Activity

Ruta da Escuadra, porta do Alén e cruz do Seixo (serra do Cando)

Download

Trail photos

Photo ofRuta da Escuadra, porta do Alén e cruz do Seixo (serra do Cando) Photo ofRuta da Escuadra, porta do Alén e cruz do Seixo (serra do Cando) Photo ofRuta da Escuadra, porta do Alén e cruz do Seixo (serra do Cando)

Author

Trail stats

Distance
12.12 mi
Elevation gain
2,211 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,211 ft
Max elevation
3,210 ft
TrailRank 
64 4.3
Min elevation
1,580 ft
Trail type
Loop
Time
6 hours 31 minutes
Coordinates
2784
Uploaded
January 22, 2018
Recorded
December 2017
  • Rating

  •   4.3 1 review

near Covelo, Galicia (España)

Viewed 2156 times, downloaded 78 times

Trail photos

Photo ofRuta da Escuadra, porta do Alén e cruz do Seixo (serra do Cando) Photo ofRuta da Escuadra, porta do Alén e cruz do Seixo (serra do Cando) Photo ofRuta da Escuadra, porta do Alén e cruz do Seixo (serra do Cando)

Itinerary description

Dende o inicio da ruta, no Peso, até a área recreativa de santa Mariña, a ruta é a do roteiro da Escuadra (PR-G 135), cunha desviación na que pasamos polo final do parque eólico do Cando dende o que accedemos ao miradoiro das Tres Rías. Completamos a ruta pasando pola ermida de santa Mariña e seguindo até a cruz do Seixo, pasando polo Marco do Vento e a Pedra do Alén.
Saímos do lugar do Peso, onde se dispón de bo espazo para deixar o coche, e comezamos atravesando unha “cancela” que os veciños teñen pechada para o gando. Como nos comentou un veciño que vive alí mesmo, seguen a agardar pola instalación dun paso canadense, mais non confían en que llo prometan até a próxima campaña electoral para as municipais (estamos, por certo, no Concello da Lama).
Ao coincidir coa ruta da Escuadra, este treito está sinalizado. O camiño vai ascendendo e ao pouco está xa pisamos camiño empedrado. O desnivel total da ruta non é pequeno, pero a subida vai sendo ben tendida, levadeira. Cando remata o camiño empedrado subimos entre terreo de pasto, moi cómodo, até saírmos a unha pista: é o cruzamento coa chamada ruta da Liberdade (2,7 km do inicio), denominada así por teren sido internos do centro penitenciario da Lama os encargados de abrir boa parte da ruta. Temos que cruzar a pista de fronte e ir procurando, logo duns metros en liña recta, as marcas da ruta á nosa esquerda. Tamén podemos guiarnos pola vista, apréciase claramente por onde ascende o camiño que, agora si, vai ser un chisco máis esixente (soamente un chisco).
Desembocamos nunha zona penedía na que atopamos os últimos monstros do parque eólico Serra do Cando (e iso, xa estamos no alto desta serra). Levamos pouco máis de catro quilómetros. Seguimos a pista un anaco e axiña chegamos a un punto panorámico único: o miradoiro das Tres Rías (case 5,5 km de ruta). Distínguese claramente dende o camiño porque está cercado por un valado de madeira. Non tivemos moita sorte co día, moi anubrado cara ao oeste, cara á costa, aínda que co ceo limpo cara ao interior (cara á serra do Suído e ao Faro de Avión, que se distinguen claramente). A pesar do día, puidemos distinguir algo da ría de Vigo (ante ela, o Viso; percibíase a silueta da ponte de Rande e pouco máis; seica se debería ver ben mesmo a cidade de Vigo, segundo o veciño do que xa vos falei), da ría de Pontevedra (a illa de Ons démola visto máis ou menos...) e a de Arousa (ben visíbel a silueta da illa), pechada pola Barbanza polo norte. Cun día claro, ten que ser realmente espectacular (e habemos volver para tratar de velo “claro”). Mais a vista non acaba na costa: o panorama que nos rodea é ben completo: Galleiro e Galiñeiro (sur), Suído e Avión (leste), o alto do Coco e o Candán (norte) e máis ao lonxe o que vos dite a vosa imaxinación xeográfica ou orográfica...
Seguimos o noso camiño atopando pozas totalmente xeadas e descendendo un chisco, até o chan da Ferradura, onde vemos que hai nacente de ríos cara ás dúas vertentes da serra. A continuación deste chan hai pista cara á esquerda pero aprécianse doadamente as marcas do roteiro: nin caso da pista, tiramos de fronte polo camiño ben marcado (nalgún grupiño de árbores hai que fixarse ben para non desviarse) até saírmos a outra pista vai mesmo á beira da área recreativa de santa Mariña, cando levamos andados 7,8 km). Aquí remata o roteiro da Escuadra pero xa podemos ver perfectamente a capeliña da santa, só uns 300 metros máis adiante. Nestas latitudes nace o río Barbeira (boas rutas polo seu cauce).
Moi perto da ermida hai un cruzamento de pistas: collemos a que prolonga o sentido da marcha que traïamos até aquí. Seguimos a pista durante case 1,5 km, até atoparnos co Marco do Vento. É ben doado distinguilo, o nome élle ben acaído. E uns metros atrás del vemos a Porta do Alén (ou Portalén) e, fiándonos do que vemos, escollemos a opción que mellor consideremos para achegarnos a ela (para atallar, algún toxo que outro, que proen pero non fan dano). A Porta do Alén ben merece unha paradiña algo delongada, especialmente se algún dos camiñantes tiña pensado comunicarse coas almas do alén (igual tarda algún tempo en conseguilo). O lugar fai entender a compoñente máxica que chegou a ter para os nosos devanceiros, pero isto mellor que volo conte quen sabe diso:
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/portalen/

