Activity

Capela de San Vicente - Monte Torroso - Castro do Pico da Bandeira

Download

Trail photos

Photo ofCapela de San Vicente - Monte Torroso - Castro do Pico da Bandeira Photo ofCapela de San Vicente - Monte Torroso - Castro do Pico da Bandeira Photo ofCapela de San Vicente - Monte Torroso - Castro do Pico da Bandeira

Author

Trail stats

Distance
7.02 mi
Elevation gain
1,211 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,211 ft
Max elevation
1,241 ft
TrailRank 
58 4
Min elevation
1,241 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 25 minutes
Time
3 hours 21 minutes
Coordinates
1977
Uploaded
February 7, 2023
Recorded
February 2023
  • Rating

  •   4 1 review
Be the first to clap
2 comments
Share

near O Rosal, Galicia (España)

Viewed 348 times, downloaded 20 times

Trail photos

Photo ofCapela de San Vicente - Monte Torroso - Castro do Pico da Bandeira Photo ofCapela de San Vicente - Monte Torroso - Castro do Pico da Bandeira Photo ofCapela de San Vicente - Monte Torroso - Castro do Pico da Bandeira

Itinerary description

Ruta circular: Capela de San Vicente - Monte Torroso - Castro do Pico da Bandeira

Esta ruta circular percorre algúns dos enclaves máis singulares da zona costeira do Rosal. Ten o seu inicio a carón da capela de San Vicente de Marzán e vai percorrendo os montes do Rosal cara ao concello da Guarda, deixando o Océano Atlántico á dereita e coa desembocadura do río Miño ao fronte.

Ficha técnica

Lonxitude aproximada: 11'3 km
Percorrido: circular
Dificultade: moderada
Duración aproximada: 3 horas
Punto de partida: Sepulcros de Marzán

Descrición da ruta

O percorrido iníciase nunha zona de aparcadoiro a escasos metros dos sepulcros de Marzán, unhas sepulturas cristiás dos séculos IV-V escavadas na rocha que poden verse desde a estrada.

Esta ruta ascende ata chegar ao Alto da Cruz da Portela, lugar no que comeza o seu avance cara á desembocadura do río Miño, permitindo desfrutar das fermosas vistas que ofrecen os cumios do Rosal sobre o Océano Atlántico. O punto máis alto da ruta acádase ao chegar ao alto do Monte Torroso, un sitio desde o cal poder observar o porto da Guarda, o Monte Tecla ou as cetáreas da costa guardesa.

Xa no percorrido de descenso, a ruta pasa a carón do castro e petróglifos do Pico da Bandeira, un castro de grandes dimensións, con foso e parpetos, desde o que controlar o esteiro do río Miño.

Ten en conta

  • Esta ruta está sen sinalizar.
  • O sendeiro transcorre por un terreo pedrento polo que é moi recomendable o emprego de calzado axeitado.
  • Lembra levar o teu lixo de volta contigo.

View more external

Waypoints

PictographCar park Altitude 542 ft

Aparcadoiro

Zona de aparcadoiro próxima aos sepulcros antropomorfos de Marzán.

PictographMonument Altitude 404 ft
Photo ofSepulcros antropomorfos de Marzán Photo ofSepulcros antropomorfos de Marzán

Sepulcros antropomorfos de Marzán

O inicio da ruta ten lugar a carón de dous sepulcros antropomorfos (con forma humana) de época visigótica situados a escasos metros da capela de San Vicente, en Marzán.

Trátase dunhas sepulturas cristiás dos séculos IV-V escavadas na rocha. Unha delas é de tamaño lixeiramente inferior á outra. Probablemente pertenceron a un matrimonio.

PictographReligious site Altitude 393 ft
Photo ofCapela de San Vicente de Marzán Photo ofCapela de San Vicente de Marzán

Capela de San Vicente de Marzán

Esta capela sufriu numerosas reformas ao longo da súa historia, pero a cruz na cúspide do seu tellado e os sillares reutilizados nas súas paredes, así como a ara romana localizada nela e os sepulcros próximos, fan pensar que se trata dunha igrexa moi antiga, posiblemente anterior ao século X.

