Activity

Fuente Canalina, Pico Lago y Laguna de Tronisco desde Cofiñal

Download

Trail photos

Photo ofFuente Canalina, Pico Lago y Laguna de Tronisco desde Cofiñal Photo ofFuente Canalina, Pico Lago y Laguna de Tronisco desde Cofiñal Photo ofFuente Canalina, Pico Lago y Laguna de Tronisco desde Cofiñal

Author

Trail stats

Distance
10.21 mi
Elevation gain
2,822 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,822 ft
Max elevation
6,409 ft
TrailRank 
40
Min elevation
3,521 ft
Trail type
Loop
Moving time
3 hours 36 minutes
Time
7 hours 5 minutes
Coordinates
2476
Uploaded
February 17, 2024
Recorded
February 2024
Share

near Cofiñal, Castilla y León (España)

Viewed 17 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofFuente Canalina, Pico Lago y Laguna de Tronisco desde Cofiñal Photo ofFuente Canalina, Pico Lago y Laguna de Tronisco desde Cofiñal Photo ofFuente Canalina, Pico Lago y Laguna de Tronisco desde Cofiñal

Itinerary description

Ruta circular desde Cofiñal pasando por:
- Fuente Canalina (2.5 km)
- Pico Lago (7.9 km)
- Laguna de Tronisco (8.9 km)
PUNTO DE PARTIDA: Cofiñal (1.178 m)

ACCESO: Desde Ujo pola estrada AS – 253 ata o porto de San Isidro. Logo pola LE – 331 ata Puebla de Lillo, onde á entrada da poboación collemos á esquerda a estrada LE – 333 que vai ao porto de Las Señales.

HORARIO: 4 h DESNIVEL: 420 m DISTANCIA: 11km

DIFICULTADE: Baixa TIPO DE RUTA: Circular

COTA MÍNIMA: Cofiñal (1.178 m) COTA MÁXIMA: Refuxio de Tronisco (1.570 m)

MAPA: I.G.N. – 79 – IV

SINOPSE: O faial de Tronisco pode ser un dos máis fermosos do Parque Regional de la Montaña de Riaño y Mampodre. A visita ao refuxio no Collado Tronisco, a caseta de observación e a fervenza de Los Forfogones completarán esta fermosa e fácil camiñada.

DESCRICIÓN DA RUTA: Comezamos a camiñar xunto as pistas polideportivas de Cofiñal, uns cincocentos metros logo de pasar esta poboación en dirección ao porto de Las Señales. Camiñamos pola estrada medio quilómetro ata que aparece á nosa dereita unha pista onde comeza a subida cara ao faial de Tronisco. Temos unha fonte e boas vistas do val do río Porma.

Despois de camiñar quilómetro e medio rumbo norte, a pista xira á dereita comezando un tramo en dirección leste, entrando así no fermoso faial de Tronisco. A pista ancha e fácil de camiñar pola que vamos gañando altura suavemente polo medio do faial.

Deixamos atrás un desvío e chegamos á fonte Canalina. Pouco despois temos outro desvío polo que collemos á esquerda para seguir o percorrido cara ao rego Tronisco, na parte máis baixa do faial.

Este camiño sae do bosque xunto ao rego Tronisco onde collemos á dereita continuando a subida cara á Majada de Tronisco onde existe un refuxio. Camiñamos polos prados de Tronisco por camiño pouco definido e atravesamos o rego, comezando agora a parte máis pendente da ruta.

Un pouco máis arriba, atravesamos outro rego ofrecendo este lugar unhas vistas espectaculares. Rematada a subida logo de pasar unha zona de escobas, chegamos ao refuxio (1.570 m) onde podemos aproveitar para descansar.

Xunto ao refuxio, en dirección leste, sae un camiño cara ao Collado de Tronisco situado uns cen metros máis alto.

