Activity

Ruta circular: Praia de Eiras - capela da Madalena

Download

Trail photos

Photo ofRuta circular: Praia de Eiras - capela da Madalena Photo ofRuta circular: Praia de Eiras - capela da Madalena Photo ofRuta circular: Praia de Eiras - capela da Madalena

Author

Trail stats

Distance
4.39 mi
Elevation gain
404 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
404 ft
Max elevation
461 ft
TrailRank 
60 4
Min elevation
461 ft
Trail type
Loop
Moving time
one hour 50 minutes
Time
2 hours 14 minutes
Coordinates
1265
Uploaded
July 11, 2022
Recorded
July 2022
  • Rating

  •   4 1 review
Share

near Eiras, Galicia (España)

Viewed 515 times, downloaded 19 times

Trail photos

Photo ofRuta circular: Praia de Eiras - capela da Madalena Photo ofRuta circular: Praia de Eiras - capela da Madalena Photo ofRuta circular: Praia de Eiras - capela da Madalena

Itinerary description

Ruta circular: Praia de Eiras - capela da Madalena

Esta ruta circular percorre algúns dos enclaves máis singulares da parroquia das Eiras. Ten o seu inicio na zona coñecida como A Pedra, a escasos metros do embarcadoiro, e vai percorrendo as Eiras entre árbores, viñedos e diversos elementos patrimoniais, ata chegar á ermida da Madalena.

Esta ruta conecta no seu inicio co sendeiro homologado PR-G 112 Sendeiro de Pescadores Río Miño - Tamuxe, que percorre as Eiras a carón do río Miño.

Ficha técnica

Lonxitude aproximada: 7 km
Percorrido: circular
Dificultade: moderada
Duración aproximada: 2 horas
Punto de partida: A Pedra, a carón do aparcadoiro da praia das Eiras.

Descrición da ruta

O percorrido iníciase no lugar da Pedra, a escasos metros da praia das Eiras, un área de lecer a carón do río Miño onde poder sentarse ao sol, pasear ou incluso dar un baño.

Esta ruta adéntrase cara ao interior da parroquia das Eiras, percorrendo o camiño da Cubela e avanzando por camiños de terra ata chegar á separación natural das Eiras con Goián, o río Tollo. O camiño continúa cun leve ascenso ata chegar ao punto onde podemos desviarnos para observar o petróglifo do Ghorghalado antes de seguir subindo ata o alto da Portela, lugar onde disfrutar das fermosas vistas sobre o río Miño e a súa desembocadura.

Ao comezar o descenso chegamos ata a capela da Madalena, lugar de peregrinación rodeado de sobreiras centenarias desde onde se divisa o Miño e a beira portuguesa do río. Continuando o camiño pasamos pola Abadía das Eiras e a Igrexa das Eiras para cruzar a estrada e rematar esta ruta no mesmo punto onde comezamos.

Ten en conta

  • Esta ruta está sen sinalizar.
  • O sendeiro transcorre por un terreo pedrento polo que é moi recomendable o emprego de calzado axeitado.
  • Lembra levar o teu lixo de volta contigo. En diversos puntos da ruta atoparás colectores de reciclaxe.


Conexións con outras rutas

View more external

Waypoints

PictographCar park Altitude 242 ft
Photo ofLugar da Pedra Photo ofLugar da Pedra Photo ofLugar da Pedra

Lugar da Pedra

A rúta iníciase no lugar da Pedra, a escasos metros do embarcadoiro e da praia das Eiras. Nesta zona poderemos estacionar os vehículos no aparcadoiro de terra a carón da estrada para comezar a nosa andaina polas Eiras.

PictographReligious site Altitude 143 ft
Photo ofCamiño da Cubela, cruceiro e peto de ánimas Photo ofCamiño da Cubela, cruceiro e peto de ánimas Photo ofCamiño da Cubela, cruceiro e peto de ánimas

Camiño da Cubela, cruceiro e peto de ánimas

O camiño da Cubela é un camiño antigo cun paso de pedra estreito na zona central que servía como zona de paso cando o resto estaba enchoupado no inverno.

Este tramo de sendeiro remata nunha praza que actuaba como punto de encontro para a veciñanza, onde atopamos un cruceiro e un peto de ánimas.

Como curiosidade, cabe sinalar que o camiño da Cubela remata nunha zona chamada Adro Vello, lugar onde estaba a primitiva igrexa das Eiras que logo foi trasladada ao lugar que ocupa a igrexa actual.

PictographRiver Altitude 164 ft
Photo ofLavadeiro e regato do Resteva Photo ofLavadeiro e regato do Resteva Photo ofLavadeiro e regato do Resteva

Lavadeiro e regato do Resteva

Á dereita do sendeiro de terra que estamos seguindo, atopamos unhas pontellas que cruzan o río Tollo, tamén coñecido como regato do Resteva, unha división natural entre as Eiras e Goián, parroquia do municipio veciño.

Neste regato hai un lavadoiro onde antigamente se lavaban as tripas do porco na matanza.

Continuando o percorrido, atoparemos a man dereita as ruinas dun muíño de présa que moía todo o ano grazas á présa.

PictographPanorama Altitude 396 ft
Photo ofPanorámica sobre o río Miño Photo ofPanorámica sobre o río Miño

Panorámica sobre o río Miño

Ao longo deste percorrido, son diversos os puntos nos que poder disfrutar das vistas panorámicas sobre o río Miño e Portugal, así como a desembocadura do mesmo entre o Monte Trega e Caminha.

