Activity

Castelo de Pambre - Torrentes de Mácara

Download

Trail photos

Photo ofCastelo de Pambre - Torrentes de Mácara Photo ofCastelo de Pambre - Torrentes de Mácara Photo ofCastelo de Pambre - Torrentes de Mácara

Author

Trail stats

Distance
4.32 mi
Elevation gain
1,991 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,991 ft
Max elevation
1,539 ft
TrailRank 
44
Min elevation
1,072 ft
Trail type
Loop
Time
2 hours 3 minutes
Coordinates
722
Uploaded
March 30, 2013
Recorded
March 2013
Be the first to clap
Share

near Remonde, Galicia (España)

Viewed 3555 times, downloaded 98 times

Trail photos

Photo ofCastelo de Pambre - Torrentes de Mácara Photo ofCastelo de Pambre - Torrentes de Mácara Photo ofCastelo de Pambre - Torrentes de Mácara

Itinerary description

Este percorrido pola Ulloa iniciámolo no mesmo Castelo de Pambre, o cal visitamos pois estaba recente a súa apertura ao público por parte da Deputación de Lugo.
O Castelo de Pambre está situado no curuto dun pequeno montículo, á beira do río Pambre, que lle fai de defensa natural. Logo de franquear as troneiras, entramos no primeiro recinto fortificado, un espazo irregular no que nos atopamos a que foi igrexa parroquial de San Pedro de Pambre, do século XII, (detrás do hórreo). Na zona norte do patio érguese o castelo propiamente dito. Está formado por catro torres unidas por unha muralla de pedra delimitando un rectángulo de aprox. 100×60 m., no centro do cal se sitúa a torre da homenaxe. Elementos de interese artístico son os canzorros da parte superior das torres, de influencia árabe, así como as saeteiras que hai por toda a muralla.

Ao segundo recinto, o da torre da homenaxe, accédese por unha porta gótica de forma oxival lanceolada, onde se pode apreciar o escudo dos Ulloa. Tamén destaca unha gran cheminea que se asenta en dúas repisas en forma de cabezas de mouro.
Unha vez que nos puxemos a camiñar, un pequeno grupo entretivémonos cunha cerdeira e… despistámonos do resto, indo polo camiño equivocado durante un pequeno treito. Xa co grupo, por camiños empredrados, baixamos ata os torrentes de Mácara no río Ulla. Vimos a parte final dos torrentes, que son un tramo do río formado por rápidos, pequenas fervenzas e pozas. Un sendeiro lateral permitiunos disfrutar dun marabilloso lugar cheo de natureza e vida acuática. A partir de aquí, pódese continuar río arriba, pero se o facemos pódesenos complicar algo a ruta, polo que decidimos voltar ata o inicio do tramo dos torrentes. Dicir que o sendeiro non é chan nin recto, tendo que subir por rochas e esquivando árbores, pero non é perigoso e está ben adaptado, incluso con chanzos de madeira nalgún tramo.


Comments

    You can or this trail