Activity

Camiño de Santiago A Orixe. Etapa 1

Download

Trail photos

Photo ofCamiño de Santiago A Orixe. Etapa 1 Photo ofCamiño de Santiago A Orixe. Etapa 1 Photo ofCamiño de Santiago A Orixe. Etapa 1

Author

Trail stats

Distance
11.71 mi
Elevation gain
764 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
679 ft
Max elevation
393 ft
TrailRank 
28
Min elevation
47 ft
Trail type
One Way
Moving time
3 hours 31 minutes
Time
4 hours 6 minutes
Coordinates
3140
Uploaded
March 26, 2022
Recorded
March 2022
Be the first to clap
Share

near Corrubedo, Galicia (España)

Viewed 228 times, downloaded 6 times

Trail photos

Photo ofCamiño de Santiago A Orixe. Etapa 1 Photo ofCamiño de Santiago A Orixe. Etapa 1 Photo ofCamiño de Santiago A Orixe. Etapa 1

Itinerary description

Faro de Corrubedo- Capela da Guía

Waypoints

PictographPanorama Altitude 143 ft
Photo ofFaro de Corrubedo

Faro de Corrubedo

PictographReligious site Altitude 183 ft
Photo ofIgrexa de Santa María de Corrubedo Photo ofIgrexa de Santa María de Corrubedo

Igrexa de Santa María de Corrubedo

Igrexa edificada no ano 1907 polo mestre canteiro J. Rey Bretal a base de cadeirado granítico e teitume a dúas augas. De planta rectangular, a edificación posúe unha única nave lonxitudinal con dúas capelas laterais, capela maior e sancristía. A nave divídese en catro tramos por tres arcos faixóns de medio punto que sosteñen a bóveda de canón. No primeiro tramo atópase a tribuna á que se accede por unha escaleira en “L” pegada ao muro. No segundo tramo ábrese unha segunda entrada rematada por un arco rebaixado. No terceiro tramo, o cruceiro ten unha capela a cada lado, de planta rectangular e ás que se accede por un arco de medio punto. Dende o presbiterio accédese á sancristía por unha porta situada no muro do fondo. No exterior da igrexa podemos ver os muros cubertos con reboque pintado de branco. A porta principal de aceso posúe un arco rebaixado e sobre a mesma unha ventá coa mesma forma. O conxunto remata cunha espadana con dous arcos de medio punto. No interior se conservan os restos da antigua construción románica, un retablo da Asunción e unha imaxe da Virxe do Cabo sostesto un barco na man. http://patrimoniogalego.net/index.php/63815/2014/09/igrexa-de-santa-maria-de-corrubedo/

PictographReligious site Altitude 330 ft
Photo ofIgrexa Vella de Santa María de Olveira

Igrexa Vella de Santa María de Olveira

Igrexa de planta rectangular feita a base de cantería de granito, con cuberta a dúas augas con tella curva do país. Posúe unha capela no lateral sur e sancristía engadida na súa cabeceira. A nave principal divídese en catro tramos con tres arcos faixóns de medio punto apoiados sobre pilastras pegadas aos muros e contrarrestadas no exterior por contrafortes. No primeiro tramo da nave está a tribuna á que se accede por unha escaleira en forma de “L” no interior muro. Na fachada principal aparece unha porta de arco rebaixado, e xusto enriba dela un frontón triangular formado por molduras cunha imaxe da Virxe no tímpano. A continuación unha ventá rectangular. Remata en cornixa a dúas augas, e no seu vértice unha peaña sostén o corpo da torre formado por catro machóns unidos entre si por arcos de medio punto e rematada por unha cúpula cónica coroada por un pináculo. Esta igrexa, que sustituíu a unha anterior de orixe románica, é unha das máis antigas do concello. Foi reconstruída no ano 1742, segundo reza a inscrición que se pode ver no arco da entrada. Escavacións recentes permitiron descubrir restos románicos como a cripta, unha escaleira entre muros, un “Agnus Dei” e dúas columnas cos seus capiteis. http://patrimoniogalego.net/index.php/63673/2014/09/igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-olveira/

PictographReligious site Altitude 327 ft
Photo ofCruz celta na Igrexa de Santa María de Olveira

Cruz celta na Igrexa de Santa María de Olveira

PictographReligious site Altitude 311 ft
Photo ofCruceiro de Capela do Viso. Olveira

