Activity

[Ancares] Ruta de Porto de Ancares ó Refuxio do Cuiña con ascenso ó pico Cuiña

Download

Trail photos

Photo of[Ancares] Ruta de Porto de Ancares ó Refuxio do Cuiña con ascenso ó pico Cuiña Photo of[Ancares] Ruta de Porto de Ancares ó Refuxio do Cuiña con ascenso ó pico Cuiña Photo of[Ancares] Ruta de Porto de Ancares ó Refuxio do Cuiña con ascenso ó pico Cuiña

Author

Trail stats

Distance
5.08 mi
Elevation gain
1,604 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,604 ft
Max elevation
6,475 ft
TrailRank 
44
Min elevation
5,381 ft
Trail type
Loop
Time
5 hours 18 minutes
Coordinates
1686
Uploaded
May 29, 2023
Recorded
May 2023
Share

near Balouta, Castilla y León (España)

Viewed 31 times, downloaded 2 times

Trail photos

Photo of[Ancares] Ruta de Porto de Ancares ó Refuxio do Cuiña con ascenso ó pico Cuiña Photo of[Ancares] Ruta de Porto de Ancares ó Refuxio do Cuiña con ascenso ó pico Cuiña Photo of[Ancares] Ruta de Porto de Ancares ó Refuxio do Cuiña con ascenso ó pico Cuiña

Itinerary description

Iniciamos a ruta en Porto de Ancares con un día fantástico que mais adiante cambiaría por completo.
Collemos o sendeiro ata ó Refuxio Alto do Porto. Tras cruzar a campa na que se atopa, iniciamos a subida hacia Pena Venera por un sendeiro que cruza algún que outro canchal. O camiño non sube á cima senón que vai bordeando o pico. Tras pasar Pena Venera hai que facer unha pausa obrigatoria para contemplar o circo glaciar que forman o Dos Hermanitos, o Cuiña, o Brañutín e o propio Pena Venera. Ás vistas sobre o val son un espectáculo por moitas veces que se vexa.
A continuación dirixímonos hacia o alto do Brañutín. Aquí gustaríame sinalar un pequeno detalle: a media subida hai un pequeno paso estreito nun risco. Seguramente non representa ningún problema para a inmensa maioría dos sendeiristas pero a xente con vértigo pódese sentir incómoda.
Desde o Brañutín descendemos ata o collado do Cuiña donde tamén podemos ver desde a altura o Refuxio do Cuiña e a Lagoa de Ferreira.
Temos agora a última subida para acadar a cima do Cuiña; o pico mais alto dos Ancares. É aproximadamente medio kilómetro con forte pendente pero que paga a pena cando chegas arriba. O Cuiña ten unha cima amesetada que permite disfrutar con calma de prácticamente todo o cordal de Ancares; 360 grados de pracer para os sentidos. Miravalles, Dos Hermanitos, Penalonga, Mustallar, Lagos, Corno Maldito….ata o Penarrubia. Despois dun descanso e as fotos de rigor iniciamos o descenso polo mesmo camiño ata chegar de novo ó Collado do Cuiña.
No collado collemos un sendeiro á dereita para baixar hacia a Lagoa de Ferreira. Abandonamos o sendeiro visible para baixar un anaquiño monte a través (sen dificultade) para ir primeiro a outra lagoa mais pequena. Desde ahí xa subimos á Lagoa de Ferreira.
E aquí foi donde cambiou por completo o día. Un día plácido convertiuse de repente nunha forte tormenta. Sen poder disfrutar da lagoa como se merece dirixímonos o mais rápido que puidemos hacia o Refuxio do Cuiña.
A verdade é que o Refuxio do Cuiña era o noso principal obxectivo nesta ruta porque queríamos comprobar o seu estado para quedar a durmir no futuro. E tivemos ocasión de examinalo a conciencia na hora e media que tivemos que esperar para que pasase a tormenta. É un refuxio pequeno pero moi acolledor; con un bo estado de conservación. Ten chimenea, banco e unha pequena mesa. Caben ben para durmir catro persoas…tres no chan do refuxio e unha mais nun altillo ó que se accede por unha escaleira movible de madeira. A situación e as vistas son inmmellorables co Dos Hermanitos xusto enfrente. Ademais a tormenta procurounos un espectáculo impresionante…asomados a porta puidemos ver enormes columnas de auga e saraiba avanzando pola zona do Miravalles con tronos retumbando en todo o val. Con todo o respeto que hai que ter a unha tormenta na montaña, teño que decir que foi unha gran experiencia que disfrutei enormemente.
Cando pasou a tormenta deixamos o refuxio que por certo aproveitamos para adecentar un pouco mais, levándonos unha bolsa chea de botellas e envases de plástico. Se todos colaboramos un pouquiño, poderemos seguir disfrutando destes fantásticos espazos.
Seguimos un sendeiro marcado por hitos ata incorporarnos ó sendeiro principal entre o Brañutín e Pena Venera. E desde ahí, xa polo mesmo camiño que fixemos na ida ata chegar ó Porto de Ancares.
Esperábanos un plato ben quente de caldo e unhos ovos fritos na Cantina Mustallar de Piornedo. Un sitio donde Mari Carmen e Andrés nos fan sentir como si estiveramos na casa en todas as nosas visitas ós Ancares.

Un día moi especial que disfrutamos a tope, co aderezo da tormenta e con outro extra que tivemos…entre a Lagoa de Ferreira, o Refuxio do Cuiña e a incorporación ó sendeiro principal, estivemos sempre acompañados de innumerables rebecos. Chegamos a ver grupos de ata trinta individuos con gran cantidade de crías.

(Distancia e desnivel + en Garmin GPSMAP 67: 8,44 km / 593 m)

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 5,451 ft

Porto de Ancares

PictographWaypoint Altitude 5,392 ft

Refuxio Alto do Porto

PictographWaypoint Altitude 5,694 ft

Pena Venera

PictographWaypoint Altitude 6,121 ft
Photo ofBrañutín Photo ofBrañutín Photo ofBrañutín

Brañutín

PictographWaypoint Altitude 5,968 ft
Photo ofCollado do Cuiña Photo ofCollado do Cuiña Photo ofCollado do Cuiña

Collado do Cuiña

PictographWaypoint Altitude 6,469 ft
Photo ofPico Cuiña Photo ofPico Cuiña Photo ofPico Cuiña

Pico Cuiña

PictographWaypoint Altitude 5,967 ft

Desvío a Lagoa

PictographWaypoint Altitude 5,922 ft
Photo ofLagoa de Ferreira

Lagoa de Ferreira

PictographWaypoint Altitude 5,771 ft
Photo ofRefuxio do Cuiña Photo ofRefuxio do Cuiña Photo ofRefuxio do Cuiña

Refuxio do Cuiña

Comments

    You can or this trail