguamente estaba aberto, pero hoxe está pechado con tabiques enlucidos de ladrillo, e xa existía a mediados do século XIX.
Unha vez que bebamos e nos refresquemos neste balneario (aconsello sentarse e relaxarse mentres se bebe...), cruzaremos a estrada que pasa a carón para comezar un camiño rural, a parte da ruta á que se lle pode chamar máis agreste..., aínda que non tanto. É un bonito paseo entre carballeiras e algúns prados, con muros moi ben feitos. A situación actual de abandono ven dada polo último incendio que por aquí pasou. Atravesando a pequena carballeira e seguindo polo camiño marcado chegaremos a un dos petróglifos máis senlleiros da comarca, o da Moreiriña, con catro gravados que semella catro fouces, e que xa deu a coñecer o noso investigador máis ilustre, Xesús Taboada Chivite. A poucos metros ao norte, pero xa nas lamas, hai outro petróglifo máis, moito máis sinxelo que o anterior, pero hai que desviarse un chisco do camiño. Seguindo este, sairemos ao chamado barrio da Cruz Vermella, onde temos a oportunidade de tomar algo nalgúns dos bares que dan servizo á gasolineira desta entrada a Verín. O cruce desta estrada non é perigoso, pero terémolo que facer con mil ollos, sobre todo se imos con nenos. Xa do outro lado, baixaremos polo paseo arborado cara o terceiro balneario desta ruta: A Fonte do Sapo.
O camiño, ao principio paralelo á estrada, logo curva á dereita para baixar cara o regato da Rasela. Seguindo este, toparémonos cunha curiosísima ponte de principios do século XX, feita con sillería de granito en varios arcos de pouco van. Dende a ponte xa vemos marcado, entre o bosque de ribeira, o camiño que nos irá levando a este lugar da Fonte do Sapo. É chamada así porque a súa auga, chea de sulfuros, cheira como a ovo choco, o que non desestima o seu consumo: pódese beber con total seguridade. Pero a súa función principal non é o consumo alimentario, posto que ten outras propiedades moi beneficiosas para a pel e os ollos. Se alguén ten unha ferida, ou queimadura, lavarse con esta auga obra miragres..., aínda que non o son, posto que se pode explicar científicamente a acción que as augas sulfurosas realizan en enfermidades cutáneas.
Como o lugar é moi apetecible, podemos estomballarnos na herba ou sentarnos en calquera banco a ver pasar a tarde en silencio, só roto polos paxaros do bosque circundante e os marmurios da auga da fonte ao caer, ademais do agradable pasar do regato de A Rasela, xusto a carón da nova construcción da Fonte. Cando nos fartemos da relaxación, daremos volta polo mesmo camiño polo que viñemos ata chegar á estrada, dende onde baixaremos paralelamente polo paseo habilitado para eso, costa abaixo, e coa panorámica da vila de Verín ao fondo, ata chegar ao primeiro paso de peóns, que nos achegará ao punto de partida, nos xardíns do balneario de Fontenova.

Waypoints

PictographPhoto Altitude 1,414 ft
Photo ofBalneario de Fontenova

Balneario de Fontenova

Balneario de Fontenova

PictographPhoto Altitude 1,453 ft
Photo ofFábrica vella de Fontenova

Fábrica vella de Fontenova

Fábrica vella de Fontenova

PictographPhoto Altitude 1,434 ft
Photo ofInterior balneario Fontenova Photo ofInterior balneario Fontenova Photo ofInterior balneario Fontenova

Interior balneario Fontenova

Interior balneario Fontenova

PictographPhoto Altitude 1,424 ft
Photo ofXardíns de Fontenova

Xardíns de Fontenova

Xardíns de Fontenova

PictographPhoto Altitude 1,460 ft
Photo ofHotel Dos Hermanas

Hotel Dos Hermanas

Hotel Dos Hermanas

Photo ofArquitectura do Réxime Franquista Photo ofArquitectura do Réxime Franquista

Arquitectura do Réxime Franquista

Arquitectura do Réxime Franquista

PictographPhoto Altitude 1,499 ft
Photo ofVella fábrica de Sousas

Vella fábrica de Sousas

Vella fábrica de Sousas

PictographPhoto Altitude 1,496 ft
Photo ofXardíns do balneario de Sousas

Xardíns do balneario de Sousas

Xardíns do balneario de Sousas

PictographFountain Altitude 1,509 ft
Photo ofQuiosco do balneario de Sousas

Quiosco do balneario de Sousas

Quiosco do balneario de Sousas

PictographFountain Altitude 1,476 ft
Photo ofBalneario de Sousas Photo ofBalneario de Sousas

Balneario de Sousas

Balneario de Sousas

PictographTree Altitude 1,568 ft
Photo ofCarballeira de Ábedes

Carballeira de Ábedes

Carballeira de Ábedes

Photo ofPenedo da Moreiriña (petróglifo tapado)

Penedo da Moreiriña (petróglifo tapado)

Penedo da Moreiriña (petróglifo tapado)

PictographBridge Altitude 1,549 ft
Photo ofPonte da Rasela (principios do XX)

Ponte da Rasela (principios do XX)

Ponte da Rasela (principios do XX)

PictographTree Altitude 1,575 ft
Photo ofBosque do Sapo

Bosque do Sapo

Bosque do Sapo

PictographPhoto Altitude 1,562 ft
Photo ofO Sapo

O Sapo

O Sapo

PictographFountain Altitude 1,572 ft
Photo ofFonte do Sapo

Fonte do Sapo

Fonte do Sapo

Comments  (1)

  • durgitxu Nov 25, 2018

    Moi boas as informacions dos balnearios e de todo percorrido en xeral.

You can or this trail