Wikiloc will stop soon for maintenance

Activity

Por Bueu. Portela, Beluso, Cabo Udra, praia Lagos.

Download

Trail photos

Photo ofPor Bueu. Portela, Beluso, Cabo Udra, praia Lagos. Photo ofPor Bueu. Portela, Beluso, Cabo Udra, praia Lagos. Photo ofPor Bueu. Portela, Beluso, Cabo Udra, praia Lagos.

Author

Trail stats

Distance
9.25 mi
Elevation gain
1,378 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,778 ft
Max elevation
487 ft
TrailRank 
41
Min elevation
8 ft
Trail type
One Way
Moving time
3 hours 22 minutes
Time
6 hours 7 minutes
Coordinates
2594
Uploaded
November 26, 2022
Recorded
November 2022
Share

near Ermelo, Galicia (España)

Viewed 33 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofPor Bueu. Portela, Beluso, Cabo Udra, praia Lagos. Photo ofPor Bueu. Portela, Beluso, Cabo Udra, praia Lagos. Photo ofPor Bueu. Portela, Beluso, Cabo Udra, praia Lagos.

Itinerary description

26 de noviembre 2022. Ruta linear. Grupo de vellos camiñantes con convidadas e convidados. A ruta, por clásicos camiños do Morrazo, foi organizada e guiada nesta ocasión por Salo que engade o tramo inicial, dende a Portela a Beluso; e complétase coas achegas do desvío á poza de auga doce e a variante polo humidal da Corregadoira.

Todos os coches chegan a Portela; desprázanse tres a Udra: nun deles regresan todos os conductores e, no punto final, quedan dous coches levar de volta ao punto de inicio ás 10 persoas.

Saída do lugar da Portela, p.k. 14 da PO-551, de Cangas a Bueu, ás 11 h.
Enfílase o sendeiro formigonado que pasa diante dun cruceiro e por baixo da estrada PO511. Regatos cheos de agua, fonte con escadas pegada ás leiras, a rebosar; camiño con follas de castiñeiros e paisaxe rural a pouco de zonas máis urbanizadas. Nun punto deixamos, á dereita, o campo de fútbol de Bueu á dereita e á esquerda, más atrás, a capela do Santos Reis (que non vemos, pero alí queda para outra ocasión) de acordo co proxecto de Urbano Lugrís

Vemos a igrexa de San Martiño de Bueu (do século XIX, construída sobre un templo románico) e seguimos á esquerda polo Camiño de Santa Cruz, por onde está a fonte do Enleito ou da Cachopeira, cun banco de pedra; neste entorno tamén está o cruceiro do Enleito, de 1751; ben catalogado, que forma parte dun vía crucis que partía do pazo de Santa Cruz ata a igrexa de San Martiño. http://patrimoniogalego.net/index.php/81900/2016/01/cruceiro-no-enleito/
A fonte forma parte do programa "A memoria da auga: fontes e lavadoiros" do Concello de Bueu que revaloriza 46 fontes e lavodoiros (todos de titularidade pública excepto un). https://concellodebueu.gal/a-memoria-da-auga-fontes-e-lavadoiros/

Polo camiño disfrútanse as vistas ao rural, primeiro, e despois as panorámicas sobre a vila de Bueu, o seu porto, a illa de Tambo e outras localizacións da ría de Pontevedra.

Mais adiante, pasamos pola traseira do pazo de Santa Cruz, do século XVII e tamén coñecido como "pazo de quitapesares": capela dedicada a Santa Ifixenia (non sei de ningunha rapaza que leve ese nome), hórreo, xardín, invernadeiro... lugar de celebración de bodas e banquetes.

Vemos unha almiña que non fumos quen de identificar. Unha representación incrustada no muro, ¿un crucificado, un mártir?, pintada non hai moitos anos pero as letras non permiten coñecer a quen está dedicada, comeza por san... e hai restos de velas e lámpadas.

Pola estrada PO315 pasamos diante da pensión Lubina e por un camiño casi invisible pasamos á estrada da praia de Beluso, deixando á dereita as praias da Banda do río e da Robaleira.

Pola estrada de Beluso, camiño do porto, pasamos diante do Bar Playa e da antiga salazón de Eligio Prieto cunha fermosa fachada (coas iniciais E.P. e o ano 1900 sobre a porta), con galería e as ramplas sobre a praia; máis adiante a capela de Beluso e o restaurante a Centoleira ao final; na curva cara o porto outras construccións de tipoloxía mariñeira.

