PR-G 31 QUINTELA DE LEIRADO - SERRA DO LABOREIRO
near Leirado, Galicia (España)
Viewed 19 times, downloaded 2 times
Trail photos
Itinerary description
Onte, como víchedes no instagram, fixemos o PR-G 31. Unha ruta de sendeirismo que comeza na aldea de Leirado, na parroquia de Quintela de Leirado, en Ourense.
Esta é unha ruta lineal de dificultade media polo ascenso a máis de 1.000 metros de altitude, onde os fenómenos atmosféricos poden ser impredecibles.
Na casa consistorial de Leirado poñémonos en marcha por unha estrada asfaltada de case dous quilómetros, ata chegar a un cruce que tomaremos á dereita. Tan só dez metros máis tarde xiraremos á esquerda por un sendeiro de terra, que non está moi ben coidado polo concello. Por sorte, o máximo que nos atoparemos en mal estado será a herba que nalgúns casos chéganos pola cadeira, pero polo menos non hai silvas nin toxos e se pode pasar perfectamente. Este camiño levaranos ata unha ponte romana moi antiga da cal non existe información, polo que non podemos saber o ano da súa construcción. Esta é a Ponte de Rotortoiro, peculiar por estar construído en curva. O río que pasa por debaixo é o Río Grande ou Deva. A partir de aquí, subiremos ata a aldea de Xacebáns, restaurada no ano 2020, coas rúas peatonalizadas e moi bonita. Agora toca un ascenso infinito ata a Serra do Laboreiro de máis de 5 quilómetros, aínda que antes pasaremos polo Miradoiro de Xacebáns, para apreciar as vistas dende unha parte máis baixa. A subida é toda por unha pista de terra con amplas vistas sobre os vales dos ríos Miño, Arnoia, as chairas de Celanova, Xinzo de Limia e as montañas da Serra do Xurés e Gêres, xa en Portugal. A ruta de sendeirismo remataba antigamente na fronteira con Portugal, pero o Concello de Quintela de Leirado quixo darlle unha volta e remata nunha zona máis espectacular, como é o Pico do Alto de Penagache, a 1.226 metros de altitude, dende onde teremos vistas incribles de toda a zona.
*Poñemos a sinalización da ruta como mellorable porque a partir de Xacebáns conta con moi pouca sinalización do PR-G 31, pero os carteis extraoficiais que puxo o Concello, fan que non teña nada de perda.

Waypoints
Waypoint
3,325 ft
ENTRADA A XACEBÁNS (QUINTELA DE LEIRADO)

You can add a comment or review this trail
Comments