Activity

Ruta do Coto da Cruz. PR-G 174

Download

Trail photos

Photo ofRuta do Coto da Cruz. PR-G 174 Photo ofRuta do Coto da Cruz. PR-G 174 Photo ofRuta do Coto da Cruz. PR-G 174

Author

Trail stats

Distance
4.19 mi
Elevation gain
1,184 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,184 ft
Max elevation
1,677 ft
TrailRank 
57
Min elevation
693 ft
Trail type
Loop
Time
2 hours 25 minutes
Coordinates
615
Uploaded
August 6, 2020
Recorded
July 2020
Share

near Cevide, Viana do Castelo (Portugal)

Viewed 514 times, downloaded 20 times

Trail photos

Photo ofRuta do Coto da Cruz. PR-G 174 Photo ofRuta do Coto da Cruz. PR-G 174 Photo ofRuta do Coto da Cruz. PR-G 174

Itinerary description

Este roteiro pola parroquia do Freixo, no concello de Crecente, está homologado pola Federación Galega de Montaña como PR-G 174, de xeito que conta coa sinalización requerida. No cartel que hai ao inicio do sendeiro lemos:

“Na ruta do Coto da Cruz -parte do torreiro do Freixo, cara os lugares de Mollapán e Soutomaior por carreiros entre leiras de cultivo e viñedo- pódense observar cruceiros e numerosos exemplos de construcións catalogadas.

A partir do Lombo, a vexetación vólvese forestal, con piñeirais e eucaliptais en mestura íntima con carballos, castiñeiros, bidueiros, loureiros e acacias; e existen ademais numerosas zonas de carballeira e souto. Destaca a abundancia de sobreirais en todo o percorrido.

No Lombo tomamos unha desviación cara ao Cruceiro Quebrado, onde podemos ver a capela do Cristo dos Aflixidos e un cruceiro sobre rocha, e tras percorrer a zona da Sinada toparemos a Virxe do Camiño e o cruceiro de Santa Margarida, enclavados nunha carballeira centenaria nun contorno onde a comunidade de montes está realizando un proxecto de recuperación de especies forestais autóctonas.

Por pistas de terra chegaremos ao Coto da Cruz, cun miradoiro de vistas privilexiadas sobre o río Miño e as poblacións limítrofes. Seguiremos polo Busto ata o barrio da Granxa, onde segundo moitos investigadores xurdiu a resistencia do campesiñado galego contra a invasión francesa.

Tras atravesar leiras, moitas delas abandonadas e colonizadas polo arboredo, chegaremos ao muíño dos Tarendos, muíño hidráulico tradicional restaurado que pode ser visitado en funcionamento e que conserva un impresionante cubo vertical. Dende aquí vólvese ao punto de inicio.”

Como observación persoal, quero mencionar que unha parte da andaina transcorre por zona de monte sen moito interese e sobre isto di outro cartel:

“A vexetación do percorrido é un exemplo claro da ausencia de planificación forestal que deu lugar a masas mesturadas de eucalipto e piñeiro produto de antigas repoboacións en mestura con especies autóctonas. O piñeiro atópase nunha zona óptima para o seu crecemento, pero as masas de eucalipto presentan numerosos problemas fitosanitarios...”

“A comunidade de montes está realizando un grande esforzo pese a súa escasa capacidade económica, co fin de conseguir a ordenación dos seus terreos, mediante traballos de mellora das masas de piñeiro, cortas sanitarias en eucalipto e plantación de áreas degradadas con piñeiros e frondosas autóctonas.”

Sobre as construcións relixiosas atopamos a seguinte información:

- Capela dos Aflixidos ou ermida de O Cruceiro Crebado


“A súa localización destaca por ser punto onde se cruzaban distintas rutas do Camiño Real.

Presenta unha fachada con porta central de arco de medio punto e moldura plana e dúas xanelas laterais tamén de arco de medio punto con senllos petos con inscricións 'maíz' e 'azeite'; probablemente os veciños ofrecerían esmolas para pedir unha boa colleita. Sobre a porta ábrese un óculo cunha estrela lobulada de seis puntas. A espadana posúe un oco de medio punto e pináculos laterais con cuberta a dúas augas.

Lateralmente ten un cruceiro sobre base, fuste liso e cruz con talla de vulto redondo nas dúas caras.

