Activity

II Andaina contra o Despoboamento - Rebordechán (ruta longa)

Download

Trail photos

Photo ofII Andaina contra o Despoboamento - Rebordechán (ruta longa) Photo ofII Andaina contra o Despoboamento - Rebordechán (ruta longa) Photo ofII Andaina contra o Despoboamento - Rebordechán (ruta longa)

Author

Trail stats

Distance
13.26 mi
Elevation gain
2,815 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,815 ft
Max elevation
1,843 ft
TrailRank 
57 4.3
Min elevation
274 ft
Trail type
Loop
Moving time
4 hours 39 minutes
Time
6 hours 38 minutes
Coordinates
3733
Uploaded
April 18, 2019
Recorded
April 2019
  • Rating

  •   4.3 1 review
Be the first to clap
1 comment
Share

near Rebordechán, Galicia (España)

Viewed 989 times, downloaded 27 times

Trail photos

Photo ofII Andaina contra o Despoboamento - Rebordechán (ruta longa) Photo ofII Andaina contra o Despoboamento - Rebordechán (ruta longa) Photo ofII Andaina contra o Despoboamento - Rebordechán (ruta longa)

Itinerary description

Percorrido circular de 21 km pola parroquia de Rebordechán (Crecente), “unha aldea de tantas", chega de lugares baleiros pero tamén de recursos naturais e patrimonio histórico. Impresinoan as paisaxes, pero tamén as teas de araña que colgan das ventás.

A ruta comeza no antigo Camiño da Feira e despois de subir ao alto da Serra, onde se pode disfrutar dunha panorámica do Río Miño, comeza o descenso cara aos muiños da Serra e da Laxiña, entre outros, e a Casa do Coco.

Continuamos pola beira do Río Miño ata a fraga de A Freita para volver a subir de cara A Serra e voltar ao inicio da ruta.

View more external

Waypoints

PictographPhoto Altitude 853 ft
Photo ofCamiño da Feira Photo ofCamiño da Feira

Camiño da Feira

O nome deste camiño obedece ao uso que se lle daba os días 6 e 20 de cada mes; días nos que os veciños se desprazaban á feira da Cañiza.

PictographPanorama Altitude 1,125 ft

Vista da aldea

PictographPanorama Altitude 1,749 ft
Photo ofVistas dende o Coto do Vesperón

Vistas dende o Coto do Vesperón

PictographPanorama Altitude 1,781 ft
Photo ofPanorámica do Río Miño

Panorámica do Río Miño

PictographRuins Altitude 899 ft
Photo ofMuiño do Surreiro

Muiño do Surreiro

PictographReligious site Altitude 810 ft
Photo ofPeto das Ánimas

Peto das Ánimas

Cando os muíños funcionaban, e tamén a barca que cruzaba no Miño os pasaxeiros de Valongo e Vilanova; as persoas que os empregaban subían por este camiño e, ao chegar a este altiño, tomaban unha POUSA (feito que dá nome a este lugar). E xusto aquí (coincidencia), mentres tomban un aire, ofrecíaselles a oportunidade de dar un esmola polas ánimas dos defuntos.

PictographPhoto Altitude 692 ft
Photo ofCamiño dos Muiños

Camiño dos Muiños

PictographRuins Altitude 522 ft
Photo ofMuiño da Verea

Muiño da Verea

PictographRuins Altitude 499 ft
Photo ofMuiño da Serra Photo ofMuiño da Serra Photo ofMuiño da Serra

Muiño da Serra

Recibe este nome porque, na parte de atrás, aínda conserva a parede dunha antiga serra. Foi un muíño de “herdeiros” e contaban os máis vellos que a comida que lle daban aos canteiros era maioritariamente castañas.

PictographRuins Altitude 492 ft
Photo ofMuiño do Castiñeiro Photo ofMuiño do Castiñeiro Photo ofMuiño do Castiñeiro

Muiño do Castiñeiro

PictographRuins Altitude 472 ft
Photo ofMuiño da Serra Vella Photo ofMuiño da Serra Vella Photo ofMuiño da Serra Vella

Muiño da Serra Vella

PictographFountain Altitude 397 ft
Photo ofFonte Coto

Fonte Coto

PictographRuins Altitude 427 ft
Photo ofMuiño da Laxiña Photo ofMuiño da Laxiña Photo ofMuiño da Laxiña

Muiño da Laxiña

Muíño da Laxiña ou da Soledá. Dos once muíños que hai neste regueiro, foi o último en deixar de moer. Na porta, o muiñeiro nas súas “horas mortas” deixou gravados os acontecementos da aldea nos anos 50 do século pasado.

PictographRuins Altitude 423 ft
Photo ofMuiño do Chabolas

Muiño do Chabolas

PictographPhoto Altitude 571 ft
Photo ofCamiño Real

Camiño Real

Este é o camiño real que vai dende Tui a Castela.

PictographRuins Altitude 453 ft
Photo ofCapela de Parada

Capela de Parada

Porta de entrada das terras amuralladas dentro das cales estaba a capela.

PictographRuins Altitude 430 ft
Photo ofAntigo lagar

Antigo lagar

PictographPhoto Altitude 420 ft
Photo ofCasa do Coco

Casa do Coco

A casa do Coco encóntrase nunha zona chamada O Soalleiro. O topónimo soalleiro indica un lugar moi exposto o sol. Nesta casa destaca a solaina de pedra, típica das casas máis antigas da aldea.

PictographPanorama Altitude 348 ft
Photo ofVista do Balneario Antigo de Cortegada

Vista do Balneario Antigo de Cortegada

Vista do Balneario Antigo de Cortegada (Ourense), de estilo modernista, construído no año 1937.

PictographPanorama Altitude 489 ft
Photo ofCoto das Espullas Photo ofCoto das Espullas

Coto das Espullas

Este coto está situado na ladeira do Castro do Coruxón, hoxe denominado de San Sebastián. Conta a tradición que o que lave as espullas coa auga que “milagrosamente” se mantén todo o ano nas tres coviñas do coto e torne a vista cara o San Bento de Rabiño (que está enfronte, no outro lado do río), á vez que reza o noso pai, desapareceranlle as espullas. Se non desaparecesen, pode deberse a que non se rezou coa debida fe ou a que se lavaron coa auga da coviña que non era.

PictographRiver Altitude 233 ft
Photo ofA Freita - Río Miño Photo ofA Freita - Río Miño Photo ofA Freita - Río Miño

A Freita - Río Miño

Neste punto podemos acercarnos ao Río Miño e disfrutar da fraga de A Freita pola que transcurre o sendeiro.

PictographReligious site Altitude 623 ft
Photo ofCapela de San Sebastián

Capela de San Sebastián

Esta capela está situada na ladeira do castro do Coruxón. A ela acudían a pedir axuda e a dar unha esmola os quintos da parroquia, por aquilo de que o santo foi un soldado romano mártir.

PictographFountain Altitude 899 ft
Photo ofFonte dos dous curas Photo ofFonte dos dous curas

Fonte dos dous curas

Hoxe, esta fonte non verte auga, pois foi desviado o seu nacente para outros aproveitamentos. Pero houbo un tempo no que dous curas que non eran moi amigos, partiron a auga en dous canos para non ter que beber polo mesmo sitio.

Comments  (1)

  • Photo of fernando_ferreiro
    fernando_ferreiro May 13, 2019

     

    I have followed this trail  verified  View more

    Bonita ruta, aunque la ultima subida no aporta nada al recorrido.

You can or this trail