Activity

Carballeiras de Brión CCH

Download

Trail photos

Photo ofCarballeiras de Brión CCH Photo ofCarballeiras de Brión CCH Photo ofCarballeiras de Brión CCH

Author

Trail stats

Distance
10.43 mi
Elevation gain
1,102 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,102 ft
Max elevation
792 ft
TrailRank 
47 5
Min elevation
215 ft
Trail type
Loop
Time
5 hours 35 minutes
Coordinates
1718
Uploaded
January 4, 2022
Recorded
November 2021
  • Rating

  •   5 2 Reviews

near Logrosa, Galicia (España)

Viewed 138 times, downloaded 5 times

Trail photos

Photo ofCarballeiras de Brión CCH Photo ofCarballeiras de Brión CCH Photo ofCarballeiras de Brión CCH

Itinerary description

Non é preciso achegarse á montaña para pasar unha xornada de sendeirismo agradable. Isto foi o que nos aconteceu con esta ruta polas terras de Brión. Un percorrido próximo ao río Tambre, pero que nos transporta a tempos pasados, camiñando por cómodos camiños baixo espesas carballeiras. Unha gozada para os sentidos.

A ruta comeza nada máis cruzar o Tambre na chamada ponte de Ons. Na ribeira brionesa podemos ver as instalacións de un clube de remo, xunto ao seu balado é un bo lugar para deixar o coche. Temos que ter coidado coa estrada, pero no outro lado, vemos un camiño lixeiramente ascendente. Hai paneis de sendeirismo, en este caso non é para a nosa ruta, na zona hai varias, pero coinciden bastante co noso percorrido. O primeiro panel sinala a Ruta da Lamprea.

Esta ruta é máxica desde os primeiros pasos. O camiño era ancho, practicamente chan, e cuberto por unha alfombra de follas vermellas das árbores. Sobre o camiño as grandes polas de carballos, castiñeiros e algún cerquiño cubertos de musgo. Arrancamos ben cedo nun día de inverno, facía moito frío e a xeada aínda non desaparecera. O ruído dos nosos pasos era formidable, criscando a cada pisada sobre as follas e as laminiñas de xeo.

Como estamos no inverno, as árbores están sen folla, o que nos permite contemplar o Tambre dende o camiño como si de un balcón se tratase. As augas ían lentas, estamos moi próximos a un encoro e a forza da auga sénteo, pero esas augas calmas son a excusa que teñen os múltiples remeiros que víamos nas súas piraguas mentres camiñábamos. Cada pouco tempo víamos indicacións que sinalaban pesqueiras antigas, construccións feitas décadas atrás para poder pescar lampreas.


O camiño vai a dar á primeira aldea da xornada, Forxán. É a típica aldea con trama bastante pechada, que prácticamente rodearemos pasando polo castro de Froxán, onde podemos ver claramente os seus parapetos, pero debemos indicar que non está escavado. Avandonamos a aldea por unha pista, e xa na veciña Ombre viramos á nosa dereita entre plantacións de millo buscando o río Viceso que nos acompañará ata a próxima localidade.

Antes de chegar a Pousada atopamos o cruceiro de Goriña, moi curioso este, datado a finais do século XVII destaca por unha pequena fornacina na zona superior do fuste que acolle unha pequena escultura da Virxe co Neno. Desde este punto toca pista asfaltada, entre aldeas e prados, treito moi cómodo dos que se aproveita para subir a media.

A última aldea pola que transitamos foi Ons, e a súa enorme igrexa serveunos para facer a paradiña do xantar no seu adro. A igrexa estaba pechada, e segundo indican uns carteis informativos, no seu interior hai un fermoso retablo pétreo barroco de finais do século XVIII. Quedamos coas ganas de velo, e sentamos detrás da ábsida para comer un bocadillo con vistas ao val.

Saíndo de Ons iniciamos o terceiro treito da ruta, a interese volve a ser tremenda. Volvemos a adentrarnos na fraga na busca do Tambre con bastante desnivel, pero o certo é que tan só faltaba que saíse unha fada encantadora ou algún gnomo do sombreiro dun cogumelo.

Fixemos unha pequeniña derivación de uns metros para achegarnos ao río e ver os restos den unha pesqueira. As pesqueiras eran construcións a base de fileiras de rochas a modo de corredor, con unha serie de ocos nos que se penduraban unha trampa a base de redes para capturar lampreas. Actualmente están abandonadas, pero son parte do patrimonio das nosas ribeiras.

O camiño de volta aínda nos deixaba unha sorpresa, o chamado Pozo Negro, unha pequena fervenza que formaba o regato de Chavielos de camiño ao Tambre. Os seis metros de caída son unha delicia, que nos animan a que nos acheguemos ao salto ata chegar a un pozo escuro onde morre, de aí o seu nome.

Xa non queda nada para chegar á ponte de Ons e rematar a ruta. Seguimos na mesta carballeira ata os últimos metros. A nós chiflounos esta andaina, pero xa nos diredes como vos foi a vos.

View more external

Comments  (2)

  • Alexandre S. Jan 5, 2022

    I have followed this trail  View more

    Moi ben explicada

  • Djalminha Jan 5, 2022

    I have followed this trail  View more

    Bonita

You can or this trail