Anualmente, chegado o primeiro domingo de xullo, gran número de romeus de toda a comarca dáse cita nesta ermida para asistir a unha gran romaría coñecida coma a do Cristo dos Aflixidos e, depois dos actos litúrxicos, finaliza cunha comida campestre nesta ampla área recreativa que rodea a capela.”


-Ermida da Virxe do Camiño

“Situada no alto dun monte pertencente a parroquia do Freixo, é de estilo románico tardío en transición ao gótico e está formada por unha nave sen presbiterio diferenciado e un pequeno soportal cadrado. Enmarcada a súa construción no século XIV, foi restaurada no ano 1763 e presenta un engadido do ano 1916.

A imaxe da Virxe do Camiño que aquí se venera é románica, policromada e forrada de prata e conta a tradición que apareceu no ano 1487 sobre unha viga de madeira que se atopa na parte superior do presbiterio.

A localización desta ermida é significativa por encuadrarse nunha antiga ruta do Camiño de Santiago e é lugar de peregrinación dos veciños das distintas parroquias, principalmente o 15 de agosto, día da festa principal, compartindo coa Nosa Señora de Fátima de Crecente o 13 de maio e san Paio en Albeos o 26 de xuño unha das maiores manifestacións de fevor relixioso de toda a comarca.

Outra tradición relacionada coa seca conta que cando ésta era moita, se facía unha procesión cos santos de todas as parroquias ata esta ermida en plena canícula de agosto.”

View more external

Waypoints

PictographPhoto Altitude 1,123 ft
Photo ofA Granxa Photo ofA Granxa

A Granxa

Barrio na parroquia de O Freixo, Crecente.

PictographPark Altitude 1,627 ft
Photo ofArea lecer 1 Photo ofArea lecer 1

Area lecer 1

Área recreativa na contorna da capela da Virxe do Camiño.

PictographPark Altitude 1,139 ft
Photo ofArea lecer 2

Area lecer 2

Área recreativa na contorna da capela do Cristo dos Aflixidos.

PictographPhoto Altitude 1,340 ft
Photo ofCamiño 1

Camiño 1

Camiño na parte alta de A Granxa.

PictographPhoto Altitude 1,609 ft
Photo ofCamiño 2

Camiño 2

Camiño entre o Coto da Cruz e a capela da Virxe dos Aflixidos.

PictographReligious site Altitude 1,137 ft
Photo ofCapela Cristo Aflixidos Photo ofCapela Cristo Aflixidos

Capela Cristo Aflixidos

Tamén chamada ermida do Cruceiro Crebado. Está nun punto onde se cruzaban varias rutas do Camiño Real.

PictographReligious site Altitude 1,619 ft
Photo ofCapela Virxe Camiño Photo ofCapela Virxe Camiño Photo ofCapela Virxe Camiño

Capela Virxe Camiño

Ermida en estilo románico tardío.

PictographTree Altitude 1,323 ft
Photo ofCarballeira

Carballeira

Bosque de carballos por debaixo da capela da Virxe do Camiño.

PictographWaypoint Altitude 701 ft
Photo ofComezo Coto Cruz Photo ofComezo Coto Cruz

Comezo Coto Cruz

Punto de inicio no adro ou praciña do Feixo.

PictographPanorama Altitude 1,611 ft
Photo ofCoto da Cruz Photo ofCoto da Cruz Photo ofCoto da Cruz

Coto da Cruz

Miradoiro por riba do encoro de Frieira. Vistas sobre o val do Miño o terras portuguesas.

PictographReligious site Altitude 1,123 ft
Photo ofCruceiro Cristo Aflixidos Photo ofCruceiro Cristo Aflixidos

Cruceiro Cristo Aflixidos

Cruceiro que se atopa na contorna da capela do Cristo dos Aflixidos.

PictographFountain Altitude 1,104 ft
Photo ofFonte A Granxa

Fonte A Granxa

Fonte de auga potable no barrio de A Granxa.

PictographFountain Altitude 1,142 ft
Photo ofFonte Aflixidos

Fonte Aflixidos

Fonte de auga potable na área de lecer do Cristo dos Aflixidos.

PictographMonument Altitude 933 ft
Photo ofMuiño Tarendos Photo ofMuiño Tarendos

Muiño Tarendos

Muíño hidráulico de tipoloxía de cubo.

PictographPanorama Altitude 818 ft
Photo ofVistas Photo ofVistas

Vistas

Vistas sobre o val do río Miño desde A Granxa.

Comments

    You can or this trail