E deica a Cruz do Seixo, pouco máis dun tiro de pedra (500 metros). A panorámica cara ao interior é espectacular, como para
discutir se o que vemos alá o fondo será parte do Macizo Central ourensán… 994 metros de altitude coroados por unha cruz, que nesta terra había moito culto pagán que cristianizar… Agora estamos no Concello de Cerdedo e dominamos cara ao leste as terras do Carballiño:
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/altocruz/

Acadado o obxectivo, media volta e a procurar algún camiño alternativo para o regreso. Volvemos practicamente polo mesmo camiño até a emida, onde nos desviamos para bordear logo a área recreativa polo oeste. Novamente o camiño da subida e no Chan da Ferradura descendemos até unhas rochas perto das que aproveitamos para xantar abeirados nuns piñeiros. Procuramos un camiño descendendo un chisco máis e demos con el sen maiores dificultades, guiándonos da vista. É unha boa alternativa durante, polo menos, dous quilómetros e medio (poderíase seguir até pasar unha cruz, pero non nos fiamos e retomamos o mesmo camiño da subida no cruzamento coa ruta da Liberdade que comentei ao comezo).
E de aquí ao lugar do Peso, punto de partida.

Rutas no Concello da Lama, entre elas a da Escuadra, nesta ligazón: http://concellodalama.weebly.com/naturalezarutas-de-senderismo.html

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,840 ft

Inicio

PictographIntersection Altitude 2,408 ft

Enlace Ruta da Liberdade

PictographWaypoint Altitude 3,349 ft
Photo ofParque eólico Serra do Cando Photo ofParque eólico Serra do Cando

Parque eólico Serra do Cando

PictographPanorama Altitude 3,458 ft
Photo ofMiradoiro das Tres Rías Photo ofMiradoiro das Tres Rías

Miradoiro das Tres Rías

PictographWaypoint Altitude 3,038 ft
Photo ofChan da Ferradura

Chan da Ferradura

PictographPicnic Altitude 3,340 ft
Photo ofÁrea recreativa de santa Mariña

Área recreativa de santa Mariña

PictographReligious site Altitude 3,336 ft
Photo ofErmida de santa Mariña Photo ofErmida de santa Mariña

Ermida de santa Mariña

PictographWaypoint Altitude 3,427 ft
Photo ofPorta do Alén ou Portalén Photo ofPorta do Alén ou Portalén Photo ofPorta do Alén ou Portalén

Porta do Alén ou Portalén

PictographSummit Altitude 3,521 ft
Photo ofCruz do Seixo (994 m) Photo ofCruz do Seixo (994 m) Photo ofCruz do Seixo (994 m)

Cruz do Seixo (994 m)

PictographRiver Altitude 2,552 ft
Photo ofRego, Portela do Foxo Photo ofRego, Portela do Foxo Photo ofRego, Portela do Foxo

Rego, Portela do Foxo

Comments  (8)

  • Photo of Anxom
    Anxom Nov 20, 2018

    Ruta en boas condicións, algúns tramos complicados de seguir cas marcas, pero con moi fácil orientación. Ruta maioritariamente de montaña, pouca vexetación. Nos fisemos unha alternativa na derradeira parte cando cruza co tramo da ruta da Liberdade, plenamente compatible co sitio onde deixamos o coche.

  • Photo of Xoanzinho
    Xoanzinho Nov 20, 2018

    Moitas grazas polo comentario, Anxom. Vendo a vosa variante para rematar volvendo por Laxedo e pola Vincurada, ten boa pinta e sempre se evita o mesmo camiño da ida.

  • Photo of Xoanzinho
    Xoanzinho Mar 28, 2021

    Graciñas pola valoración e polos teus comentarios, pipilotta rollgardina!! Alédome de que a gozases, as vistas son unha pasada 👍🏼

  • Photo of jose luis Martinez 19
    jose luis Martinez 19 Jul 16, 2021

    Hola, que tal esta señalizada, la queremos hacer el martes, gracias

  • Photo of Xoanzinho
    Xoanzinho Jul 16, 2021

    En bastantes tramos, mejor que vayas con gps. Y si hace mucho calor, no te la recomendaría

  • Photo of jose luis Martinez 19
    jose luis Martinez 19 Jul 16, 2021

    Gracias

  • Photo of Tío_Pepe
    Tío_Pepe Sep 19, 2022

    I have followed this trail  verified  View more

    Moi boa ruta, sobre todo polas panorámicas que ofrece. En xeral transitable, agás o bucle dende o Chan da Ferradura (quilómetro 14,3 ao 16,9) que NON É ACONSELLABLE por estar moi pechado de toxos e silvas na actualidade.
    Grazas por partillárela e pola completa información. Saúdo.

  • Photo of Xoanzinho
    Xoanzinho Sep 19, 2022

    Graciñas, Tío_Pepe, pola valoración e por actualizar a información da ruta, así quen se anime a facela ben sabe o que vai atopar. Saúdos!

You can or this trail