Camiño dos mortos Primitivo de Bustelo a O Araño.
near Buján, Galicia (España)
Viewed 233 times, downloaded 3 times
Trail photos
Itinerary description
Antes de construír a Igrexa de San Xoán de Laíño en 1754 a aldea de Bustelo pertencía á parroquia de Santa Baia do Araño. O “camiño dos mortos” ía paralelo ó Rego do Treito ou Río Té, pero ó non estar feita a pontella da Devesa do Rei moitas veces era imposible o traslado dos defuntos cara o camposanto, polas enxurradas que no inverno facían imposible transitar polo camiño, tendo que agardar varios días na aldea hasta que as condicións do río permitiran á comitiva fúnebre achegarse ate a igrexa.
Unha vez construída a igrexa de San Xoán de Laíño, os veciños de Bustelo decidiron trasladar ós defuntos ate esa igrexa pois as condicións do camiño eran moito mellores e o treito era menor.
Waypoints
Cruceiro de Alfredo
Derradeiro cruceiro á saída da aldea e onde se paraba co defunto para unha última pregaria.
Pozo Bastón
Do Pozo Bastón, no río Te, en Araño, concello de Rianxo (A Coruña) cóntase a seguinte lenda. Un mouro achegouse a un mozo de Araño que estaba facendo o servizo militar en África e preguntoulle de onde era. E como lle dixo que de Araño, o mouro preguntoulle se sabía onde quedaba o Pozo Bastón; o mozo díxolle que si, que o sabía, e entón o mouro faloulle así: —No Pozo Bastón están encantadas tres das miñas fillas. Se me fixeses o favor de ir alí e facer o que eu che diga para desencantalas daríache o que me pedises. Como o rapaz estivo de acordo en facerlle aquel favor, o mouro explicoulle ben o que tiña que facer cando se achegase ao pozo e deulle tres bolos de pan. Mais, insistiu o mouro, non perdas os bolos, non lle contes nada disto a ninguén, e, sobre todo, tes que chegar con eles alí sen que llles falte farangullo ningún. Cando o mozo regresou a Araño antes de ir ao Pozo Bastón pasou pola casa e pousou os bolos enriba da mesa da cociña. Mais a muller, curiosa, quixo ver o que había naquel envolto, destapou e levou á boca un anaco dun deles. O mozo moito lle rifou pero xa non había remedio. Colleu cara o Pozo Bastón e ao chegar, tal e como lle dixera o mouro, botou á auga un dos bolos. De contado víu saír da auga unha moza dunha fermosura nunca antes vista por el. Logo tirou o segundo dos bolos e saíu do pozo outra rapaza tan bonita como a primeira. Faltaba o terceiro dos bolos, o encetado pola muller. Tirouno e víu como pelexaba por saír da auga unha terceira moza, tamén moi fermosa, pero coxa. Moito turrou a moza mais como ela non era quen de saír do pozo por sí soa agarrouse ás súas irmás e... volveron as tres para a auga. E alí estarán aínda, entre os cachóns de auga batida daquela fermosa fervenza que se chama Pozo Bastón. https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=45&id=1551 Galicia Encantada Enciclopedia de Fantasía Popular de Galicia
Pontella da Devesa do Rei
Antes de estar construída facíase moi difícil atravesar o río en tempos de enxurrada.
Sillón dos Mouros
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.336475803129560.1073741825.308320932611714&type=1
You can add a comment or review this trail
Comments