PictographMonument Altitude 333 ft
Photo ofPetróglifo Ghorghalado Photo ofPetróglifo Ghorghalado

Petróglifo Ghorghalado

Desviándonos uns metros do noso percorrido, atopamos os petróglifos do Ghorghalado. Estes petróglifos son as representacións de arte rupestre prehistórico de maior tamaño coñecidas no Rosal. Ademais de polas súas dimensións, destacan pola grande profusión de gravados, más de 300, e polo tipo de rocha no que se atopan.

As formas xeométricas como liñas, coviñas, espirais e círculos concéntricos son as máis frecuentes nesta estación arqueolóxica, á que se lle estima unha antigüidade de entre 3.000 e 4.500 anos (Idade do Cobre-Idade do Bronce). Enmarcaríanse, polo tanto, dentro do ciclo coñecido como Grupo Galaico de Arte Rupestre.

Os distintos motivos presentes no Ghorghalado aparecen nun afloramento rochoso de xisto que forma parte do complexo Monteferro-O Rosal. O feito de estar gravados neste tipo de rocha e non en granito (que é a máis habitual) é outra característica que reforza a singularidade deste notable conxunto arqueolóxico.

PictographReligious site Altitude 380 ft
Photo ofErmida e sobreiras da Madalena Photo ofErmida e sobreiras da Madalena Photo ofErmida e sobreiras da Madalena

Ermida e sobreiras da Madalena

No Monte Real, unha elevación situada moi preto da igrexa parroquial de San Bartolomeu das Eiras, sitúase a ermida da Madalena, un pequeno templo que nos recibe cunhas impresionantes vistas ao Miño.

Da arquitectura da igrexa destaca especialmente a súa base, construída directamente sobre a rocha. Outros elementos salientables son os contrafortes que sobresaen dos muros, a espadana onde se localiza a campá e uns remates en forma de pináculos.

Tamén neste Alto da Madalena, xusto antes de subir a escalinata que dá acceso a esta pequena ermida de planta rectangular, atópase un conxunto formado por 4 sobreiras, das que destaca o seu gran porte e a singular disposición da súas copas, as cales enlazan unhas con outras formando unha gran cúpula vexetal. O grosor dos seus troncos oscila entre os 1,97 e 4,85 metros e estímaselles unha idade superior aos 400 anos. Tal é a singularidade desta formación, que dende o ano 2021 están incluídas no catálogo galego de árbores senlleiras.

Ademais dos puntos de interese arquitectónico, paisaxístico e natural, o Alto da Madalena tamén alberga un xacemento arqueolóxico. A capeliña atópase na croa dun castro que, como é habitual neste tipo de recintos da Idade de Ferro, aséntase nunha zona de importante control visual do territorio.

Nas festas que a parroquia das Eiras celebra na honra de Santa María Madalena, este simbólico e milenario lugar acolle unha fermosa romaría onde nunca falta a música, o pan de millo e as sardiñas.

PictographFountain Altitude 248 ft
Photo ofCamiño da Fonte do pozo

Camiño da Fonte do pozo

Baixando da capela da Madalena cara á igrexa, entre dous muros de pedra atopamos o camiño da Fonte do Pozo, un camiño estreito e cuberto de frondosa vexetación que nos leva ata a fonte que dá nome ao camiño.

PictographReligious site Altitude 217 ft
Photo ofIgrexa de Eiras Photo ofIgrexa de Eiras Photo ofIgrexa de Eiras

Igrexa de Eiras

No camiño de regreso ao punto de partida da ruta, baixando da ermida da Madalena, atopamos de fronte a Igrexa de Eiras e a man dereita a Abadía das Eiras.

A parroquia das Eiras era coñecida durante a idade Media como Axeyra. Dese nome derivaría o de Eyras. No ano de 1198, Fernán Gómez fixo doazón ao Mosteiro de Oia, entre outras cousas, de todo canto tiña e lle pertencía na Igrexa de San Bartolomeu de Axeyras. Despois, o 28 de xuño de 1331, o mencionado Mosteiro permutou esta Igrexa e outras que eran do seu padroado co bispo de Tui pola de San Mamede de Pedornes.

A primitiva igrexa das Eiras estaba preto do Miño, no lugar coñecido como Adro Vello, e tivo que ser trasladada a este sitio debido ás continuas enchentes do río. A actual foi edificada no ano 1791, e pola súa proximidade con Portugal, conta cun estilo manuelino tardío que estaba de moda nese momento. De feito, os mestres construtores da mesma dos que temos noticia, son veciños de Portugal e A Guarda. A obra foi encomendada a Xoán da Lomba, de A Guarda, que a comeza en 1786, pero rematouna Xosé Fernández, veciño de Gondarém. A súa entrada conta cunha posible gradicela en pedra, cegada, elemento cuxa conservación é moi escasa en Galicia. Nas súas paredes conta con claras evidencias do traslado que sufriu, con numerosos sillares reempregados nos seus muros.

Comments  (1)

  • Photo of Perebri
    Perebri Aug 6, 2023

    I have followed this trail  verified  View more

    Los petroglifos cuesta verlos desde el puente de madera, hay que verlos desde otro punto.

You can or this trail