Circular Miradoiro do Duque, Miradoiro do Castelo, Doade
near Paradela, Galicia (España)
Viewed 136 times, downloaded 14 times
Trail photos
![Photo ofCircular Miradoiro do Duque, Miradoiro do Castelo, Doade](https://s0.wklcdn.com/image_26/793873/88341442/57627420.400x300.jpg)
![Photo ofCircular Miradoiro do Duque, Miradoiro do Castelo, Doade](https://s2.wklcdn.com/image_26/793873/88341442/57627467.400x300.jpg)
![Photo ofCircular Miradoiro do Duque, Miradoiro do Castelo, Doade](https://s1.wklcdn.com/image_26/793873/88341442/57627475.400x300.jpg)
Itinerary description
Camiñada seguindo esta ruta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/os-palleiros-doade-mirador-do-duque-polas-vinas-os-palleiros-17314367 aínda que comezando no miradoiro do Duque para evitar facer toda a subida ao final. Unha modificación máis que beneficiaría o percorrido sería evitar o treito de estrada ata Os Palleiros. Hai un camiño ben limpo que acurta o percorrido e evita estrada, aproximadamente a 800 metros do comezo (forma parte da ruta dende Augasmestas a Doade que é a que seguiremos na ida).
Dito isto, deixar constancia de que a ruta, neste tempo é unha marabilla para os ollos. As cores das viñas, a composición dos socalcos, os camiños, a pendente, o río... son unha beleza. Seguramente noutras épocas tamén é moi bonita pero coma no outono penso que non.
Como queda dito, para a ida séguese parte dunha ruta Doade-Augasmestas. Está perfectamente limpa e pasa tamén polo miradoiro da Pena do Castelo. As vistas dende aquí son magníficas. Logo faise un treito ida-volta ata Doade que é interesante, aínda que prescindible se se quere acurtar e o interese se centra na paisaxe do canón e as viñas.
O retorno faise polo medio precisamente dos viñedos. Aquí pódese admirar o traballo e sabedoría das xentes que plantaron e cultivan as cepas nestas ladeiras tan pinas. Algo impresionante. Logo das viñas só queda un pequeno treito de subida ata o punto de comezo. Aquí hai bo estacionamento e unha área de lecer.
Respecto do camiño en si, dicir que a ida, por riba das viñas faise por carreiros abertos no monte, con zonas de pendente e chanzos. Está ben limpo e non presenta dificultades que non sexan habituais en rutas de monte. Hai unha fontela pero non axeitada para coller auga de beber.
O resto do trazado vai por camiños ou pistas, algunha delas pavimentada.
Presenta un apreciable desnivel, como se ve nos datos. Por iso, e por estar orientada cara o sur, non a aconsellaría para días de moita calor e solleirada.

Waypoints
![Photo ofDereita (PR-G 157)](https://s0.wklcdn.com/image_26/793873/88341446/57560235.400x300.jpg)
![Photo ofDereita (PR-G 157)](https://s1.wklcdn.com/image_26/793873/88341446/57627757.400x300.jpg)
![Photo ofDereita (PR-G 157)](https://s2.wklcdn.com/image_26/793873/88341446/57627761.400x300.jpg)
Dereita (PR-G 157)
Este punto conecta coa estrada, evitando subir ata Os Palleiros
![Photo ofMiradoiro da Pena do Castelo](https://s1.wklcdn.com/image_26/793873/88341451/57560395.400x300.jpg)
![Photo ofMiradoiro da Pena do Castelo](https://s2.wklcdn.com/image_26/793873/88341451/57628016.400x300.jpg)
![Photo ofMiradoiro da Pena do Castelo](https://s0.wklcdn.com/image_26/793873/88341451/57628020.400x300.jpg)
Miradoiro da Pena do Castelo
Capela feita con cartos públicos para mor publicidade da Igrexa...
![Photo ofIgrexa](https://s1.wklcdn.com/image_26/793873/88341457/57560524.400x300.jpg)
![Photo ofIgrexa](https://s1.wklcdn.com/image_26/793873/88341457/57628297.400x300.jpg)
![Photo ofIgrexa](https://s0.wklcdn.com/image_26/793873/88341457/57628302.400x300.jpg)
Igrexa
Tamén restaurada con diñeiro de tod@s, pero a propiedade e uso... a gusto das xerarquías católicas.
![Photo ofÁ randeeira](https://s0.wklcdn.com/image_26/793873/88341463/57628542.400x300.jpg)
![Photo ofÁ randeeira](https://s1.wklcdn.com/image_26/793873/88341463/57628546.400x300.jpg)
![Photo ofÁ randeeira](https://s0.wklcdn.com/image_26/793873/88341463/57628548.400x300.jpg)
Á randeeira
"Negociete" para tratar de vender o viño dunha pequena adega e sacar algún cartiño do lugar.
You can add a comment or review this trail
Comments