PR-G 100 Sendeiro Natural Aciveiro - Candán (www.segatur.com)
near Acebeiro, Galicia (España)
Viewed 3463 times, downloaded 35 times
Trail photos
![Photo ofPR-G 100 Sendeiro Natural Aciveiro - Candán (www.segatur.com)](https://s2.wklcdn.com/image_1/47748/301255/70076.400x300.jpg)
![Photo ofPR-G 100 Sendeiro Natural Aciveiro - Candán (www.segatur.com)](https://s0.wklcdn.com/image_1/47748/301255/70077.400x300.jpg)
![Photo ofPR-G 100 Sendeiro Natural Aciveiro - Candán (www.segatur.com)](https://s1.wklcdn.com/image_1/47748/301255/70078.400x300.jpg)
Itinerary description
O sendeiro consiste nunha ruta circular de 15 km con principio e fin no coñecido Mosteiro de Aciveiro. Camiñando cara a aldea de Vilaverde, atravésase o aínda pueril río Lérez rodeados de moitas especies arbóreas ata chegar, preto da Rochela, a unha antiga alvariza que dá testemuño da pasada presenza do oso nestas altas serras pontevedresas.
Logo, entre prados, matogueiras, brañas e pequenos bosques ascéndese polas lenes abas da Serra do Candán, espazo natural que participa no proxecto europeo da Rede Natura 2000. A ruta descende suavemente cara a Lamasgalán de Arriba, onde un primitivo camiño de carro dirixe ó camiñante ata Lamasgalán de Abaixo.
Gozando das paisaxes e dos ecosistemas humanizados deste lugar, chégase ata a fermosa Ponte Vella de Andón, para logo percorrer as ribeiras do Lérez en busca do mosteiro. Casas, pontes, muíños e cruceiros de Forcarei son mostras do afamado traballo dos vellos canteiros destas terras.
Máis información en www.forcarei.net e en www.segatur.com

Comments (2)
You can add a comment or review this trail
A ruta é un agradable paseo. Sen embargo, hai un par de tramos onde, se os días anteriores caeron chuvias, non son cómodos de transitar.
I have followed this trail View more
Information
Easy to follow
Scenery
Moderate
No inverno levar calzado de chuvia por conta das corgas.