Activity

DO MOSTEIRO DE ARMENTEIRA A CAMBADOS

Download

Author

Trail stats

Distance
8.29 mi
Elevation gain
49 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
922 ft
Max elevation
863 ft
TrailRank 
21
Min elevation
-3 ft
Trail type
One Way
Coordinates
960
Uploaded
February 13, 2022
Recorded
June 2021
Be the first to clap
Share

near Armenteira, Galicia (España)

Viewed 67 times, downloaded 2 times

Itinerary description

SITUACIÓN: Meis, Ribadumia e Cambados (Pontevedra)
PUNTO DE PARTIDA: Mosteiro de Armenteira (263 m)
ACCESO: Desde a AP – 9 collendo a saída 119 cara a AG – 41. Desde esta cóllese a saída 9 cara a VG – 4.2 e na rotonda a saída terceira e na seguinte rotonda cóllese a primeira saída cara a EP – 9507 seguindo por esta uns 4,5 km ata a entrada do mosteiro de Armenteira.
HORARIO: 4 h DESNIVEL: 15 m de subidas / 280 m de baixadas DISTANCIA: 13,5 km DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Travesía
COTA MÍNIMA: Cambados (2 m) COTA MÁXIMA: Mosteiro de Armenteira (263 m)
MAPAS: I.G.N. – 185 – I - 152 – III
SINOPSE: A ruta da Pedra e da Auga transcorre polos concellos de Meis e Ribadumia. Unha ruta de 6,8 km con gran valor etnográfico na que atoparemos un gran número de muíños restaurados. Esta ruta composta por 51 muíños que seguen a marxe fluvial do río Armenteira, nun espazo natural que resulta ser un paseo único polo seu entorno, pola súa riqueza paisaxística e pola súa riqueza natural.
Un dos muíños rehabilitados, O Muíño da Casa, está destinado a Centro de Interpretación dos Muíños, encadrado na rede cultural galaico - portuguesa. Un edificio de planta cadrada onde poderemos descubrir as partes e o funcionamento dun muíño a través dunha exposición permanente mediante paneis informativos e vendo o funcionamento dun destes enxeños hidráulicos.
Ao longo da ruta temos a Aldea Labrega ou Aldea de Pedra que representa a escala real en granito as escenas da vida rural galega a comezos do século XX. Está formada por elementos tradicionais, coma un piorno de seis pés cun reloxo de sol e unha cruz artística, unha capela, un carro de vacas, unha cociña de pedra, unha fonte circular e moito máis.
DESCRICIÓN DA RUTA: O comezo desta andaina sitúase xunto ao mosteiro de Armenteira, enfronte ao busto de Gonzalo Torrente Ballester, comezando posiblemente pola parte máis fermosa do percorrido e de máis pendente de baixada onde na zona dos Muíños de Armenteira, o río salva o maior desnivel nos que se atopan numerosos saltos de auga.
O seguinte grupo de muíños son os Muíños de Serén, abicados nas abas do monte Cabeza do Boi. Aquí é onde se atopa a Aldea Labrega ou Aldea de Pedra que non podemos deixar de visitar tendo tamén unha zona recreativa e un bar.
A partir de aquí o bosque é máis reducido, ocupando solo a beira do río mentres que ao outro lado medran os viñedos. Deixamos o concello de Meis para entrar no de Ribadumia recorrendo o conxunto dos muíños de Barrantes.
Pouco despois, chegamos a autoestrada AG – 41 que cruzamos por un paso subterráneo para seguir xunto ao río. As árbores limítanse agora solo á beira do río sendo o terreo moito máis aberto. Pasamos xunto ao Pazo de Barrantes e pouco despois chegamos á desembocadura do río Armenteira no Umia onde temos unha área de lecer.
Cruzamos o río Umia pola ponte collendo á esquerda xusto ao remate desta ponte para seguir o camiño fluvial ata a estrada PO – 550 camiñando uns metros por ela en dirección a Cambados, para abandonala por unha pista á esquerda que nos vai levar ao porto de Cambados.

Comments

    You can or this trail