Activity

Piornedo ao Mostallar

Download

Trail photos

Photo ofPiornedo ao Mostallar Photo ofPiornedo ao Mostallar Photo ofPiornedo ao Mostallar

Author

Trail stats

Distance
7.69 mi
Elevation gain
2,963 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,963 ft
Max elevation
6,539 ft
TrailRank 
55
Min elevation
3,849 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 27 minutes
Time
5 hours 57 minutes
Coordinates
2056
Uploaded
August 1, 2019
Recorded
August 2019
Be the first to clap
Share

near Piornedo, Galicia (España)

Viewed 250 times, downloaded 13 times

Trail photos

Photo ofPiornedo ao Mostallar Photo ofPiornedo ao Mostallar Photo ofPiornedo ao Mostallar

Itinerary description

Iníciase esta fermosa ruta na aldea do Piornedo, collendo o camiño que pasa por onda a pequena igrexa (nótese o erro noso). Case toda ela decorre por camiño de carro. Este remata na Mallada do Mostallar, xusto onde comeza o ataque final a este cume senlleiro dos Ancares. Como se ve no perfil, o desnivel é case continuo, só hai unha pequena baixada (subida na volta) cando se atravesa o río da Veiga Cimeira. A subida final é moi dura.
As paisaxes que gozamos todo ao longo do percorrido, pero sobre todo dende o cima, pagan todas as penas que nos poida custar o camiño.
Sinalar tamén que hai (a parte de na aldea) unha fonte axeitada para beber ou repoñer auga aproximadamente ao levar andado un terzo de percorrido.
Sobre o río hai un pontón de madeira (descoidado). É posible que en épocas de cheas haxa dificultades para pasar.
Retórnase polo mesmo trazado. Ao final, se non o fixemos xa, é obrigado facer unha visita demorada á aldea para admirar as palloza que sobreviven. Hai algunha visitable: a Casa do Sesto consérvase coma cando estaba habitada. O seu propietario explica con moito saber os datos sobre esta construción e o modo de vida que nelas se desenvolveu. O euro de entrada, destinado ao mantemento, ben xustificado está. Recomendable, ao meu parecer, acudir con espírito aberto para apreciar o mérito dese pequeno mundo que é a palloza, que (ao igual que outros elementos da nosa cultura) permitiu aos nosos devanceiros vivir de modo harmónico coa natureza e traer a vida ata os nosos días. Tristemente non se pode dicir o mesmo do actual modo de vida abocado á destrución do mundo e o suicidio da especie (e de outras).
Igualmente podemos mercar na aldea dos produtos da zona pernoctar nunha casa rural ou no hotel (edificio moderno) que nai na saída, tamén con bar.
Unha ruta das que non hai que deixar de facer SE SE TEN UNHA FORMA FÍSICA AXEITADA.

Waypoints

PictographMonument Altitude 3,847 ft
Photo ofO Piornedo Photo ofO Piornedo Photo ofO Piornedo

O Piornedo

PictographMonument Altitude 3,851 ft
Photo ofPallozas Photo ofPallozas Photo ofPallozas

Pallozas

PictographReligious site Altitude 3,998 ft
Photo ofIgrexa Photo ofIgrexa

Igrexa

PictographDoor Altitude 3,969 ft
Photo ofBarreira

Barreira

PictographFountain Altitude 4,695 ft
Photo ofFonte

Fonte

Auga xélida, riquísima.

PictographDoor Altitude 4,604 ft

Portelo

Valo para gardar o gando. Deixar pechado!!

PictographBridge Altitude 4,475 ft
Photo ofPontón Photo ofPontón

Pontón

PictographRuins Altitude 5,131 ft
Photo ofCaseto derrubado Photo ofCaseto derrubado

Caseto derrubado

Casetas para uso dos pastores, ben seguro.

PictographPanorama Altitude 5,659 ft
Photo ofMallada do Mostallar Photo ofMallada do Mostallar Photo ofMallada do Mostallar

Mallada do Mostallar

A última foto é a Mallada vista dende o fondo

PictographMountain pass Altitude 5,896 ft
Photo ofSubida Photo ofSubida Photo ofSubida

Subida

PictographSummit Altitude 6,358 ft
Photo ofCume Mostallar Photo ofCume Mostallar Photo ofCume Mostallar

Cume Mostallar

PictographInformation point Altitude 4,038 ft
Photo ofPainel

Painel

PictographMonument Altitude 3,935 ft
Photo ofHorros Photo ofHorros

Horros

Comments

    You can or this trail