Activity

RUTA DA AUGA

Download

Trail photos

Photo ofRUTA DA AUGA Photo ofRUTA DA AUGA Photo ofRUTA DA AUGA

Author

Trail stats

Distance
8.92 mi
Elevation gain
1,421 ft
Technical difficulty
Difficult
Elevation loss
1,066 ft
Max elevation
2,498 ft
TrailRank 
33
Min elevation
1,936 ft
Trail type
One Way
Coordinates
950
Uploaded
February 20, 2015
Recorded
February 2015
Be the first to clap
Share

near Becerreá, Galicia (España)

Viewed 1279 times, downloaded 21 times

Trail photos

Photo ofRUTA DA AUGA Photo ofRUTA DA AUGA Photo ofRUTA DA AUGA

Itinerary description

Saíndo de Becerreá remontaremos o curso do río Narón, principal afluente do Navia no Concello, na busca das súas fontes, rematando no pobo homónimo de Narón. ó longo de 14 quilómetros, seguiremos a canalización que trae a auga á capital do Concello, de ahí a denominación de ruta da Auga. Trátase dun percorrido de rumbo suroeste, que vai fuxindo da sombra da montaña de Pena do Pico, polo que é moi soleado e unha opción ideal para os días de xeada do inverno.
Por outro lado, os primeiros quilómetros do percorrido transcorren pola estrada de Vilar de Ousón, que é coñecida tamén como estrada de Quiroga, xa que comezou sendo un proxecto para unir Becerreá con esta poboación da Ribeira Sacra. O proxecto morreu no punto quilométrico seis, pero pódese imaxinar a viaxe, salvando dous escollos importantes: a serra do Poio e os montes do Courel.
Comezamos a camiñar na Feira Nova tomando a estrada de Vilar de Ousón, e en pouco traxecto atoparemos a sinalización do quilómetro 1, onde iniciaremos un forte descenso ata a curva da Moura. Aquí a estrada comeza a subir, primeiro pouco a pouco, e tras pasar o quilómetro 3, en forte pendente. Ó chegar a Vilar de Ousón seguimos a estrada, e cerca teremos espectaculares vistas ó val do Narón á altura do quilómetro 4. Desfrutando desta panorámica, despois duns cincocentos metros atoparemos o cruce da pista que sube a Penalta, pero nós continuaremos pola estrada que se transforma en pista de grava, primeiro, e en camiño, despois. Bordeamos Penalta e, mirando o val, podemos adiantar o noso trazado. Pasaremos por un cilindro de formigón que sinala o punto quilométrico 6, onde morre a estrada de Quiroga e, uns metros máis adiante, continuamos pola pista principal que nos leva a Monelo.
En Monelo collemos o camiño veciñal que nos leva ata Arroxo e Lamarrío. Entre as casas, enfronte da fonte, sae un camiño á esquerda que nos baixará por un souto ata case chegar ó río, e seguiremos val arriba pola pista que nos leva a Freixo. Dende aquí continuaremos por pista asfaltada ata Ferreiros de Balboa, un dos núcleos de poboación máis grandes de Becerreá.
En Ferreiros buscaremos o cauce do Narón, que seguiremos remontando xa na parte final do noso percorrido, no que teremos que salvar algúns tramos de fortes pendentes. O último quilómetro, sen embargo, é doado ata os muiños de Ferreiras e da Taberna, onde continuamos ata o núcleo de Narón, que porá punto e final ao noso percorrido.

Comments

    You can or this trail