Casa Escusalla, río Caldo e río Mao. Lobios.
near Compostela, Galicia (España)
Viewed 468 times, downloaded 16 times
Trail photos
![Photo ofCasa Escusalla, río Caldo e río Mao. Lobios.](https://s0.wklcdn.com/image_26/793873/96430029/63006078.400x300.jpg)
![Photo ofCasa Escusalla, río Caldo e río Mao. Lobios.](https://s2.wklcdn.com/image_26/793873/96430029/63009110.400x300.jpg)
![Photo ofCasa Escusalla, río Caldo e río Mao. Lobios.](https://s1.wklcdn.com/image_26/793873/96430029/63009130.400x300.jpg)
Itinerary description
Ruta ben xeitosa, que non perde interese en ningún treito.
Comeza nunha área de lecer a carón da Casa da Escusalla, ruína dunha casona barroca mandada facer (contra 1727) por un crego que obtiña cuantiosas rendas dos seus parroquiáns. Aquí hai lugar abondo onde estacionar e xa podemos gozar dunhas estupendas vistas cara o encoro do Lindoso e as montañas do Quinxo, Laboreiro, Pena de Anamão... Nas inmediacións comeza a Ruta do Río Mao, pola que remataremos o percorrido.
Pasa por Ludeiros e sobe paulatinamente cara os altos de Sta. Eufenia e O Cabril, que ofrecen unha panorámica impresionante. Nun punto podemos albiscar unha albariza ou abellariza o que resulta estraño nesta zona onde non debeu haber osos dende vai moito...
Coincide logo coa ruta do río Caldo. Hai que coller á esquerda dun depósito de auga para os lumes e non pola pista (máis visíbel). Na baixada imos atopar muíños en ruína e gozar da compaña do son da auga e o contorno de vexetación. Na parte baixa está a magnífica aldea de Padrendo que se ve que foi moi rica polas edificacións e a súa grande aira de canastros.
Logo de superar un pequeno lombo pasamos por Nanín, unha aldea ben máis modesta e descoidada. A seguir hai unha capela (Sta. Eufemia) no medio dunha carballeira e con mesas para xantar. Outra pequena subida e baixada lévannos ao novo Aceredo, construído polos habitantes da aldea asolagada polo encoro do Lindoso. (Nestes tempos está descuberta e é centro de visita por multitude de persoas. É un lugar impresionante, sen dúbida, pero a afluencia desordenada de xente causa graves riscos na estrada onde se estaciona e atravesa).
A seguinte etapa, logo dun pequeno treito de monte e piñeiros, coincide xa coa Ruta do Mao. Subindo a carón deste regueiro imos atopar innúmeros muíños en distinto grao de "conservación". Foron restaurados pero a falta de uso e coidade vai volvéndoos á ruína. En todo caso, un paseo moi interesante e unha beleza de paisaxe. Dende a parte alta retornamos ao comezo da ruta, xa a curta distancia.
Todos os camiños está moi limpos e non hai treitos de estrada. Como se ve no perfil inclúe subidas e baixadas pero non resultan desapracibeis (opinión). Cómpre levar caxato para axudarse nas baixas, e calzado axeitado (o que é normal para andar por monte). Aínda que é doada de seguir, é conveniente guiarse cun GPS.
Feita seguindo este track: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/a-escusalla-89308697

Waypoints
Comments (2)
You can add a comment or review this trail
I have followed this trail verified View more
Information
Easy to follow
Scenery
Easy
Fácil de seguir. Muy buenas explicaciones y muy completa.
Al incluir la ruta de los molinos en los últimos Km la hace imprescindible e indispensable de conocer el Concello de Lobios.
Grazas por comentar e valorar, miguelangelcucalon. Saúdos.