II Andaina contra O Despoboamento - Rebordechán (ruta curta)
near Rebordechán, Galicia (España)
Viewed 966 times, downloaded 17 times
Trail photos
Itinerary description
Impresionan as paisaxes, pero tamén as teas de araña que colgan das ventás.
A ruta comeza no antigo Camiño da Feira e tras unha pequeña subida comeza o descenso cara aos muiños da Serra e da Laxiña, entre outros.
No barrio de Parada pasamos pola Casa do Coco e iniciamos un tramo a beira do Río Miño pasando pola fraga de A Freita para volver ata o inicio da ruta.
Waypoints
Camiño da Feira
O nome deste camiño obedece ao uso que se lle daba os días 6 e 20 de cada mes; días nos que os veciños se desprazaban á feira da Cañiza.
Peto das Ánimas
Cando os muíños funcionaban, e tamén a barca que cruzaba no Miño os pasaxeiros de Valongo e Vilanova; as persoas que os empregaban subían por este camiño e, ao chegar a este altiño, tomaban unha POUSA (feito que dá nome a este lugar). E xusto aquí (coincidencia), mentres tomban un aire, ofrecíaselles a oportunidade de dar un esmola polas ánimas dos defuntos.
Casa do Cura
As marcas en cuña que se ven nalgunhas das pedras son a metade da entalla que se facía nas pedras grandes para rompelas. Unha vez feita a fileira da entalla precisa, metíanselle cuñas de madeira secas e mollábanse con auga quente, para que incharan e abriran a pedra polo sitio desexado. Este é o método máis primitivo de romper pedras na canteira.
Riobó. Lenda do Apóstolo Santiago
Aquí, no lugar de Riobó, conta a lenda que, indo o apóstolo Santiago, (outros din que foi San Telmo), no seu cabalo, este tropezou e tirou co seu dono ao chan, deixando na laxa a marca da pata do cabalo e a punta do caxato. Foi nese intre cando exclamou: “río bo, río malo, aquí nunca máis haberá peixe, nin bo nin malo”. Así, neste regueiro ninguén se lembra de ter pesca.
Muiño da Serra
Recibe este nome porque, na parte de atrás, aínda conserva a parede dunha antiga serra. Foi un muíño de “herdeiros” e contaban os máis vellos que a comida que lle daban aos canteiros era maioritariamente castañas.
Muiño da Laxiña
Muíño da Laxiña ou da Soledá. Dos once muíños que hai neste regueiro, foi o último en deixar de moer. Na porta, o muiñeiro nas súas “horas mortas” deixou gravados os acontecementos da aldea nos anos 50 do século pasado.
Capela de Parada
Porta de entrada das terras amuralladas dentro das cales estaba a capela.
Casa do Coco
A casa do Coco encóntrase nunha zona chamada O Soalleiro. O topónimo soalleiro indica un lugar moi exposto o sol. Nesta casa destaca a solaina de pedra, típica das casas máis antigas da aldea.
Panorámica do Balneario Antigo de Cortegada
Vista do Balneario Antigo de Cortegada (Ourense), de estilo modernista, construído no año 1937.
Coto das Espullas
Este coto está situado na ladeira do Castro do Coruxón, hoxe denominado de San Sebastián. Conta a tradición que o que lave as espullas coa auga que “milagrosamente” se mantén todo o ano nas tres coviñas do coto e torne a vista cara o San Bento de Rabiño (que está enfronte, no outro lado do río), á vez que reza o noso pai, desapareceranlle as espullas. Se non desaparecesen, pode deberse a que non se rezou coa debida fe ou a que se lavaron coa auga da coviña que non era.
A Freita - Río Miño
Neste punto podemos acercarnos ao Río Miño e disfrutar da Fraga de A Freita pola que transcurre o sendeiro.
Capela de San Sebastián
Esta capela está situada na ladeira do castro do Coruxón. A ela acudían a pedir axuda e a dar unha esmola os quintos da parroquia, por aquilo de que o santo foi un soldado romano mártir.
Fonte dos dous curas
Hoxe, esta fonte non verte auga, pois foi desviado o seu nacente para outros aproveitamentos. Pero houbo un tempo no que dous curas que non eran moi amigos, partiron a auga en dous canos para non ter que beber polo mesmo sitio.
Comments (2)
You can add a comment or review this trail
Magnifica ruta!! Patrimonio, río, cascadas, vistas...
I have followed this trail verified View more
Information
Easy to follow
Scenery
Easy
Bosques, molinos, Ríos, cascadas...todos los ingredientes para que una andaina se convierta además de una forma de hacer ejercicio, en un viaje al impresionante patrimonio y paisaje rural gallego, en este caso en Crecente.