Activity

Guende. Foxo do lobo. Coto de Fontefría (Lobios).

Download

Trail photos

Photo ofGuende. Foxo do lobo. Coto de Fontefría (Lobios). Photo ofGuende. Foxo do lobo. Coto de Fontefría (Lobios). Photo ofGuende. Foxo do lobo. Coto de Fontefría (Lobios).

Author

Trail stats

Distance
9.09 mi
Elevation gain
2,044 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,044 ft
Max elevation
4,789 ft
TrailRank 
59
Min elevation
2,638 ft
Trail type
Loop
Moving time
3 hours 32 minutes
Time
6 hours 24 minutes
Coordinates
2592
Uploaded
February 19, 2022
Recorded
February 2022
Be the first to clap
Share

near Araujo, Galicia (España)

Viewed 298 times, downloaded 21 times

Trail photos

Photo ofGuende. Foxo do lobo. Coto de Fontefría (Lobios). Photo ofGuende. Foxo do lobo. Coto de Fontefría (Lobios). Photo ofGuende. Foxo do lobo. Coto de Fontefría (Lobios).

Itinerary description

Estupenda ruta por uns lugares de estimulante beleza! Permite gozar da obra humana tanto na aldea da que sae, Guende, coma do Foxo, ou Casa do Lobo á vez que inclúe o reto de acadar a cima do Coto da Fontefría.
Feita seguindo esta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/guende-foxo-do-lobo-fonte-fria-1467m-70380495
Na entrada da aldea hai un lugar onde estacionar algún coche e tamén un cartaz con información da ruta. O percorrido está sinalizado, xa dende o inicio e ata tomar o camiño sen perda, por uns orixinais indicadores alusivos á trampa para o lobo. Atravesamos a aldea seguindo o track (á volta seguiremos o itinerario marcado) e por entre unha pequena carballeira tomamos o camiño da Serra. No poboamento vemos casas tradicionais de boa fábrica, unha capela, canastros, restos dun peto de ánimas, forno... e construcións e arranxos xa non tan harmónicos (cuestión de gustos, claro).
Ao longo do percurso veremos unhas siluetas de lobos en distintas actitudes que levan ata o Foxo. Tal como lemos na sinalética do comezo coma no cartaz a carón da construción, este é un foxo de cebo pois dentro do recinto colocábase un rexelo que, cos seus laios, atraía ao preador. Cando este saltaba ao interior para devoralo, xa non podía saír dada a impoñente altura dos muros. Esta construción lembra moito ás albarizas do Courel (e outros lugares), só que nelas o que se pretendía era evitar a entrada do oso ás colmeas.
Continuamos a camiñada cara o Coto da Fontefría, xa sen camiño aberto. Hai moitos estantes (aquí designados como "mariolas") que van guiando. Con todo, o mellor é seguir o itinerario cun GPS. O destino está ben visible e todos os camiño levarían a el, en todo caso...
Como elemento singular atopamos un bloque cúbico, cunha improvisada cruz enriba, e co nome Gonçalo gravado. Segundo a lenda aquí tería morrido a comezos do século XVI un frade co convento das Junias...
As paisaxes próximas están dominadas por impoñentes bloques de granito a cada cal máis suxestivo. Igualmente as vistas sobre o Baixa Limia, o Gêres, a Penda... son grandiosas. En certo momento puidemos albiscar un rabaño de cabras selvaxes que axiña fuxiron. Son difíciles de ver polo miméticas que son respecto do contorno.
A subida final ao Coto é bastante pina e, neste día, adobada cunha boa capa de carazo cubrindo as superficies. Unha beleza.
O cume está constituído por unha enorme mole de pedra. No track marco un intento falido de subida pola parte norte. Polo menos coas penas cubertas de xeo non é posible!!
O ascenso pola parte sur é relativamente doado, aínda que "aéreo". Non está ao alcance de todas as persoas e debe facerse con precaución. No cumio hai un marco da fronteira e paga o esforzo da subida cunhas soberbias panorámicas de 360º: identificamos o encoro de Paradela e a vila de Pitões das Junias, na parte portuguesa e os encoros de Salas, As Conchas e a cola do de Lindoso na parte galega...
A volta iníciase rodeando o monte pola parte leste e coincidindo co camiño de ida máis adiante.
Como queda dito, é moi conveniente guiarse cun GPS. No percorrido hai regueiros con auga polo menos nesta altura do ano. A indumentaria, equipamento e provisións deben ser as lóxicas para unha ruta por montaña.
A ruta ata o Foxo paréceme axeitada para calquera persoas medianamente afeita a camiñar por monte. A subida ao Coto de Fontefría (especialmente ao cima) xa non tanto.
Non sería unha camiñada axeitada para días de mal tempo: choiva, nevaradas ou néboas...

