Activity

[Gerês-Xurés] Ruta de Guende ó Mosteiro de Pitões das Júnias con ascenso ó Pico Fontefría

Download

Trail photos

Photo of[Gerês-Xurés] Ruta de Guende ó Mosteiro de Pitões das Júnias con ascenso ó Pico Fontefría Photo of[Gerês-Xurés] Ruta de Guende ó Mosteiro de Pitões das Júnias con ascenso ó Pico Fontefría Photo of[Gerês-Xurés] Ruta de Guende ó Mosteiro de Pitões das Júnias con ascenso ó Pico Fontefría

Author

Trail stats

Distance
12.2 mi
Elevation gain
3,005 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,021 ft
Max elevation
4,738 ft
TrailRank 
54
Min elevation
2,670 ft
Trail type
One Way
Time
9 hours 16 minutes
Coordinates
3406
Uploaded
June 19, 2023
Recorded
June 2023
Share

near Araujo, Galicia (España)

Viewed 90 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo of[Gerês-Xurés] Ruta de Guende ó Mosteiro de Pitões das Júnias con ascenso ó Pico Fontefría Photo of[Gerês-Xurés] Ruta de Guende ó Mosteiro de Pitões das Júnias con ascenso ó Pico Fontefría Photo of[Gerês-Xurés] Ruta de Guende ó Mosteiro de Pitões das Júnias con ascenso ó Pico Fontefría

Itinerary description

Comenzamos a ruta en Guende. Despois de cruzar o pobo dirixímonos hacia o primeiro punto de interese: O Foxo do Lobo de Guende. O camiño nesta primeira parte está sinalizado e discurre, incrementando pouco a pouco a pendente, por pista/sendeiro de terra ben conservado. Pronto desaparecen os carballos e castiñeiros para dar paso ás paisaxes duras e agrestes da Serra do Xurés. Nesta parte acompáñannos ás esculturas metálicas de lobos feitas por Toño Monteiro e que aparecen cada pouco sobre os penedos vixiando o camiño. Pasado o kilómetro 3 da ruta chegamos ó Foxo do Lobo. Sorprende a lonxitude e superficie que abarcan os seus muros moi ben conservados. Os foxos utilizábanse no pasado para a caza do lobo. Para eso introducíase unha peza de gando como cebo. O lobo accedía por unha rampa e saltaba ó seu interior sen percatarse da estructura cerrada do foxo ó estar éste construido a media ladeira.
Desde ahí continuamos o camiño adentrándonos xa nas paraxes graníticas tan propias do Xurés. O sendeiro empézase a difuminar un pouco pero séguese sen dificultade e está ben sinalizado con hitos.
Chegamos á segunda parada da ruta: unha cruz rudimentaria de madeira marca o lugar donde no ano 1501 apareceu o corpo sen vida sobre a neve de Frei Gonzalo. Volvía a cabalo hacia o Mosteiro de Pitões das Júnias despois de celebrar misa en A Cela. Hoxe, nunha paraxe granítica que particularmente me encanta queda no seu recordo esa cruz de madeira, unha inscripción nun penedo e un gran milladoiro que os sendeiristas van facendo crecer pedra a pedra.
Cruzando entre grandes formacións rocosas chegamos ó Curral do Fontefría. Un espazo donde antigamente se recollía ó gando. No seu interior hai unha chivana (refuxio de pastores) moi ben conservada.
A partir de aquí, no alto de formacións rocosas de acceso inverosímil aparecen gran cantidade de exemplares de cabra hispánica vixiando atentamente o noso camiño.
Continuamos o ascenso ata chegar á “raia” fronteiriza entre España e Portugal entre os picos de As Gralleiras e Fontefría. Pequeno descanso antes de iniciar o ascenso ó Pico Fontefría. A pendente aquí elévase de forma moi considerable xa desde os primeiros metros. Na sua parte final convírtese nunha dura subida entre grandes rochas graníticas tendo incluso que facer algunha pequena trepada para chegar á cima. Unha vez arriba a vista é maxestuosa e mostra en todo o seu esplendor a paisaxe dura, agreste e granítica da serra. Apetece quedar a comer e descansar no alto pero percatámonos de que se aproxima néboa desde a zona do Pico da Nevosa polo que iniciamos o descenso con moito cuidado debido á forte pendente e ás zonas de destrepe.
Despois de repor forzas na raia continuamos o camiño xa por zona portuguesa en dirección a Pitões das Júnias. Iniciamos un descenso gradual sen poder evitar de vez en cando mirar atrás para ver a impoñente liña de picos da serra.
Aquí como non podía faltar, tivemos o inconvinte da xornada. Charla animada e despiste fixeron que nos desviaramos do sendeiro. Aproximadamente entre os kilómetros 8,5 e 9, fixémolo monte a través. Deixamos o sendeiro á nosa dereita no sentido da marcha ata que conseguimos enlazar de novo pouco antes dunha ponte de madeira. A partir de aquí, camiño sinxelo por pista ata chegar a Pitões das Júnias. Parada na Taberna Celta para tomar unhas cervexas “pretas” e alí decidimos continuar o camiño ata o Mosteiro de Pitões. Cruzamos o pobo curioseando polas suas rúas pasando polo Forno do Povo e o Eco Museo de Barroso. Pobo pintoresco e ben conservado con varios sitios donde comer moi ben. O camiño vai en descenso primeiro por pista de pedra e despois de terra. Nunha bifurcación, aproximadamente no kilómetro 16,6 baixamos á dereita para ir ó Miradoiro da Fervenza de Pitões. A baixada ata o miradoiro faixe ben por escaleiras de madeira. Volvemos atrás ata a bifurcación e seguimos por un sendeiro ata o obxectivo final…o Mosteiro de Pitões das Júnias.
O mosteiro albergou unha comunidade monástica desde o século IX, incorporándose á Orde do Císter no século XIII. En apariencia a estructura da igrexa consérvase ben pero da parte do claustro soamente se conserva unha arcada e o lateral adosado á cabeceira da igrexa que se extendía ó longo da marxe do río. Na outra ala distínguese o espazo da cociña e unha gran chimenea.
Volvemos atrás, prácticamente polo mesmo camiño, ata a Casa do Preto en Pitões donde nos agardaba unha cea a base de presunto, freijoada, bacallao e posta de carne.
Unha bonita ruta con certo grao de dureza que nos permitiu adentrarnos de novo na espectacular paisaxe do Gerês-Xurés.

