Activity

Ruta da auga PR-G 250 (Zas)

Download

Trail photos

Photo ofRuta da auga PR-G 250 (Zas) Photo ofRuta da auga PR-G 250 (Zas) Photo ofRuta da auga PR-G 250 (Zas)

Author

Trail stats

Distance
6.38 mi
Elevation gain
686 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
686 ft
Max elevation
1,073 ft
TrailRank 
39
Min elevation
750 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 50 minutes
Time
4 hours 21 minutes
Coordinates
1814
Uploaded
November 26, 2023
Recorded
November 2023
Share

near Sisto, Galicia (España)

Viewed 20 times, downloaded 1 times

Trail photos

Photo ofRuta da auga PR-G 250 (Zas) Photo ofRuta da auga PR-G 250 (Zas) Photo ofRuta da auga PR-G 250 (Zas)

Itinerary description

Fermosa e fácil ruta que non é de estrañar que leve este nome, xa que a auga é a protagonista indiscutible do percorrido. Tamén se podía chamar " dos muíños" debido ao gran número que hai deles ao longo da ruta.
Empezamos na Ponte do Sisto, na parroquia de As Gándaras (Zas) onde pouco sitio hai para deixar coches pero hoxe por exemplo había 9 aparcados aproveitando diversas entradas a camiños que hai.
O primeiro tramo( sobre 1 km.) é lineal e comparte ida e volta. Iremos vendo ás beiras do río do Sisto ata 6 muíños en diferentes estados de conservación pero case todos en ruinas.
Despois ven o tramo circular podendo elexir o sentido no que queremos facer a ruta. Nós eleximos ir primeiro a Budián e á fervenza do mesmo nome tal e como recomendan.
Atravesamos a aldea de Budián que nos pareceu moi fermosa con moitas casas de pedra e cabozos típicos da zona. Unha aldea moi coidada e con moito encanto.
A fervenza de Budián é preciosa, o mesmo que o entorno onde se situa e onde existe un muíño e un batán.
Despois pasamos pola fervenza de Parga, tamén espectacular e tamén cun muíño e cruzamos tamén a aldea do mesmo nome
A última fervenza, a de Rabiñoso, é a máis espectacular, a máis grande e onde un columpio colocado estratexicamente fai que o lugar sexa case máxico. Tamén aquí hai 2 muíños. Estas construccións tan abundantes en toda Galicia aproveitaban a auga do mesmo río para a moenda e podemos imaxinar o papel tan importante a nivel social e económico que tiveron no pasado.
Un pouco despois desta cascada, pechamos o círculo e voltamos ai inicio polo camiño de ida.
A ruta está homologada e perfectamente sinalizada.

View more external

Waypoints

PictographRuins Altitude 758 ft
Photo ofMuíños

Muíños

PictographRuins Altitude 768 ft
Photo ofMuíños

Muíños

PictographWaypoint Altitude 819 ft
Photo ofMuíños

Muíños

PictographWaypoint Altitude 881 ft
Photo ofCamiño

Camiño

PictographWaypoint Altitude 898 ft
Photo ofÁrea recreativa de Budián

Área recreativa de Budián

PictographWaypoint Altitude 939 ft
Photo ofBudián

Budián

Budián é unha das 8 aldeas que conforman a parroquia de Gándara. Cruzamos esta aldea descubrindo unha arquitectura tradicional en forma de hórreos, cortes, pendellos, cabanotes, fornos...en pedra.

PictographWaypoint Altitude 972 ft
Photo ofFervenza de Budián

Fervenza de Budián

A fervenza de Budián vai ser a 1ª que atopemos. Non ten moita altura pero o entorno é precioso! Está formada polo chamado Rego da Fervenza ou do Muíño Vello que desemboca no río Sisto.

PictographWaypoint Altitude 903 ft
Photo ofParga

Parga

Esta aldea ten un dato moi curioso: conta con 2 horas menos de sol que o resto da parroquia xa que o Monte Pión abrígaa polo nacente e o Bico de Meda polo poñente.

PictographWaypoint Altitude 835 ft
Photo ofPonte de pedra

Ponte de pedra

PictographWaypoint Altitude 851 ft
Photo ofFervenza de Parga

Fervenza de Parga

Esta fervenza de Parga ten unha lenda: unha moza afogouse nestas augas porque non podía estar cerca do seu namorado e este foise e nunca máis voltou. Nas noites de lúa chea cando o son da fervenza é atronador, escóitase a moza chamar polo seu namorado.

PictographWaypoint Altitude 930 ft
Photo ofFervenza do Rabiñoso

Fervenza do Rabiñoso

Salva un desnivel de 45m. en pouco máis de 200m. de percorrido. Esta fervenza é espectacular tamén e vai facendo varios saltos.

PictographWaypoint Altitude 974 ft
Photo ofFervenza do Rabiñoso

Fervenza do Rabiñoso

Comments

    You can or this trail