Pena Trevinca dende as canteiras
near La Baña, Castilla y León (España)
Viewed 133 times, downloaded 8 times
Trail photos
Itinerary description
Ruta desas que "hai que facer"! Comeza perto das canteiras de lousa, logo de pasar a falida estación de montaña de Trevinca (Fonte da Cova), no concello de Carballeda, termo de Casaio. (Pódese continuar co coche ata case un quilómetro máis adiante, pero esta situación pode mudar por ser área de vertedura de entullos).
Non é unha ruta sinalizada oficialmente, aínda que si existen abondosos estantes de pedras e algún poste antigo. Este percorrido fíxose seguindo este: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/ruta-de-ascension-a-pena-trevinca-desde-ourense-2171321
No primeiro tramo ficaremos espantados pola devastación das louseiras e as grandes entulleiras. Tamén podemos ver, no fondo do val, as construcións do campo de concentración e de traballo escravo do franquismo nas minas de tungsteno. Contra o segundo quilómetros está indicada a derivación para chegar ao Teixadal, que veremos no fondo do val na ladeira oposta. Presidindo a escena está Pena Surbia, un dos tres grandes picos do conxunto da Trevinca.
Máis adiante veremos a lagoa de Teixadal, ou do Penedo, que segundo a época aparecerá sen auga (no mapa Raster IGN aparece como "Lagoa da Serpe"!). Subindo e atravesando a Portela da Porta ou Portillo de Puertas veremos á esquerda a xigantesca louseira e a lagoa de La Baña. Aquí entramos na provincia de León durante un quilómetro aproximadamente para pasar logo a Zamora. (Máis tarde volveremos a Ourense).
Atravésase un gran circo glaciario, onde nace o río Tera, e logo dunha progresiva subida chégase ao cumio de Galicia: a Pena Trevinca (2.127 m). As vistas dende este punto son grandiosas, loxicamente.
A volta é polo mesmo trazado aínda que cabe a posibilidade de volver polas cimas de Pena Negra e Pena Surbia, a valmonte.
A ruta, pois, descorre por lugares emblemáticos e ofrece unhas panorámicas impresionantes. Non é un trazado acondicionado e ten un apreciable desnivel (por un fallo no GPS aparece máis do real, que está en torno aos 710 m). Non a considero axeitada para persoas sen experiencia e forma física para camiñar por montaña.

Waypoints
You can add a comment or review this trail
Comments