Activity

PR-G 24 Tras os pasos do río Xesta

Download

Trail photos

Photo ofPR-G 24 Tras os pasos do río Xesta Photo ofPR-G 24 Tras os pasos do río Xesta Photo ofPR-G 24 Tras os pasos do río Xesta

Author

Trail stats

Distance
6.14 mi
Elevation gain
1,010 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,010 ft
Max elevation
1,990 ft
TrailRank 
61 3.7
Min elevation
1,225 ft
Trail type
Loop
Time
3 hours 46 minutes
Coordinates
1873
Uploaded
May 19, 2021
Recorded
May 2021
  • Rating

  •   3.7 1 review
Share

near Gende, Galicia (España)

Viewed 584 times, downloaded 35 times

Trail photos

Photo ofPR-G 24 Tras os pasos do río Xesta Photo ofPR-G 24 Tras os pasos do río Xesta Photo ofPR-G 24 Tras os pasos do río Xesta

Itinerary description

PR-G 24 Tras os pasos do río Xesta. Ruta ben sinalizada

Comezamos o percorrido nunha boa zona de aparcadoiro que conta cun panel informativo sobre a ruta. O Concello da Lama dispón de información
na súa web: https://concellodalama.com/turismo/natureza-rutas-senderismo/.

A ruta sinalizada é de 7,5 km. Nós engadimos o desvío á fervenza, unha voltiña botando un ollo pola zona da minicentral eléctrica (cunha edificación á que ben lle poden pór una pantalla vexetal, que non custa nada) e rematamos a ruta achegándonos novamente á beira do río pola instalación de control de caudal, nun camiño que atopamos a continuación desta e que vai saír de volta á ponte de Liñares.

O percorrido transcorre integramente na parroquia de Xesta e atravesa aldeas como Liñares, Cortegada ou Paradela. Dende o aparcadoiro dirixímonos á aldea de Liñares, para logo descender até a ponte sobre o río Xesta (do século XVII). Xa no Camiño Real, ao pasar a ponte temos una ascensión ben suave e durante algo máis de dous quilómetros imos atravesando fermosas zonas de bosque, cruzando regos que baixan cara ao Xesta, como o de Fonte Fragosa. Cando levamos camiñados case 3 km chegamos a un novo rego cun muíño e comezamos o descenso que nos leva, pasando pola aldea de Cortegada co seu peto de ánimas, de novo cara ao río. Pouco despois de Cortegada atravesamos un dos treitos da ruta con vexetación máis variada: ademais dos cerquiños e carballos, atopamos bastantes acivros e xilbarbeiras, moitas abeleiras xa chegando ao río…

Saímos ao río nunha zona fermosa, coas pedras e mesmo as raíces das árbores tapizadas nun verde ben intenso. Mágoa de minicentral aí chantada, xusto na outra beira un chisco máis arriba. Como dicía ao comezo, nun custaría nada tratar de integrar a edificación no contorno disimulándoa cunha pantalla vexetal que a deixase ben agachada da vista. O enorme tubo que baixa dende o alto do monte na outra banda do ría debería ir soterrado, e non o farán polo custo e pola dificultade de mantemento, pero plantar aquí una cuberta vexetal debe ser ben doado.

Seguindo coa ruta saímos á estrada nunha ponte sobre o Xesta, que marcha camiño de se converter no Oitavén (recibe ese nome unha vez que se xunta co río Parada, coñecido este último nos tramos da serra do Suído como río Valdohome). Douscentos metros de asfalto cun desvío é dereita e, á esquerda, unha congostra empedrada lévannos á aldea da Paradela de Xende, pola que imos ascendendo nos únicos treitos un chisco esixentes da ruta, agora con piso de cemento. Pasamos ante a capela da Anunciación e uns 400 m máis adiante remata a subida e desviámonos á dereita para seguir en sentido inverso unha levada a carón da que imos avanzar quilómetro e medio. Ao longo desta levada cruzamos o enorme tubo que alimenta a minicentral, onda os restos dos muíños do Codesal e do Crego, até que imos enxergando dende aquí arriba a forza do río Xesta que descende vertixinoso no fondo do val. Teñen instalado na ruta varios miradoiros con piso e peitoril de madeira dende os que gozar demoradamente das vistas, cunha instalación sinxela e pouco agresiva co medio.