A Igrexa de Marzán dependía do Mosteiro de Oia. A ara romana está adicada a Mercurio e consérvase no Museo Diocesano de Tui coa seguinte inscrición: “DEO/MER(curio)//FRO(nto)/EX V(oto) P(osuit)”

PictographRiver Altitude 381 ft
Photo ofZona da granxa Photo ofZona da granxa Photo ofZona da granxa

Zona da granxa

PictographMonument Altitude 402 ft
Photo ofMuíños de Marzán Photo ofMuíños de Marzán Photo ofMuíños de Marzán

Muíños de Marzán

Conxunto de muíños de canle, propiedade dos veciños de Marzán. O muíño da imaxe segue empregándose na actualidade para moer.

PictographPark Altitude 755 ft
Photo ofÁrea recreativa A Cruz da Portela Photo ofÁrea recreativa A Cruz da Portela Photo ofÁrea recreativa A Cruz da Portela

Área recreativa A Cruz da Portela

Na zona da Cruz da Portela ábrese un espazo de lecer arborado con bancos e mesas de pedra e cunha zona de miradoiro a modo de balcón ao Atlántico no que se sitúa unha cruz feita en pedra. Desde este punto pódese observar a rochosa e rectilínea franxa costeira do Rosal.

A Cruz da Portela é un punto privilexiado para contemplar o solpor. Un lugar onde sentir a brisa do mar e escoitar o son da ondada mentres o sol se somerxe no Atlántico.

PictographRuins Altitude 854 ft
Photo ofPetróglifos do Alto da Campana Photo ofPetróglifos do Alto da Campana Photo ofPetróglifos do Alto da Campana

Petróglifos do Alto da Campana

PictographPanorama Altitude 1,014 ft
Photo ofEsculturas do monte Torroso

Esculturas do monte Torroso

Adentrándose entre o toxo, por detrás das rochas que se observan desde o camiño, hai unhas figuras de animais gravadas nas rochas.

PictographPanorama Altitude 967 ft
Photo ofVistas ao Atlántico Photo ofVistas ao Atlántico Photo ofVistas ao Atlántico

Vistas ao Atlántico

Ao longo de todo o primeiro tramo do percorrido poderemos ir disfrutando das fermosas vistas que vai ofrecendo a costa do Rosal sobre o Océano Atlántico. Todos estes puntos son lugares fermosos desde os cales poder desfrutar dun bonito solpor.

PictographPanorama Altitude 1,222 ft
Photo ofAlto do Monte Torroso Photo ofAlto do Monte Torroso Photo ofAlto do Monte Torroso

Alto do Monte Torroso

Desde o alto do monte Torroso pódese disfrutar das vistas que hai sobre o río e o mar. É un punto desde o cal se pode observar o porto da Guarda, o monte Trega ou as cetáreas que hai ao longo da costa.

PictographPanorama Altitude 1,031 ft
Photo ofPanorámica sobre o Miño Photo ofPanorámica sobre o Miño Photo ofPanorámica sobre o Miño

Panorámica sobre o Miño

Vistas sobre o río Miño e as ínsuas.

PictographRuins Altitude 730 ft
Photo ofCastro do Pico da Bandeira Photo ofCastro do Pico da Bandeira Photo ofCastro do Pico da Bandeira

Castro do Pico da Bandeira

O Castro do Pico da Bandeira é un castro de grandes dimensións, con foso e parpetos, desde o que controlar o esteiro do río Miño. A maior parte deste castro atópase en terreos da comunidade de montes de Salcidos e unha parte máis pequena, en terreo da comunidade de montes do Rosal. Este punto ofrece unhas vistas moi fermosas sobre o monte Trega e as ínsuas do río Miño.

PictographFlora Altitude 715 ft
Photo ofCastiñeiros

Castiñeiros

Esta ruta pasa no seu treito final por un bosque de castiñeiros.

PictographMonument Altitude 382 ft
Photo ofMuíños de Marzán Photo ofMuíños de Marzán

Muíños de Marzán

Comments  (2)

  • paco.cenpes Apr 16, 2024

    Perfecta,muy buenas vistas.

  • paco.cenpes May 6, 2024

    I have followed this trail  verified  View more

    Perfecta,muy buenas vistas.

You can or this trail