Pasamos pola salazón "Roiba", na praia do mesmo nome, que parece que ten o primeiro tramo acondicionado e habitado, noutras partes hai sinais de habitantes pero nun tramo sin ventás e sin acondicionamento. Revisamos o exterior da casa de casa de Molezún, con placa de recoñecemento, e que a pleamar cubre o porche exterior e empedrado, na mesma zona hai unha casa mariñeira, que se aluga, con pintado recente en cor branca e azul (Camarote de la Villa)

Continuamos por un rosario de caliñas, pequenas praias de dificil acceso, só a pé pero exclusivas, con pouco areal que desaparece antes da pleamar. Praia de Roiba, praia Trimiño, de Sarteséns ou Sartaxens, praias de Tulla e Mourisca (estas de outras dimensións e moito público), praia Buceiro e praia do Pedrón.

Camiñamos polos areais magníficos de Tulla e Mourisca e asomamos o nariz ao salazón recuperado, pero escasamente visitable. De seguido cara Cabo Udra, con parada no bar do sendeiro azul, ao lado da aula de natureza (pechada) en punta Centoleira. Fixemos a comida coas nosas comidas, a cambio das bebidas e cafés, atendidos amablemente con recolocación de mesas para termos sol e sombra; neste tempo pasou unha morea de xentes que viñas nunha andaina organizada pola Universidade de Vigo, cunha ruta moi parecida á nosa pero ao revés.

Hoxe fixeime que, detrás do bar e aula de natureza, hai un mirador extraordinario e un vértice xeodésico parece ser que con expléndidas vistas panorámicas, pero vai ser visitado doutra volta.

Cabo Udra. Fixemos o recorrido arrodeando o cabo ata a praia de Ancoradouro con lugares de visións extraordinarias: toda a ría de Aldán, a entrada ao seu porto e algunha praias ben visibles como Pinténs ou Area Brava e posiblemente a de AreaCova; tamén se ven a punta Couso e a punta norte da illa de Monteagudo; ao fondo, na lonxanía aínda se ven os montes de Coruxo en Vigo.

Despois seguimos ata a praia de Lagos por unha fermosa senda con parada a comentar o humidal da Corregadoira, á volta habíamos coller un camiño enfrente neste punto para facer un aire ata as rochas onde bate o mar nas que hai unha poza de auga doce, posiblemente procedente do regato que pasa polo humedal.

Para prolongar algo máis a ruta facemos un desvío antes de chegar ao final no aparcamento de Ancoradouro; faltáronnos poucos metros para facer os 15 km, nunha xornada de pasos tranquilos, reencontros importantes e visitas de xentes novas. Remate en Cangas, cun chocolate no Plantaciones e churros de Churrería Montes.

Waypoints

PictographPanorama Altitude 18 ft
Photo ofBeluso

Beluso

Praia de porto de Beluso

PictographPanorama Altitude 18 ft
Photo ofPraia de Beluso e panorámica ría de Pontevedra Photo ofPraia de Beluso e panorámica ría de Pontevedra

Praia de Beluso e panorámica ría de Pontevedra

Praia de Beluso, con panorámica da ría de Pontevedra e Bueu.

PictographPhoto Altitude 14 ft
Photo ofAntiga salazón de Eligio Prieto

Antiga salazón de Eligio Prieto

Antiga salazón de Eligio Prieto cunha fermosa fachada (coas iniciais E.P. e o ano 1900 sobre a porta), con galería e as ramplas sobre a praia. Vivenda.

PictographPanorama Altitude 32 ft
Photo ofPanorámica

Panorámica

Panorámica de ría de Pontevedra e do concello de Bueu.

PictographPanorama Altitude 42 ft
Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographPanorama Altitude 22 ft
Photo ofMourisca Photo ofMourisca Photo ofMourisca

Mourisca

Praia e salazón de Mourisca

PictographPanorama Altitude 111 ft
Photo ofArquipélago de Ons

Arquipélago de Ons

Panorámica do arquipélago de Ons, illas de Ons e Onceta; concello de Bueu. Ría de Pontevedra

PictographPanorama Altitude 86 ft
Photo ofRía de Aldán Photo ofRía de Aldán

Ría de Aldán

Ría de Aldán. Entrada ao seu porto e algunha praias ben visibles como Pinténs ou Area Brava e posiblemente a de AreaCova; tamén se ven a punta Couso e a punta norte da illa de Monteagudo; ao fondo, na lonxanía aprécianse os montes de Coruxo en Vigo.

PictographPanorama Altitude 83 ft
Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographPanorama Altitude 48 ft
Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographPhoto Altitude 50 ft
Photo ofHumidal da Carregadoira Photo ofHumidal da Carregadoira Photo ofHumidal da Carregadoira

Humidal da Carregadoira

PictographPhoto Altitude 50 ft
Photo ofFoto

Foto

PictographPhoto Altitude 24 ft
Photo ofCosta Photo ofCosta

Costa

PictographPanorama Altitude 78 ft
Photo ofPraia Ancoradouro Photo ofPraia Ancoradouro

Praia Ancoradouro

Comments  (1)

  • Photo of Goulierin
    Goulierin Nov 27, 2022

    Fantástica ruta de nuestra adorable Salo

You can or this trail