Activity

[Gerês-Xurés] Ruta das Chivanas

Download

Trail photos

Photo of[Gerês-Xurés] Ruta das Chivanas Photo of[Gerês-Xurés] Ruta das Chivanas Photo of[Gerês-Xurés] Ruta das Chivanas

Author

Trail stats

Distance
9.3 mi
Elevation gain
1,811 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,811 ft
Max elevation
3,776 ft
TrailRank 
54
Min elevation
2,227 ft
Trail type
Loop
Time
5 hours 45 minutes
Coordinates
3149
Uploaded
October 2, 2023
Recorded
September 2023
Share

near Araujo, Galicia (España)

Viewed 29 times, downloaded 1 times

Trail photos

Photo of[Gerês-Xurés] Ruta das Chivanas Photo of[Gerês-Xurés] Ruta das Chivanas Photo of[Gerês-Xurés] Ruta das Chivanas

Itinerary description

Iniciamos a ruta no pobo de San Paio. As 8:30 puxémonos en marcha para tratar de evitar o máximo posible unha previsión de máis de 30 graos de temperatura. Durante algo máis de kilómetro e medio seguimos unha pista de terra que nos levou ata unha área recreativa donde atopamos un cartel explicativo da ruta. Ningún problema ata aquí; o único salientable, a brisa quente que auguraba un día de calor forte. Neste punto abanonamos a pista para introducirnos nun sendeiro dunha zona arbolada, pero incomprensiblemente atopamos o camiño completamente cerrado con maleza e silveiras de nivel "top". Botamos un bo anaco para avanzar 30 metros a base golpes e enganchóns. Despois de ler en Wikiloc algún comentario sobre que a ruta estaba moi cerrada en moitos puntos, aquelo non presaxiaba nada bo. Sen embargo, este foi o punto máis dificultoso e chama a atención porque está xusto a carón do cartel da ruta.
Pasada a dificultade seguimos por un sendeiro que si ben é certo que presenta moita maleza con xestas de gran altura invadindo o camiño, en ningún caso impiden o paso. Nesta parte do camiño tivemos unhos guías e acompañantes excepcionais...formamos un pelotón con un boi e duas vacas circulando 20 metros por diante de nos, e outra vaca 20 metros por detrás. Así continuamos kilómetro e medio ata cerca da primeira chivana da ruta. Nestes primeiros kilómetros, cada certo tempo hai sinalización con postes de madeira e marcas branca e vermella. O camiño vai continuamente en ascenso e ao lonxe vese a liña de montañas donde xa se distingue o Alto da Nevosa.
Despois de 4 kilómetros e medio de camiño chegamos á primeira das chivanas...a Chivana Cabreira. As chivanas, son antigos refuxios de pastores feitos de pedras cunha forma que en moitos casos a min recórdame a un iglú. Ten unha pequena entrada por donde se pode pasar a gatas ó seu interior. Diante da porta os pastores prendían lume para quentarse e para evitar a entrada de animais ao interior. As chivanas ían cubertas de terróns donde acababa crecendo vexetación, convertindo a moitas delas en pequenos montículos cunha pequena entrada como si fose unha cova. A Chivana Cabreira, está nunha pequena campa e ainda que non ten a cuberta de terra, o estado de conservación é bo.
Nesta mesma campa, encontramos un pequeno tesouro: un gran manto de Lirios do Xurés que sempre alegran a vista e dan cor e contraste a estas zonas de marcado carácter agreste.
Un kilómetro despois chegamos a outra campa donde nos levamos un pequeno chasco…non fumos capaces de atopar a segunda chivana, coñecida como Chivana do Coto Arcediago. Supoño que a sua mimetización co entorno e o exceso de maleza con grandes xestas mantivérona escondida.
Pouco máis adiante temos un descenso hacia a Corga da Fenteira no que hai que ter un pouco de cuidado debido ás irregularidades do terreo e a zonas con bastante vexetación. O sendeiro vaise distinguindo medianamente pero por tramos hai que fixarse. Segue aparecendo algunha estaca coas marcas branca e vermella.
Tras cruzar a corga chegamos a outra campa donde nos levamos un segundo chasco. Tiñamos que atopar outra chivana en ruinas, pero de novo o exceso de maleza e supoño que o seu estado, nos impediu atopala. Comezamos a "preocuparnos" porque facer a Ruta das Chivanas e sólo levar visto unha, empezaba a ser un pouco frustrante. De todas formas, deixamos marcados con waypoints os respectivos sitios donde deberían estar.
O camiño continua xa moi difuso e é doado despistarse. O lado dun regato, oculta pola vexetación atopamos a última parte branco-vermella de este tramo. Aquí temos agora o último tramo de subida, con bastante pendente, e no que é difícil avanzar porque xa se fai monte a través cunha vexetación bastante alta e salpicado de rochas. A dirección da marcha cambia para desde o alto empezar a facer o que sería a volta desta ruta circular. No alto atopamos un hito. A partir de aquí, de cando en vez aparece algún máis pero por si solos non chegan para seguir o camiño. Descansamos un pouco mentras explorabamos visualmente o terreo que tiñamos por diante. Desde aquí ata a Braña de Prado Seco, non hai sendeiro. O camiño faise monte a través durante aproximadamente kilómetro e medio. Nos seguimos un track do Clube Acivro. Por suposto. o avance faise máis difícil pero salvo en algún punto concreto con maleza alta, non foi especialmente problemático.
Así chegamos ó Val de Prado Seco donde nos recibiu unha bonita manada de cabalos salvaxes. A partir de aquí a paisaxe sube de nivel no que respecta a condicións agrestes; empezan a abundar os bolos e agullas graníticas e a liña de montañas que delimita o val móstrase afilada e granítica como corresponde a paisaxe típica das zonas altas da Serra do Xurés. Por eso resulta máxico atopar un sitio como a Braña de Prado Seco con unha boa extensión de pasto para o gando. Cruzando os dedos buscamos a chivana correspondente, que sería a última da ruta, e neste caso apareceu. Ao final da braña, un pequeno montículo, cuberto parcialmente de terra e algo de vexetación no que te fixas porque pasas xusto ó lado da entrada cando te dirixes ao sendeiro que sae de Prado Seco. Momento para o avituallamento, descansar un pouco e disfrutar do lugar antes de facer os aproximadamente últimos 6 kilómetros da ruta.
A partir de aquí, seguendo o track o avance e moito máis doado. A veces parece un sendeiro, a veces é unha trocha e outras é un curso seco de auga. Aparece tamén algún que outro hito e máis alá das irregularidades propias deste terreo o avance é sinxelo. Así chegamos ata o Bolo de Pena Rubia admirando a paisaxe granítica e disfrutando dos bolos que adoptan equilibrios imposibles uns sobre outros.
A partir do Bolo de Pena Rubia o sendeiro vira á esquerda para ir cerrando o círculo. Ó lonxe podemos ver as cimas dos picos Fontefría e Gralleiras. Volven a aparecer tamén as estacas con marca branca e vermella.
Tras cruzar por unha ponte o Regato Fontefría empezamos a abandonar paulatinamente o terreo agreste e duro da serra para irnos adentrando nunha zona boscosa donde abundan os carballos e aparece tamén algún castiñeiro. Agradécese a sombra nesta parte final porque xa estamos por riba de 30 graos de temperatura. Tras un descenso bastante pronunciado chegamos o pobo de Bouzas donde aproveitamos para refrescarnos na fonte do lavadeiro. Pouco despois de deixar atrás Bouzas, chegamos de novo a San Paio entrando no pobo pola zona da igrexa. Fin de ruta con unhas cervexas no bar do pobo e tempo de valoracións.
Quizás non sexa a miña ruta preferida por esta parte do Xurés, pero como sempre a paisaxe granítica e neste caso a Braña de Prado Seco compensan o esforzo. Por outra parte, é unha ruta que ten zonas de avance difícil monte a través ou incluso por sendeiro debido ó exceso de maleza. Esto fai que sexa imprescindible o uso do GPS. Tamén, como recomendan desde Clube Acivro, o uso de polainas é un plus a ter en conta.