Tras deixar a levada chegamos a unha intersección. Polo camiño da dereita podemos achegarnos á parte alta da feixa ou freixa, que é unha das denominacións que reciben as fervenzas en boa parte da provincia de Pontevedra (dende a zona do Lérez á do Paradanta, incluíndo o Suído todo). A confusión leva algunhas persoas a falar de “fervenza da Feixa/Freixa”, expresión redundante, en lugar de “feixa/freixa de Liñares”. Na parroquia de Reboreda, en Redondela, está sinalizada a “fervenza da Freixa”, probabelmente un erro similar.
Do verbo latino “frango” (ou “frago”, romper) e do substantivo “fragium” deriva o orónimo “fragia” que evoluciona en “freixa” referíndose a lugares onde a auga cae e rompe contra as pedras. Xa o padre Sarmiento no século XVIII mencionaba as freixas con esta orixe: “de este verbo se origina fragor y fragosus, y en gallego fraga y fragas, aludiendo al ruido y quebradura de tierra y árboles. Y la voz freixa o freixas, aludiendo al ruido que las aguas hacen cuando se rompen contra algún peñasco. Oí a uno que había pescado varias veces truchas en el río Lérez, y que las había comido debajo del mismo río, esto es, que es tan alto el salto que el río hace en aquella freixa, que hace un arco capaz de andar en seco debajo de él”. Para a forma feixa deu anos antes outra explicación: “A vista de Pontevedra se oye la feixa o freixa del río de Marcón y del de Borela. La voz feixa o freixa se aplica no al río, ni al agua ni a la caída del agua, sino al peñasco o roca, que sirve al despeñadero. Es la razón porque a las puntas o ganchos de los montes altos llaman indiferentemente rocas, pinizas, feixas. Así la voz vendrá de findo, fissas, o de figo fixas, equivalente de fitas o infestas y el decir algunos freijas será por el abuso de añadir R como : feijons, freijons, etc. Es horror ver el espumarajo y oír el ruido, que el agua hace en las mismas dichas rocas o feijas”

Achegarse a este lugar tras días de chuvia é unha auténtica marabilla, tanto nos miradoiros como, sobre todo, na parte alta da feixa. Pillounos un día de sol radiante e custounos decidirnos a marchar logo de botar un tempo sentados nestas rochas, nun transo case que hipnótico. Desandamos o camiño até a devandita intersección e, tras unha breve ascensión, deixamos o trazado do PR-G para asomarnos de volta ao río por unha pista asfaltada até chegarmos a unha instalación de control de caudal do río. Aquí o río tamén baixa sobre un leito ben rochoso, formando bonitos saltos. Seguindo o río demos co camiño que segue a carón deste até a ponte de Liñares que xa atravesaramos ao inicio da ruta, cunha fermosa perspectiva da ponte dende o propio nivel da auga.

De aí volvemos ao coche novamente por Liñares.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 2,056 ft
Photo ofInicio Photo ofInicio

Inicio

PictographRiver Altitude 2,104 ft
Photo ofXesta Photo ofXesta

Xesta

PictographBridge Altitude 2,099 ft
Photo ofPonte de Liñares Photo ofPonte de Liñares Photo ofPonte de Liñares

Ponte de Liñares

PictographPhoto Altitude 2,145 ft
Photo ofFoto ponte

Foto ponte

PictographRiver Altitude 2,155 ft

Rego

PictographRiver Altitude 2,065 ft
Photo ofRego de Fonte Fragosa

Rego de Fonte Fragosa

PictographRiver Altitude 1,959 ft
Photo ofRego e muíño

Rego e muíño

PictographRiver Altitude 1,562 ft

Rego

PictographRiver Altitude 1,455 ft
Photo ofRío Xesta Photo ofRío Xesta Photo ofRío Xesta

Río Xesta

PictographBridge Altitude 1,453 ft
Photo ofPonte na estrada Photo ofPonte na estrada

Ponte na estrada

PictographWaypoint Altitude 1,865 ft
Photo ofMuíños da Paradela Photo ofMuíños da Paradela Photo ofMuíños da Paradela

Muíños da Paradela

PictographWaypoint Altitude 1,873 ft
Photo ofTubo (condución de auga para a minicentral) Photo ofTubo (condución de auga para a minicentral)

Tubo (condución de auga para a minicentral)

PictographPanorama Altitude 1,904 ft
Photo ofMiradoiro1 Photo ofMiradoiro1 Photo ofMiradoiro1

Miradoiro1

PictographPanorama Altitude 1,911 ft
Photo ofMiradoiro2 Photo ofMiradoiro2 Photo ofMiradoiro2

Miradoiro2

PictographWaterfall Altitude 1,857 ft
Photo ofFervenza ou feixa de Liñares (río Xesta) Photo ofFervenza ou feixa de Liñares (río Xesta) Photo ofFervenza ou feixa de Liñares (río Xesta)

Fervenza ou feixa de Liñares (río Xesta)

PictographRiver Altitude 2,041 ft
Photo ofRío Xesta Photo ofRío Xesta Photo ofRío Xesta

Río Xesta

PictographWaypoint Altitude 2,067 ft
Photo ofMuiño

Muiño

Comments  (1)

  • Photo of egontom
    egontom May 22, 2023

     

    I have followed this trail  verified  View more

    Algunas señales desgastadas por el paso del tiempo y/o tapadas por la vegetación.
    Las rutas hay que hacerles un mantenimiento

You can or this trail