Activity

Roteiro Circular Hórreos Olás

Download

Author

Trail stats

Distance
6.99 mi
Elevation gain
912 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
912 ft
Max elevation
2,029 ft
TrailRank 
19
Min elevation
1,180 ft
Trail type
Loop
Coordinates
2209
Uploaded
October 28, 2022
Recorded
October 2022
Be the first to clap
Share

near Olás de Villariño, Galicia (España)

Viewed 58 times, downloaded 5 times

Itinerary description

Saímos do conxunto de hórreos de Olás en dirección á Fonte da Lama para seguidamente iniciar o ascenso cara a Fonte dos Ollos, unha vez na cima, ben podemos ir á dereita en dirección ó Miradoiro da Malladoira ou ben á esquerda seguindo o Roteiro da Broa, con calquera das dúas opcións acabaremos no pobo de Oxén de Arriba para coller o camiño que nos leva ó Campo Grande ata cruzarnos coa Verea Vella, onde xiraremos á dereita en dirección ó pobo de Oxén de Abaixo.

Continuaremos pola Verea Vella ata chegar á Ponte da Quebrada nas inmediacións do pobo de Alvarín e xusto antes de cruzar xiraremos á dereita para tras discorrer un intre por uns carreiros entroncar cunha pista que discorre paralela ó Regato de Fechiñas e que nos levará directamente ó pobo de Pazos de Olás, no que continuaremos cara a aldea da Medorra onde continuaremos por unha pista asfaltada ata cruzar a estrada que vai de Pazos á Pontefechas e así entroncar con outra pista de terra na que posteriormente xiraremos á dereita para dirixirnos ó pobo de Campos.

Cruzaremos o pobo de Campos e colleremos cara a dereita por unha pista que nos conducirá a estrada OU-0205 (Corvillón - Corredoira), despois de facer un pequeno tramo por dita estrada xiraremos á esquerda por un camiño que nos leverá ata o pobo de Entrambosríos onde nos encamiñaremos cara ó Campo da Festa para coller de novo o Roteiro da Broa e chegar a Olás, punto de inicio da ruta

Comments

    You can or this trail