IMPORTANTE: A dificultade califiqueina como moderada, pola irregularidade do terreo, a camiñada monte a través, o exceso de maleza nalgunhas partes e a falta dun sendeiro propiamente dito en boa parte da ruta.

(Distancia e desnivel + en Garmin GPSMAP 67: 15,54 km / 652 m)

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 2,341 ft

Corga da Pala

PictographWaypoint Altitude 2,337 ft

Cartel Ruta

PictographWaypoint Altitude 2,341 ft
Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro

Sendeiro

PictographWaypoint Altitude 2,524 ft

Corga do Arcediago

PictographWaypoint Altitude 2,734 ft

Enlace camiño

PictographWaypoint Altitude 2,860 ft
Photo ofSendeiro

Sendeiro

PictographWaypoint Altitude 3,133 ft
Photo ofChivana Cabreira Photo ofChivana Cabreira

Chivana Cabreira

PictographWaypoint Altitude 3,409 ft
Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro

Sendeiro

PictographWaypoint Altitude 3,463 ft
Photo ofCampa

Campa

PictographWaypoint Altitude 3,478 ft

Chivana Coto Arcediago

PictographWaypoint Altitude 3,462 ft
Photo ofCorga da Fenteira

Corga da Fenteira

PictographWaypoint Altitude 3,539 ft
Photo ofSendeiro

Sendeiro

PictographWaypoint Altitude 3,526 ft

Chivana en ruinas

PictographWaypoint Altitude 3,527 ft
Photo ofCampa

Campa

PictographWaypoint Altitude 3,608 ft
Photo ofDesvío Photo ofDesvío

Desvío

PictographWaypoint Altitude 3,443 ft
Photo ofVal de Prado Seco

Val de Prado Seco

PictographWaypoint Altitude 3,437 ft
Photo ofBraña de Prado Seco

Braña de Prado Seco

PictographWaypoint Altitude 3,454 ft
Photo ofChivana de Prado Seco

Chivana de Prado Seco

PictographWaypoint Altitude 3,437 ft
Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro

Sendeiro

PictographWaypoint Altitude 3,494 ft

Collado da Portela

PictographWaypoint Altitude 3,035 ft
Photo ofBolo de Pena Rubia

Bolo de Pena Rubia

PictographWaypoint Altitude 2,888 ft
Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro

Sendeiro

PictographWaypoint Altitude 2,845 ft

Regato Fonte Fría

PictographWaypoint Altitude 2,509 ft

Fonte

PictographWaypoint Altitude 2,507 ft
Photo ofBouzas

Bouzas

Comments

    You can or this trail