Cruceiro de Capela do Viso. Olveira

Cruceiro tipo Loreto ou de Capela que data de finais do século XVI e comezos do XVII. Cunha altura total de 5,30 m., este cruceiro do Viso nace de dous chanzos cadrados. O seu fuste, de 60 cm. de ancho e 2,20 m de alto, está formado por varias pedras e é de sección octogonal. A cápela é sinxela, co teito redondeado, e por dentro a bóveda imitando unha cuncha. Tanto o lintel como as xambas teñen a aresta interior chanfrada. A imaxe que podemos ver no interior da fornela é a da Nosa Señora dos Remedios. Trátase dunha talla moi restaurada na que aparece a Virxe co Neno no brazo esquerdo, e cunha mazá no dereito. A Nai ten coroa e veo, e o Fillo posúe un libro aberto entre as mans. A cruz posúe os remates potentados en floróns. Nela aparece a figura de Cristo crucificado baixo cartela de INRI. Conserva restos de policromía . Este cruceiro atópase nunha encrucillada que no pasado quedaba no medio do monte, lugar que antano era moi concorrido pois por el transitaba o camiño tradicional para Xuño, pasando por Seráns, Bazoñas, Alboredo, etc. Tradicionalmente no seu arredor enterraban os fetos humanos ou meniños que nacían mortos ou non chegaban a ser bautizados. O cunxunto posúe un pequeno altar na parte posterior. http://patrimoniogalego.net/index.php/63739/2014/09/cruceiro-de-capela-en-reiris/

PictographPhoto Altitude 245 ft
Photo ofCapela das Angustias. Bretal

Capela das Angustias. Bretal

Capela construída a base de cadeirado irregular granítico, con planta rectangular dunha única nave. A sancristía, tamén rectangular, atópase pegada no lateral norte. O seu teitume é a dúas augas con tella curva do país. A fachada presenta porta de aceso rectangular, e sobre ela unha fornela con arco de medio punto no que podemos ver unha imaxe da Dolorosa. Máis arriba unha pequena fiestra dá paso a unha pequena espadana don só oco con remate en cruz pétrea. No interior podemos ver a cuberta con bóveda de canón apoiada en dous arcos faxóns de medio punto que descansan sobre pilastras pegadas aos muros. Aos pés da nave sitúase unha tribuna de madeira á que se accede através dunha escaleira en forma de “L”. http://patrimoniogalego.net/index.php/63707/2014/09/capela-das-angustias-3/

PictographReligious site Altitude 211 ft
Photo ofCapela da Virxe das Dores Photo ofCapela da Virxe das Dores

Capela da Virxe das Dores

Esta capela construída a principios do s. XX, está formada por unha planta cadrada á que se lle une unha capela coa planta case cadrada tamén e de menores dimensións. Os seus muros son de cadeirado de granito con cuberta a dúas augas de tella plana, substituíndo á cuberta orixinal que probablemente sería de tella curva do país. A fachada é dunha composición moi simple, con cornixas a dúas augas interrompidas no vértice por unha pequena peaña sobre a que descansa un arco de medio punto que sostén a campá. Nela ábrese unha sinxela porta de forma rectangular. No interior podemos ver un púlpito en esquina pegado ao arco de acceso ao presbiterio. https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/23038/capela-da-virxe-das-dores?langId=gl_ES&tp=8&ctre=31

PictographWaypoint Altitude 170 ft
Photo ofSinal no camiño

Sinal no camiño

PictographFountain Altitude 166 ft
Photo ofLavadoiro e Fonte de Vixán. Carreira

Lavadoiro e Fonte de Vixán. Carreira

PictographReligious site Altitude 239 ft
Photo ofCapela de Nosa Señora da Guía. Carreira Photo ofCapela de Nosa Señora da Guía. Carreira Photo ofCapela de Nosa Señora da Guía. Carreira

Capela de Nosa Señora da Guía. Carreira

Era unha das máis famosas de toda a bisbarra, onde se festexaba unha romaxe tódolos anos coincidindo co luns seguinte á Pascua de Pentecostés. Non se sabe certamente cando foi construída, pero hai documentación que acredita que no século XV existía unha pequena capela de pedra e madeira na toxeira onde está situada, fundada por unha orde de monxes mendicantes. O edificio da capela ainda que é dun deseño moi sinxelo, ten unha grande pureza de liñas. A súa planta é rectangular, cunha única división no seu lateral oeste que a separa da sancristía. Os muros do edificio son de granito autóctono de mampostería, e nos que as pezas maiores están nos laterais, nas xambas e nos dinteis. A súa fachada e moi sinxela, e está composta ademais da porta principal por un frontón triangular formado a súa vez polas cornixas a dúas augas unidas a outra cornixa que fai de base. Enriba da mesma está o campanario formado por unha espadana con dous ocos rematados en arcos de medio punto, e sobre os que se asenta unha cornixa con pináculos e moldura curva. As súas campás foron colgadas nos anos 50 do século pasado, e fai poucos anos, colocouse no seu cume unha grande cruz latina de pedra. http://patrimoniogalego.net/index.php/16864/2012/04/capela-de-nosa-senora-da-guia/

Comments

    You can or this trail