Waypoints

PictographCar park Altitude 2,809 ft
Photo ofAparcadoiro. Cartaz informativo. Photo ofAparcadoiro. Cartaz informativo. Photo ofAparcadoiro. Cartaz informativo.

Aparcadoiro. Cartaz informativo.

PictographReligious site Altitude 2,665 ft
Photo ofCapela, peto e canastros Photo ofCapela, peto e canastros Photo ofCapela, peto e canastros

Capela, peto e canastros

PictographIntersection Altitude 2,685 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographIntersection Altitude 2,839 ft
Photo ofEsquerda. Camiño á Serra sen perda. Photo ofEsquerda. Camiño á Serra sen perda.

Esquerda. Camiño á Serra sen perda.

PictographInformation point Altitude 2,831 ft
Photo ofEstampa lobo ouveador. Photo ofEstampa lobo ouveador. Photo ofEstampa lobo ouveador.

Estampa lobo ouveador.

PictographInformation point Altitude 3,051 ft
Photo ofSilueta lobo 'malo' Photo ofSilueta lobo 'malo' Photo ofSilueta lobo 'malo'

Silueta lobo 'malo'

PictographInformation point Altitude 3,272 ft
Photo ofLobo cazador. Photo ofLobo cazador. Photo ofLobo cazador.

Lobo cazador.

PictographInformation point Altitude 3,348 ft
Photo ofLobo corredor Photo ofLobo corredor Photo ofLobo corredor

Lobo corredor

Photo ofFoxo do lobo Photo ofFoxo do lobo Photo ofFoxo do lobo

Foxo do lobo

Os muros orixinais estaban cubertos de capeas, ou lousas grandes que sobardaban cara o interior, impedindo totalmente a fuxida do lobo que entrase.

PictographMonument Altitude 3,574 ft
Photo ofMonumento lendario. Photo ofMonumento lendario. Photo ofMonumento lendario.

Monumento lendario.

"...Ó fronte da pequena abadía de #SantaMaríadasJúnias atopábase un monxe de orixe portuguesa, natural de Chaves, chamado Frei Gonçalo Coelho. O relato refire que certo día de inverno, 2 de febreiro de 1501, reclaman os seus servizos na freguesía de Santa María de Cela e non se demora en coller camiño, atravesando a escarpada serra. Celebra os actos relixiosos diante dos seus fregueses e volve andando ao mosteiro, atopando a morte nestas alturas da serra..." (https://twitter.com/portasdoxures/status/1408037405618327554)

Photo ofRestos da verea antiga. Photo ofRestos da verea antiga. Photo ofRestos da verea antiga.

Restos da verea antiga.

Probablemente atravesaría a Serra.

PictographPhoto Altitude 4,056 ft
Photo ofPedras Photo ofPedras Photo ofPedras

Pedras

PictographRisk Altitude 4,658 ft
Photo ofNON SUBIR! Photo ofNON SUBIR! Photo ofNON SUBIR!

NON SUBIR!

PictographSummit Altitude 4,767 ft
Photo ofCima Photo ofCima Photo ofCima

Cima

PictographWaypoint Altitude 4,401 ft
Photo ofMarco 197 Photo ofMarco 197

Marco 197

PictographMonument Altitude 2,691 ft
Photo ofForno comunitario. Photo ofForno comunitario. Photo ofForno comunitario.

Forno comunitario.

Comments

    You can or this trail