A ruta califiqueina con dificultade moderada debido ás pequenas trepadas e destrepadas na parte final da ascensión ó Pico Fontefría. Polo demais non ten mais dificultade que a distancia e o desnivel acumulado.

(Distancia e desnivel + en Garmin GPSMAP 67: 20,18 km / 1066 m)

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 2,674 ft

Guende

PictographWaypoint Altitude 3,344 ft
Photo ofFoxo do Lobo

Foxo do Lobo

PictographWaypoint Altitude 3,552 ft
Photo ofCruceiro Frei Gonzalo Photo ofCruceiro Frei Gonzalo Photo ofCruceiro Frei Gonzalo

Cruceiro Frei Gonzalo

PictographWaypoint Altitude 3,964 ft
Photo ofCurral de Fontefría Photo ofCurral de Fontefría Photo ofCurral de Fontefría

Curral de Fontefría

PictographWaypoint Altitude 3,964 ft

Chivana

PictographWaypoint Altitude 3,964 ft

Regato

PictographWaypoint Altitude 4,375 ft
Photo ofRaia fronteiriza Photo ofRaia fronteiriza Photo ofRaia fronteiriza

Raia fronteiriza

PictographWaypoint Altitude 4,732 ft
Photo ofPico Fontefría Photo ofPico Fontefría Photo ofPico Fontefría

Pico Fontefría

PictographWaypoint Altitude 4,290 ft

Regato

PictographWaypoint Altitude 3,715 ft
Photo ofPonte Photo ofPonte Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 3,654 ft

Fonte

PictographWaypoint Altitude 3,750 ft

Fonte

PictographWaypoint Altitude 3,703 ft

Pitões das Júnias

PictographWaypoint Altitude 3,615 ft
Photo ofTaberna Celta

Taberna Celta

PictographWaypoint Altitude 3,617 ft

Eco Museu de Barroso

PictographWaypoint Altitude 3,142 ft

Miradoiro da Fervenza de Pitões

PictographWaypoint Altitude 3,139 ft

Fervenza de Pitões

PictographWaypoint Altitude 3,378 ft
Photo ofMosteiro de Pitões Photo ofMosteiro de Pitões Photo ofMosteiro de Pitões

Mosteiro de Pitões

Comments

    You can or this trail