BRIÓN - RUTA 2 (Amarela): Río do Sar- Chave de Carballo- Vidaloiso.
near Sisto, Galicia (España)
Viewed 1413 times, downloaded 67 times
Trail photos
![Photo ofBRIÓN - RUTA 2 (Amarela): Río do Sar- Chave de Carballo- Vidaloiso.](https://s2.wklcdn.com/image_103/3103211/18690653/11758610.400x300.jpg)
![Photo ofBRIÓN - RUTA 2 (Amarela): Río do Sar- Chave de Carballo- Vidaloiso.](https://s2.wklcdn.com/image_103/3103211/18690653/11758616.400x300.jpg)
![Photo ofBRIÓN - RUTA 2 (Amarela): Río do Sar- Chave de Carballo- Vidaloiso.](https://s0.wklcdn.com/image_103/3103211/18690653/11758620.400x300.jpg)
Itinerary description
Seguindo pola beira do río, poderás chegar a ver unha ponte feita pola natureza.
En Vidaloiso poderás descansar ó pé do cruceiro coa companía das árbores seguramente centenarias, como unha sequoia, un cedro xaponés, robinias pseudoacacias e varios carballos autóctonos.
De retorno ó punto de inicio volverás a través das carballeiras encantadoras onde proliferan, en tempada, diferentes variedades de cogumelos.
Waypoints
![Photo ofA PONTE QUE NOS PERMITE IR A VIDALOISO](https://s0.wklcdn.com/image_103/3103211/18690664/11764014.400x300.jpg)
![Photo ofA PONTE QUE NOS PERMITE IR A VIDALOISO](https://s2.wklcdn.com/image_103/3103211/18690664/11765948.400x300.jpg)
A PONTE QUE NOS PERMITE IR A VIDALOISO
Ponte sobre o Rio Sar. Se seguimos á esquerda chegaremos a Vidaloiso e se imos cara a dereita, que é a nosa ruta, camiñaremos polo sendeiro pegado ó Rio Sar.
![Photo ofBIFURCACIÓN 9](https://s2.wklcdn.com/image_103/3103211/18690666/11765963.700x525.jpg)
BIFURCACIÓN 9
Saíndo da Ponte viraremos á dereita polo sendeiro que discorre pola beira do Río para disfrutar dunha magnífica vexetación.
![Photo ofENCONTRO COA RUTA AÑIL](https://s2.wklcdn.com/image_103/3103211/18690670/11766017.700x525.jpg)
ENCONTRO COA RUTA AÑIL
Continuaremos á esquerda para seguir a ruta Amarela, ou á dereita, se queremos engancharnos á ruta Añil.
![Photo ofBIFURCACION 12](https://s0.wklcdn.com/image_103/3103211/18690673/11766075.700x525.jpg)
BIFURCACION 12
Seguiremos pola dereita, xa que o camiño da esquerda nos leva de volta á Ponte sobre o Rio Sar.
![Photo ofDIRECCIÓN VIDALOISO](https://s2.wklcdn.com/image_103/3103211/18690674/11766134.700x525.jpg)
DIRECCIÓN VIDALOISO
Nesta encrucillada seguiremos á dereita para chegar ata Vidaloiso onde nos encontraremos con árbores centenarias, lavadoiro, cruceiro...
![Photo ofALDEA DE VIDALOISO](https://s0.wklcdn.com/image_103/3103211/18690676/11766381.400x300.jpg)
![Photo ofALDEA DE VIDALOISO](https://s1.wklcdn.com/image_103/3103211/18690676/11766388.400x300.jpg)
![Photo ofALDEA DE VIDALOISO](https://s0.wklcdn.com/image_103/3103211/18690676/11766477.400x300.jpg)
ALDEA DE VIDALOISO
Neste punto encontramos unha zona de lecer, con carballos, unha sequoia centenaria e outras especies. Tamén un cruceiro, un lavadorio e mesas e bancos de pedra para descansar. O camiño de volta farémolo en dirección á ponte sobre o Rio Sar ( foto 1), desandando o camiño ata a aldea da chave do carballo e collendo despois a dirección do Campo Santo Arandel ( foto 2).
Comments (1)
You can add a comment or review this trail
I have followed this trail verified View more
Information
Easy to follow
Scenery
Easy
Ruta bonita, fácil y con un paisaje variado: ruta fluvial, aldeas, bosques...