Activity

Passadiços do Paiva e ponte 516Arouca

Download

Trail photos

Photo ofPassadiços do Paiva e ponte 516Arouca Photo ofPassadiços do Paiva e ponte 516Arouca Photo ofPassadiços do Paiva e ponte 516Arouca

Author

Trail stats

Distance
12.44 mi
Elevation gain
3,510 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
3,510 ft
Max elevation
1,070 ft
TrailRank 
54
Min elevation
285 ft
Trail type
Loop
Moving time
4 hours 50 minutes
Time
6 hours 46 minutes
Coordinates
3560
Uploaded
April 13, 2022
Recorded
April 2022
Be the first to clap
Share

near Vilarinho, Aveiro (Portugal)

Viewed 164 times, downloaded 6 times

Trail photos

Photo ofPassadiços do Paiva e ponte 516Arouca Photo ofPassadiços do Paiva e ponte 516Arouca Photo ofPassadiços do Paiva e ponte 516Arouca

Itinerary description

Camiñada polos pasadizos do lado esquerdo do río Paiva e travesía da ponte pendurada "516Arouca" que pasa por ser a ponte suspensa máis longa do mundo.
Tanto a travesía polos pasadizos coma a pasaxe da ponte son de pago e con obtención previa dos tíckets. Pode tramitarse na páxina: https://ponte516arouca.com/
Co billete para a ponte entra a camiñada polos pasadizos. Pode, porén, obterse cada entrada por separado. Na páxina xa explica todo.
O acceso pode facerse por calquera dos extremos do pasadizo. A ponte está no lado de Areínho. Nos extremos hai taxis dispostos a trasladar ás camiñantes que non queiran facer ida e volta (os pasadizos miden algo máis de oito quilómetros lineais).
No dito lado de Areínho hai dous lugares para estacionamento; o propio da instalación está a uns dous quilómetros e o camiño é máis ou menos chairo. O outro está a carón do río, na praia fluvial. Neste caso, hai que subir uns 500 chanzos ata o nivel do posto de control e extremo da ponte. Dende aquí, seguindo os pasadizos, hai que baixar de novo ata preto do río, sendo o resto do percorrido de lene baixada ata o extremo de Espiunca.
Anoto esta información para que cada quen escolla onde comezar: dende o aparcadoiro ata o control; facendo circular pola praia (coma neste track); estacionando onda a praia e facendo lineal ida e volta; con transporte entre os extremos... Para facer ida e volta, aconséllase comezar en Espiunca pois así o retorno é de baixada e evítase a subida do comezo da parte da praia da Areínho. (Depende tamén do horario de visita á ponte, se se fai esta).
Outra posibilidade de acceso á ponte é dende a aldea de Alvarenga, como se explica na páxina web.
Sobre a camiñada en si, pouco máis que engadir: practicamente todo o percorrido é polos pasadizos de madeira, que están ben mantidos e con sinalización. Ten moita parte de sombra (moitísimo eucalipto!!). Nos extremos e no medio hai unhas áreas de pícnic con establecementos de bar e comida e servizos hixiénicos... no momento de facer esta ruta estaban pechados, agás o de Areínho.
A paisaxe que se vai percorrendo e o río que corre polo fondo son moi fermosos. Elementos significados (aparte da ponte) son a fervenza de Aguieiras, diversos cachóns do Paiva, ou a falla xeolóxica de Espiunca... Sobre condicións físicas e preparación para esta ruta, dedúcense do dito: moitos chanzos e marcado desnivel na parte da ponte. Require certo bo estado físico e hábito de camiñar (opinión).
A ponte suspendida é impresionante, dende logo. Mide 516 m de longa e a altura sobre o río e de 175 m. Non me parece especialmente vertixinosa pois persoas afectadas de vertixe atravesárona sen problema. É unha decisión persoal.
Consello: caso de estar no acceso á ponte á hora dunha visita anterior á que se teña marcada, é conveniente preguntar ao persoal (moi atento e servizal) se se pode pasar nesa quenda anterior. É posible que si.
Outra suxestión: se se accede pola estrada EN 326-1 non debe deixar de visitarse o "Centro de Interpetaçao Geológica de Canelas", un museo (privado, hai que pagar entrada) instalado aquí porque nunha louseira sita a carón apareceron sorprendentes fósiles de trilobites. (Por suposto, visitar Arouca e todo o resto de puntos de interese da área)

Waypoints

PictographCar park Altitude 954 ft
Photo ofEstacionamento. Photo ofEstacionamento.