Saímos do refuxio collendo un desvío que baixa pola outra ladeira onde volvemos a gozar doutra fermosa masa boscosa. Mentres camiñamos, vamos perdendo altura suavemente, sempre por camiño ancho e sen perda. Temos outro desvío no que seguimos o camiño principal que nos leva xunto a unha caseta desde a que, subindo unhas escaleiras, podemos ver gran parte do val.

Por unha zona máis aberta camiñamos cara ao rego Tronisco deixando atrás un carreiro que aparece pola nosa esquerda e volvemos a internarnos no faial. A pista baixa, de fronte vemos a Peña San Justo, e á estrada de Puebla de Lillo – Porto de Las Señales onde collemos á dereita camiñando por ela uns douscentos metros.

Agora baixamos á esquerda, no desvío sinalizado, para visitar a fervenza de Los Forfogones. Este é un dos recunchos máis espectaculares do Parque Regional de la Montaña de Riaño e Mampodre. Temos un curto e pendente tramo ata chegar á canle por onde camiñamos con precaución polo esvaradío do chan.

A fervenza ben merece a visita por situarse nun lugar excepcional. Cruzamos por unha ponte de madeira e subimos polo carreiro que temos do outro lado onde temos o carreiro que comunica o Valle Pinzón con o Valle de Entrevados. Nós seguimos á esquerda, cara a Cofiñal, onde axiña atoparemos outro recuncho con outra fervenza.

Polo camiño principal seguimos a andaina cruzando primeiro o río Porma por unha ponte de madeira e logo o pequeno rego de Tronisco. Este tramo non ten perda algunha, sempre cara a Cofiñal en dirección sur. O camiño sae á estrada pola que camiñamos ata chegar de novo ao punto de inicio.



Pico do Lago (2.009 m) desde o refuxio de Tronisco



Distancia: 6,2 km Desnivel: 440 m Tipo de ruta: Circular



Para subir ao pico do Lago, temos que coller un camiño que sae pola parte superior do refuxio en dirección oeste ata o cordal do piñeiral de Lillo (1.700 m). Una vez chegado ao cordal, temos que xirar á dereita, dirección leste, seguindo a liña cimeira ata o pico do Lago.

Una vez enriba, temos inmellorables vistas do macizo do Mampodre, Peña Ten e Pileñes, Pico San Justo e Susarón e tamén os Picos de Europa.

Comezamos a baixada pola cara sur con vistas aos Mampodre, o primeiro tramo con forte pendente, que se vai suavizando segundo imos perdendo altura. Así chegamos aos lagos de Tronisco (1.770 m) o maior deles de considerables dimensións.

Deixamos o lago máis grande á nosa dereita situado debaixo da crista pola que subimos ao pico do Lago. Un pouco máis adiante empalmamos cun camiño no que collemos á dereita, dirección oeste, polo que seguimos ata o refuxio onde comezamos a subida ao pico do Lago.

A partir de aquí seguiremos as indicacións do texto do faial de Tronisco.



© Penatallada 2019

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 3,549 ft
Photo ofInicio de ruta

Inicio de ruta

Cofiñal

PictographWaypoint Altitude 4,395 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 4,390 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 4,642 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

Paisaxe

PictographWaypoint Altitude 4,982 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 5,258 ft
Photo ofWaypoint Photo ofWaypoint

Waypoint

Paisaxe

PictographWaypoint Altitude 5,317 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

Paisaxe

PictographWaypoint Altitude 5,547 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 5,853 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 6,012 ft
Photo ofLaguna de Tronisco desde el alto

Laguna de Tronisco desde el alto

PictographWaypoint Altitude 5,984 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 6,088 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 6,159 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 6,426 ft
Photo ofCumbre

Cumbre

PictographWaypoint Altitude 6,426 ft
Photo ofCumbre Photo ofCumbre

Cumbre

PictographWaypoint Altitude 6,287 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 5,299 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

Comments

    You can or this trail