Activity

Camiño da Geira e dos arrieiros en Teo

Download

Author

Trail stats

Distance
8.86 mi
Elevation gain
1,381 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
463 ft
Max elevation
1,149 ft
TrailRank 
31 3.7
Min elevation
86 ft
Trail type
One Way
Time
3 hours 34 minutes
Coordinates
555
Uploaded
October 22, 2020
Recorded
October 2020
  • Rating

  •   3.7 1 review
Be the first to clap
1 comment
Share

near Puentevea, Galicia (España)

Viewed 1526 times, downloaded 32 times

Itinerary description

RUTA DA GEIRA E DOS ARRIEIROS - TEO

Treito do Camiño xacobeo da "Geira e dos Arrieiros" ó seu paso polo Concello de Teo entre a vila de Pontevea e o linde co termo municipal de Santiago de Compostela.
Ruta xacobea recoñecida polo Cabido catedralicio o que permite a obtención da "Compostela", a credencial ou acreditación do Peregrino.
O camiño atravesa de S a N o termo municipal teense e discorre polos sitios e lugares que testemuñan as fontes documentais. No Medievo dan conta do paso dos peregrinos dende a ponte de Pontevea, que salvaba ó Ulla e daba entrada ás terras de Compostela, á ermida de San Sadurniño no Montem Altum (Montouto). Cómpre destacar o paso polas igrexas de orixe Medieval de S. Cristovo de Reis (con importantes vestixios románicos) e San Simón de Ons de Cacheiras e pola urbanización de San Sadurniño onde houbo unha ermida, xa desaparecida, que cristianizaba o "humilliatorium" de entrada a Santiago de Compostela no punto onde os peregrinos albiscaban por primeira vez as torres da catedral. As advocacións de San Cristovo (santo padroeiro dos peregrinos) e San Sadurniño reflicten tamén esa conexión coa vía xacobea que tiña entrada na cidade apostólica pola Pontepedriña, que franqueaba o Sar, e a Porta da Mámoa ou de "Sussanis".
Con posterioridade documentos do s. XVII ó s.XX testemuñan o paso dos arrieiros polos sitios do Cruceiro (actual Pontevea), Chaodorrío, A Florida, A Ponte Nova, A Lagoa (Ramallosa), etc.
Un camiño histórico que atravesa espazos naturais como a fraga de Sestelo e transcorre a rentes de numerosos bens culturais (Ponte Medieval de Pontevea, Igrexa Románica de Reis, Fonte da Florida, A Ponte Nova de Rarís, Igrexa e viacrucis de San Simón de Cacheiras, Castro de Sebe, Petróglifo da Pedra Estivada, Mámoa de Montouto) e etnolóxicos (Cruceiros como da Florida, o Calvario e A Igrexa en Cacheiras, Fontes e lavadoiros, Muíños do Sestelo e Chaodorrío, Palco da Música do Calvario, etc).

Documentación de Arquivo:
Documento do Tumbo C, fol.265 r-v (Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago)
Documento do Tumbo A, doc. 67, p. 189 (Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago)
Serie: Solicitudes de sobravantes de vía pública (1940-1950). AMT. Sig. 24

Bibliografía:
HOYO, J. "Memorias del arzobispo de Santiago" (1607). USC, 2016 (Capela de San Sadurniño, p. 198)

Texto extraído do track do usuario paraisa, outubro 2020.

Waypoints

Acequia / levada de regadío

Aldea da Pedra

Aldea de Pedrouso

Aldea do Sisto

Camiño tradicional do Sisto a Pedrouso

Campo de Fútbol da Cañoteira

Canal da presa

Carballeira pequena

Carballo centenario

Casal do Calvario

Casal dos Carballo

Castro de Sebe

Cruceiro da Igrexa de Cacheiras

Cruceiro do Calvario

Cruceiro na Florida

Cuberto tradicional

Currupa Entre As Hortas na Florida

Desvio

Emparrado tradicional

Escola antiga de Cacheiras

Fin Camiño Xacobeo - Arrieiros

Fonte ornamental de Pontevea

Grupo escolar Franco Centro de saude e escola infantil do CR...

Igrexa de Cacheiras

Igrexa de San Cristovo de Reis

Comments  (1)

  • Photo of Manuelaran
    Manuelaran Jan 28, 2024

    I have followed this trail  View more

    Ruta fácil de facer e de seguir en xeral

You can or this trail