RUTA DA GEIRA E DOS ARRIEIROS EN TEO
near Montouto, Galicia (España)
Viewed 1506 times, downloaded 40 times
Trail photos
Itinerary description
Treito do Camiño xacobeo da "Geira e dos Arrieiros" ó seu paso polo Concello de Teo entre a vila de Pontevea e o linde co termo municipal de Santiago de Compostela. Senda recuperada a iniciativa da Asociación Cultural Codeseda Viva da Estrada e da Concellaría de Cultura do Concello de Teo. Ruta xacobea recoñecida polo Cabido catedralicio o que permite a obtención da "Compostela", a credencial ou acreditación do Peregrino.
O camiño atravesa de S a N o termo municipal teense e discorre polos sitios e lugares que testemuñan as fontes documentais. No Medievo dan conta do paso dos peregrinos dende a ponte de Pontevea, que salvaba ó Ulla e daba entrada ás terras de Compostela, á ermida de San Sadurniño no Montem Altum (Montouto). Cómpre destacar o paso polas igrexas de orixe Medieval de S. Cristovo de Reis (con importantes vestixios románicos) e San Simón de Ons de Cacheiras e pola urbanización de San Sadurniño onde houbo unha ermida, xa desaparecida, que cristianizaba o "humilliatorium" de entrada a Santiago de Compostela no punto onde os peregrinos albiscaban por primeira vez as torres da catedral. As advocacións de San Cristovo (santo padroeiro dos peregrinos) e San Sadurniño reflicten tamén esa conexión coa vía xacobea que tiña entrada na cidade apostólica pola Pontepedriña, que franqueaba o Sar, e a Porta da Mámoa ou de "Sussanis".
Con posterioridade documentos do s. XVII ó s.XX testemuñan o paso dos arrieiros polos sitios do Cruceiro (actual Pontevea), Chadorrío, A Florida, A Ponte Nova, A Lagoa (Ramallosa), etc.
Un camiño histórico que atravesa espazos naturais como a fraga de Sestelo e transcorre a rentes de numerosos bens culturais (Ponte Medieval de Pontevea, Igrexa Románica de Reis, Fonte da Florida, A Ponte Nova de Rarís, Igrexa e viacrucis de San Simón de Cacheiras, Castro de Sebe, Petróglifo da Pedra Estivada, Mámoa de Montouto) e etnolóxicos (Cruceiros como da Florida, o Calvario e A Igrexa en Cacheiras, Fontes e lavadoiros, Muíños do Sestelo e Chaodorrío, Palco da Música do Calvario, etc).
Documentación de Arquivo:
Documento do Tumbo C, fol.265 r-v (Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago)
Documento do Tumbo A, doc. 67, p. 189 (Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago)
Serie: Solicitudes de sobravantes de vía pública (1940-1950). AMT. Sig. 24
Bibliografía:
HOYO, J. "Memorias del arzobispo de Santiago" (1607). USC, 2016 (Capela de San Sadurniño, p. 198)

Waypoints
Waypoint
220 ft
Acequia / levada de regadío
Waypoint
528 ft
Aldea da Pedra
Waypoint
757 ft
Aldea de Pedrouso
Waypoint
693 ft
Aldea do Sisto
Waypoint
614 ft
Campo de Fútbol da Cañoteira
Waypoint
466 ft
Canal da presa
Waypoint
994 ft
Carballeira pequena
Waypoint
997 ft
Carballo centenario
Waypoint
225 ft
Casal do Calvario
Waypoint
587 ft
Casal dos Carballo
Waypoint
659 ft
Cruceiro da Igrexa de Cacheiras
Waypoint
517 ft
Cuberto tradicional
Waypoint
396 ft
Desvio
Waypoint
538 ft
Emparrado tradicional
Waypoint
660 ft
Escola antiga de Cacheiras
Waypoint
849 ft
Fin Camiño Xacobeo - Arrieiros
Waypoint
102 ft
Fonte ornamental de Pontevea
Waypoint
106 ft
Grupo escolar Franco Centro de saude e escola infantil do CRA TEO
Waypoint
302 ft
Lavadoiro de Casal de Reis
Waypoint
202 ft
Lavadoiro de Chaodorío
Waypoint
478 ft
Loureiros
Waypoint
942 ft
Mina de agua
Waypoint
232 ft
Panorámica do Igrexario de Reis2
Waypoint
329 ft
Pequena Carballeira
Waypoint
1,035 ft
Petróglifo da Pedra Estivada de Montouto
Cazoletas e cruciformes. Probablemente testemuña o paso dos peregrinos cara a Capela de San Sadurniño
Waypoint
549 ft
Picadeiro de cabalos
Waypoint
597 ft
Pombal da Casa dos Carballo
Waypoint
232 ft
Pombal do Casal do Calvario
Waypoint
98 ft
Ponte do río Santa Lucía
You can add a comment or review this trail
Comments