Estacionamento.

PictographPanorama Altitude 704 ft
Photo ofPanorámica. Photo ofPanorámica. Photo ofPanorámica.

Panorámica.

PictographPicnic Altitude 573 ft
Photo ofPraia fluvial Photo ofPraia fluvial Photo ofPraia fluvial

Praia fluvial

PictographPavement ends Altitude 570 ft
Photo ofComezo pasarelas Photo ofComezo pasarelas Photo ofComezo pasarelas

Comezo pasarelas

PictographBridge Altitude 578 ft
Photo ofPonte de Alvarenga Photo ofPonte de Alvarenga Photo ofPonte de Alvarenga

Ponte de Alvarenga

PictographDoor Altitude 1,011 ft
Photo ofPosto de control Photo ofPosto de control

Posto de control

PictographPanorama Altitude 962 ft
Photo ofPonte 516 Arouca e fervenza Photo ofPonte 516 Arouca e fervenza Photo ofPonte 516 Arouca e fervenza

Ponte 516 Arouca e fervenza

PictographPanorama Altitude 925 ft
Photo ofPonte, fervenza e pasadiço Photo ofPonte, fervenza e pasadiço Photo ofPonte, fervenza e pasadiço

Ponte, fervenza e pasadiço

PictographWaypoint Altitude 716 ft
Photo ofTeléfono emerxencia

Teléfono emerxencia

PictographPanorama Altitude 618 ft
Photo ofPanorámica.

Panorámica.

Photo ofCartaz Photo ofCartaz

Cartaz

PictographPicnic Altitude 392 ft
Photo ofPraia Photo ofPraia Photo ofPraia

Praia

Pequeno bar e lugar onde bañarse. O bar, e servizos, estaba pechado.

PictographPhoto Altitude 368 ft
Photo ofSucalcos

Sucalcos

PictographPanorama Altitude 407 ft
Photo ofVolta do río Photo ofVolta do río

Volta do río

PictographWaterfall Altitude 412 ft
Photo ofGalo do salto Photo ofGalo do salto Photo ofGalo do salto

Galo do salto

PictographRiver Altitude 352 ft
Photo ofCachón

Cachón

PictographBridge Altitude 293 ft
Photo ofPonte e extremo de Espiunca. Photo ofPonte e extremo de Espiunca. Photo ofPonte e extremo de Espiunca.

Ponte e extremo de Espiunca.

PictographWaypoint Altitude 293 ft
Photo ofFalla de Espiunca Photo ofFalla de Espiunca Photo ofFalla de Espiunca

Falla de Espiunca

PictographRuins Altitude 392 ft
Photo ofMuiño Photo ofMuiño

Muiño

PictographBridge Altitude 372 ft
Photo ofPequena ponte colgante

Pequena ponte colgante

PictographBridge Altitude 1,058 ft
Photo ofPonte 516 Arouca. Photo ofPonte 516 Arouca. Photo ofPonte 516 Arouca.

Ponte 516 Arouca.

PictographBridge Altitude 1,020 ft
Photo ofPonte 516 Arouca. Percorrido Photo ofPonte 516 Arouca. Percorrido Photo ofPonte 516 Arouca. Percorrido

Ponte 516 Arouca. Percorrido

PictographDoor Altitude 909 ft
Photo ofEstrada EN 326-1 Photo ofEstrada EN 326-1

Estrada EN 326-1

Barreira da pista de acceso á ponte/pasadizo.

Comments

    You can or this trail